nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for octubre 2009

ILUSTRACIÓN E REFORMISMO

Posted by noeliapc en 31 octubre 2009

 1.- No s. XVIII en Europa desenvolveuse o pensamento ilustrado aplicando o método científico ao estudio do ser humano. Os antecedentes hai que situalos: 1) no humanismo renacentista; 2) no humanismo barroco; 3) na alquimia e mediciña medievais.

 2.- O estudio científico do ser humano pasaba por definir ao home no estado de natureza; é dicir, independente das circunstancias temporais e culturais; para Locke no estado de natureza xa existían a familia e o concepto de propiedade; sen embargo para Rousseau: 1) o home era un lobo para o resto dos homes; 2) o home era bó por natureza; 3) o home bó se é de boa familia.

 3.- No estado de natureza os homes eran libres e felices; en consecuencia, liberdade e felicidade pasaron a ser: 1) dereitos históricos; 2) dereitos colectivos; 3) dereitos naturais.

 4.- A sociedade e a organización política, artificiais e violentas, son inxustas; o remedio, que o individuo ceda libremente a súa soberanía para que o Estado goberne dacordo coa vontade xeral, é dicir, mediante: 1) un pacto sindical; 2) un contrato social; 3) unha negociación política.

 5.- Tódolos humanos son intelixentes, se ben cunha intelixencia escurecida polos prexuicios, as paixóns e o medo ao descoñecido; hai que iluminar esta intelixencia natural a través dunha educación moderna, centrada uso da razón e ésta: 1) nas ciencias útiles; 2) nas especulacións teóricas; 3) nos saberes enciclopédicos.

 6.- Antes da Ilustración existía a idea dunha idade de ouro remota; para os ilustrados, sen embargo, o feliz estado de natureza non existira nunca, era unha idea de futuro; en consecuencia, no s. XVIII a idea de mellorar estaba asociada: 1) a regresar ao punto de partida; 2) á ruptura co anterior; 3) as dous son definicións revolucionarias de encetar “ex novo”.

 7.- A Ilustración propoñíase unha auténtica rexeneración dunha humanidade menor de idade, á que se tiña que educar; no s. XVIII os monarcas absolutos asumiron políticamente esta vontade a partir: 1) dun sentimento paternal; 2) do seu poder despótico; 3) non hai contradicción necesaria.

 8.- Os reis do setecentos cos seus ministros ilustrados se dedicaron ademáis de favorecer a instrucción dos seus súbditos, a sanear cidades e a mellorar a agricultura; destacamos, xunto a Carlos III en España : 1) a Xosé II de Austria; 2) a Federico II de Rusia; 3) a Soraia de Prusia.

 9.- Carlos II nomeou herdeiro a Felipe de Anjou, rompendo o equilibrio europeo a favor de Francia. A guerra de (1701-1714) enfrontou á Coroa de Castela con Francia contra a Coroa de Aragón con Gran Bretaña, Provincias Unidas e o Imperio alemán; historiograficamente é coñecida como: 1) Guerra de Sucesión; 2) Guerra de Secesión; 3) Indistintamente.

  10.- Na Paz de Utrecht, o recoñecemento de Felipe V como rei de España custou as posesións de Italia e dos Países Baixos, enclaves coloniais e a perda do monopolio colonial na América española. Os beneficiarios internacionais destes territorios foron: 1) Francia e Gran Bretaña; 2) Gran Bretaña e Austria; 3) só os holandeses.

  11.- A Monarquía hispánica, antes de Felipe V era con excepción de Castela unha suma de reinos con leis tradicionais (fueros) que limitaban o poder do rei; baixo argumentos de dereitos de guerra o monarca imporá o modelo absolutista francés a través de decretos de: 1)Novas Cortes; 2) Nova Ciencia; 2) Nova Planta.

  12.- O modelo centralizador e uniformador de Felipe V se concretou nunha política territorial que superpoñía sobre os Antigos Reinos un mapa de Intendencias e Audiencias; únicamente ao marxe quedaban: 1) as Vascongadas e Navarra; 2) a Coroa de Aragón; 3) as colonias americanas.

  13.- Sobre a pretensión dun absolutismo máis perfecto no modelo centralizador, os monarcas da nova dinastía tamén prescindiron do réxime de polisinodia (multiplicación de Consellos) da etapa austracista en favor dunha única reunión das Secretarias co rei ou Xunta de Estado, que recibeu o nome de: 1) Xunta de Goberno; Xunta de Ministros; 3) Xunta de Estado.

  14.- A recuperación dos territorios en Utrecht, centro da política exterior de Felipe V tralo seu matrimonio con Sabela de Farnersio, forzou a renovar a alianza con Francia; historiograficamente estas alianzas co país veciño que se extenderon ao largo do século XVIII coñécense como: 1) Ententes Cordiais; 2) Pactos de Familia; 3) Acordos entre Iguais.

  15.- Entre os dous primeiros Pactos de Familia (1733 e 1743) de Felipe V e o terceiro xa no reinado de Carlos III, sitúase a viraxe na política exterior de Fernando VI, caracterizada por unha vontade: 1) de aillamento; 2) de paz con todos e de guerra con nadie; 3) de belixerancia defensiva.

  16.- Carlos III aplicou en España a súa experiencia reformista de vinte anos en Nápoles, rodeándose de ministros ilustrados como los Condes de Campomanes e Aranda, que xa o foran de Fernando VI, e dos Marqueses de : 1) Grimaldi e Esquilache; 2) Villasanta e Medinasidonia; 3) Ensenada e Floridablanca.

  17.- A Igrexa foi obxecto dunha lexislación regalista (de reforzamento do poder do rei) salientando medidas anticlericais como o decreto de expulsión dos xesuítas (1767), que independentemente dos pretextos respostaba ao papel dominante da Compañía de Xesús : 1) nos estamentos aristocráticos; 2) na educación superior; 3) na conciencia das camadas populares

  18.- As reformas dirixidas a potencia-la economía favoreceron a agricultura coas construccións hidraúlicas e a supresión dos privilexios da Mesta, a industria coa supresión da deshonra legal do traballo e o comercio coa liberalización do tráfico de mercadorías con América; as reformas provocaron descontentos, sen conseguir deter o programa renovador do rei; a crise máis relevante foi o chamado: 1) o Motín de Esquilache; 2) a caída en desgracia dos ministros Campomanes e Aranda; 3) a abdicación temporal do rei.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | 2 Comments »

RENACEMENTO E REFORMA

Posted by noeliapc en 18 octubre 2009

1.- Á morte dos RRCC e dos seus pais Juana de Castela e Felipe de Borgoña, Carlos educado en Flandes estaba destinado a ser: 1) o primeiro monarca dos Austrias en España; 2) o primeiro dos Carlos que levaron ese nome na Monarquía hispánica 3) Carlos, Carlos, só Carlos V.

2.- O Imperio era unha autoridade simbólica de moi grande prestixio pola tradición secular do Imperio Sacro-Xermánico e por recaer nun príncipe electo. A autoridade dos reis hispánicos esixía un goberno persoal e directo do monarca como demandaron as cidades na rebelión: 1) das Comunidades; 2) das Hermandades; 3) das Castellanías xermánicas.

3.- A política dos RRCC de aillamento de Francia mantívose con Carlos V agora para protexer non só os intereses de Aragón senón tamén os do Imperio e concretouse no dominio do Milanesado. Entre os aliados da Francia de Francisco I estaba o Papa: 1) Alejandro VI Borgia; 2) Julio II de La Rovere;3) León III Médicis.

4.- Simultáneamente as tensións entre os estados cristiás europeos, retroalimentadas pola división ideolóxica asociada ao reformismo relixioso, emerxía o imperio otomano no oriente sobre as cinzas do Imperio bizantino e chegaba ás portas de Viena tan só 75 anos despois de conquistar Constantinopla, a través: 1) do Danubio; 2) do Mediterráeo; 3) das dúas vías.

5.- No Mediterráneo occidental os turcos contaban con aliados como os piratas berberiscos, aos que o Emperador, absorbido polos conflictos cos príncipes alemáns , nunca se dedicou por completo. A salientar: 1) a Toma de Alxer; 2) a Derrota de Túnez; 3) nengunha das dous.

6.- A reforma de Lutero fronte ao Papado tivo como conscuencia política a división de Alemaña polo apoio prestado por algúns príncipes contra o Emperador. Entre as teses de Lutero destaca: 1) a libre interpretación da Biblia e a condea do culto das reliquias; 2) a salvación exclusivamente pola fé; 3) as dous son correctas.

7.- O Emperador tratou de evita-la división relixiosa e forzar a obediencia dos príncipes coaccionando ao Papa a convocar un Concilio, que finalmente, malia os seus recelos (Sacco de Roma), tería sede en: 1) Roma; 2) Avignón; 3) Trento.

8.- Nun esforzo por evitar o recurso sistemático da guerra, Carlos V convocou reunións de representantes imperiais antes e despois da batalla de Mühlberg (1547). Estas asembleas reciben o nome de: 1) parlamentos; 2) cortes; 3) dietas.

9.- Toda a política imperial de Carlos V resultou un fracaso ao non poder impedir a división relixiosa, que se concretou na atribución do príncipe, católico ou protestante, de impoñer-la súa relixión aos seus súbditos, sancionada xurídicamente na: 1) Paz de Worms; 2) Paz de Spira; 3) Paz de Augsburgo.

10.- Felipe II fixou a capital da Coroa en Madrid e construiu en El Escorial o pazo desde o que dirixía todos os seus reinos na procura dunha hexemonía no continente europeo que tiña como fundamentación ideolóxica: 1) a defensa da ortodoxia; 2) o aillamento cultural; 3) a guerra de civilizacións.

11.- A loita pola homoxeneización ideolóxica e a seguridade interior se saldou coa expulsión dos mouriscos granadinos. A centralización imperfecta da política administrativa filipina manifestouse: 1) nunha rebelión aristocrática; 2) na reinvindicación dos fueros de Aragón; 3) as dous son unha mesma cousa na persoa do secretario Antonio Pérez.

12.- Trala batalla de Pavía e a Paz de Chateau-Cambresis que recoñecía a hexemonía hispánica por parte de Francia, formouse a Liga Santa que frenou en Lepanto a expansión turca no Mediterráneo. Estaba constituida por Felipe II, polo Papa e as flotas de: 1) Florencia e Nápoles; 2) Xénova e Venecia; 3) Tarento e Siracusa.

13.- Á morte sen herdeiros do rei de Portugal (1580), Felipe II ocupou o trono portugués. A nobreza lusa recoñeceuno como rei nas cortes celebradas en : 1) Lisboa; 2) Thomar; 3) Conimbriga.

14.- O máis grave conflicto na Monarquía filipina foi a sublevación xeral dos Países Baixos, un capítulo máis do reto protestante (calvinista) á ortodoxia relixiosa defendida polo rei. A habilidade dos gobernadores Clara Eugenia (filla do rei) e Alejandro Farnesio se plasmou na Unión de Arrás ou das provincias: 1) católicas do sur; 2) católicas do norte; 3) protestantes.

15.- Durante os últimos anos do reinado a guerra xeneralizouse. A Inglaterra de Sabela I pasou a converterse en obxetivo de invasión pola axuda ás protestantes Provincias Unidas e polo hostigamento á flota das Indias. A tentativa coñécese como: 1) A Grande Aramada; 2) A Invencible; 3) as dous son válidas.

16.- O aumento do crecemento demográfico da Europa Occ. está en relación coa capacidade das explotacións feudais da Europa Or. de aportar alimentos máis baratos, o que a súa vez favoreceu o desenvolvemento do comercio e de manufacturas na Europa atlántica, que reforzaba: 1) unha economía monetaria; 2) as remesas de metais americanos; 3) a 2ª e causa-efecto da 1ª.

17.- Ao largo do s.XVI, os nobres mantiveron o seu estatuto económico e xurídico privilexiado, namentras moitos xornaleiros expulsados das terras comunais emigraban á cidade para converterse nunha poboación asistida pola beneficiencia. A penetración da economía monetaria favoreceu sen embargo: 1) aos campesiños; 2) aos fidalgos; 3) non houbo beneficiarios rurais.

18.- Os reis, na consolidación do Estado a través do poder da monarquía, dirixían a vida institucional mediante un padroado a todolos aspectos públicos incluidos os relixiosos e culturais. A precariedade do autoritarismo monarca significativamente procedía da: 1) minoriedade do rei; 2) dos fallos de carácter dos ministros do rei; 3) da forma de vestir na corte.

19.- A corte (así en singular) coa súa fixación xeográfica transformouse no centro da vida política, acentuando un ríxido protocolo a maxestade da institución. Os gastos de Estado, incluidas as custosas administracións e cortes, o eran fundamentalmente de: 1) gastos en infraestructuras; 2) gastos militares; 3) gastos en commemoracións festivas.

20.- O Estado intentou valerse da relixión como un elemento de poder. A cuestión relixiosa, en consecuencia, ocupou t un papel central nas relacións internacionais engadindo ás rivalidades dinásticas un elemento ideolóxico. Isto explica o emprego na guerra: 1) da propaganda impresa; 2) da autocensura ; 2) do apoio aos emigrantes e exiliados do bando contrario.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | 2 Comments »

OS INICIOS DO MUNDO MODERNO

Posted by noeliapc en 18 octubre 2009

 1.- DA IDADE MEDIA Á IDADE MODERNA, O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO, O HUMANISMO, OS REIS CATÓLICOS, A EXPANSIÓN EUROPEA son epígrafes de UUDD que refiren as seguintes coordenadas espacio-temporais : 1) Eurasia no catrocentos; 2) Europa desde a derradeira metade do s. XV; 3) América precolombina.

 2.- 1453 é a data que corresponde cun feito histórico da magnitude da Toma de Constantinopla polos turcos e 1789 asociámola coa Revolución Francesa. ¿E 1492?: 1) Coa Conquista de Granada e final dun proceso multisecular; 2) coa impresión da primeira gramática dunha lingua europea: o castelá; 3) as dous son correctas.

 3.- A evolución lenta e complexa desde a Idade Media á moderna non está exenta de continuidade e permanencias. Por exemplo: 1) os mesmos grupos (campesiños e señores) e as mesmas relacións sociais; 2) a posesión de terras tampouco ten importancia como en época dos romanos; 3) nengunha é correcta

 4.- A estabilidade ou crecemento moderado de finais do s.XV contrasta coas crises demográficas e económicas do s.XIV, que identificamos con/coa: 1) peste negra; 2) príncipe negro; 3) cruzada bubónica.

 5.- As cidades, poblacións de comerciantes e artesáns estaban baixo o goberno da burguesía. Principalmente, en Italia e tamén en: 1) Inglaterra; 2) Portugal; 3) Flandes.

 6.- A economía urbana, básicamente comercial, impulsou unha grande circulación monetaria: Entre os mecanismos de financiación salientan: 1) as letras de cambio; 2) os cambios de letras; 3)as letras de cifras.

 7.- Un primeiro paso na construcción do Estado moderno foi a creación da Monarquía autoritaria, fundada na lexitimidade dinástica, é dicir: 1) a lexitimidade divina ao marxe da forma de goberno; 2) a vixencia dos dereitos de goberno dunha Casa Real; 3) o autoritarismo dos feitos consumados.

 8.- Os instrumentos do novo Estado moderno serán o exército permanente, a burocracia e a diplomacia. Por burocracia entendemos: 1) funcionarios profesionais; 2) técnicos especializados en leis; 3) as dous son correctas.

 9.- O poder do rei no Estado Moderno estaba íntimamente asociado ao saneamento da Facenda real e éste ameazado polas resistencias das legalidades prestablecidas pola tradición: 1) o papado e os parlamentos medievais; 2) as ordes Militares e as ordes relixiosas mendicantes; 3) o exército e as niversidades.

  10.-Entre os mecanismos de financiación do Estado destacaron os impostos sobre a propiedade non nobiliaria e as taxas sobre os intercambios comerciais. Sen embargo, a racionalización da recadación impideu o emprego de: 1) débeda bancaria; 2) préstamos públicos; 3) nengunha das dous é correcta.

  11.- O movemento intelectual que coñecemos como humanismo, renacentista respecto da cultura grecolatina, ten como trazo principal un indivualismo que evolucionou a partir: 1) da crítica literaria; 2) da afirmación dos dereitos humanos; 3) do carácter e temperamento dos italianos.

  12.- A principal beneficiaria da renovación do saber sobre a base da dignidade do home e consecuentemente da confianza na súa intelixencia foi: 1) o dereito; 2) a ciencia; 3) as políticas sociais.

  13.- A cultura como símbolo de prestixio favoreceu o desenvolvemento das artes a través das prácticas de mecenazgo ; é dicir: 1) de patrocinio dos artistas e do coleccionismo das súas obras; 2) da emulación de Mecenas, personificación do bo gusto no mundo medieval; 3) de doazóns graciosas ao Estado.

  14.- Factor da renovación cultural foi, sen dúbida, a invención da imprenta que permiteu a circulación das obras literarias. Non menos importante era a consideración que, como lingua internacional, tiña: 1) o inglés; 2) o español; 3) o latín.

  15.- O matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragón significou a unión de reinos moi diferentes nun proxecto de convivencia con vixencia de 5 séculos. As diferencias eran de tamaño territorial e de poboación e non as menores: 1) as políticas; 2) as relixiosas; 3) as personais.

  16.- A partir do respecto as identidades institucionais propias de cada reino constátase unha maior influencia de Castela na política interior e de Aragón na política exterior, que se resume: 1) na absorción de Portugal; 2) no aillamento de Francia; 3) na servidume ao papado.

  17.- A política relixiosa favorable á renovación de ordes relixiosas (intelectual e moral) e centrada no control da Igrexa co nomeamento real de cargos eclesiásticos (control ideolóxico) atopou interlocutores tan relevantes como: 1) o cardeal Cisneros; 2) o cardeal Fonseca; 3) Frei Tomás de Torquemada.

  18.- A política de exclusión relixiosa na monarquía hispánica como no resto de Europa respostaba as necesidades de cohesión social e de orden publica do novo Estado e tivo a través da Inquisición como principal destinataria no século XV: 1) á comunidade musulmana; 2) á comunidade xudía; 3) aos vascos.

  19.- O impulso desde o s.XV de rutas alternativas ao comercio medieval de especias e obxetos de luxo, tivo como motivación a expansión do imperio turco e como actores: 1) as monarquías ibéricas; 2) os Estados con maior capacidade financieira; 3) as dous son coincidentes.

  20.- As exploracións marítimas de finais do s. XV reflicten unha política cautelosa dos Estados, da que é unha bóa mostra o Tratado de Tordesillas (1494). Namentras, o descubrimento europeo de América por Colón e a expedición de Magalhâes-Elcano determinarán un choque total na visión do mundo: 1) pola confirmación empírica da esfericidade da terra; 2) polo encontro inesperado de novas civilizacións; 3) máis pola segunda que pola primeira.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | 2 Comments »