nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

RENACEMENTO E REFORMA

Posted by noeliapc en 18 octubre 2009

1.- Á morte dos RRCC e dos seus pais Juana de Castela e Felipe de Borgoña, Carlos educado en Flandes estaba destinado a ser: 1) o primeiro monarca dos Austrias en España; 2) o primeiro dos Carlos que levaron ese nome na Monarquía hispánica 3) Carlos, Carlos, só Carlos V.

2.- O Imperio era unha autoridade simbólica de moi grande prestixio pola tradición secular do Imperio Sacro-Xermánico e por recaer nun príncipe electo. A autoridade dos reis hispánicos esixía un goberno persoal e directo do monarca como demandaron as cidades na rebelión: 1) das Comunidades; 2) das Hermandades; 3) das Castellanías xermánicas.

3.- A política dos RRCC de aillamento de Francia mantívose con Carlos V agora para protexer non só os intereses de Aragón senón tamén os do Imperio e concretouse no dominio do Milanesado. Entre os aliados da Francia de Francisco I estaba o Papa: 1) Alejandro VI Borgia; 2) Julio II de La Rovere;3) León III Médicis.

4.- Simultáneamente as tensións entre os estados cristiás europeos, retroalimentadas pola división ideolóxica asociada ao reformismo relixioso, emerxía o imperio otomano no oriente sobre as cinzas do Imperio bizantino e chegaba ás portas de Viena tan só 75 anos despois de conquistar Constantinopla, a través: 1) do Danubio; 2) do Mediterráeo; 3) das dúas vías.

5.- No Mediterráneo occidental os turcos contaban con aliados como os piratas berberiscos, aos que o Emperador, absorbido polos conflictos cos príncipes alemáns , nunca se dedicou por completo. A salientar: 1) a Toma de Alxer; 2) a Derrota de Túnez; 3) nengunha das dous.

6.- A reforma de Lutero fronte ao Papado tivo como conscuencia política a división de Alemaña polo apoio prestado por algúns príncipes contra o Emperador. Entre as teses de Lutero destaca: 1) a libre interpretación da Biblia e a condea do culto das reliquias; 2) a salvación exclusivamente pola fé; 3) as dous son correctas.

7.- O Emperador tratou de evita-la división relixiosa e forzar a obediencia dos príncipes coaccionando ao Papa a convocar un Concilio, que finalmente, malia os seus recelos (Sacco de Roma), tería sede en: 1) Roma; 2) Avignón; 3) Trento.

8.- Nun esforzo por evitar o recurso sistemático da guerra, Carlos V convocou reunións de representantes imperiais antes e despois da batalla de Mühlberg (1547). Estas asembleas reciben o nome de: 1) parlamentos; 2) cortes; 3) dietas.

9.- Toda a política imperial de Carlos V resultou un fracaso ao non poder impedir a división relixiosa, que se concretou na atribución do príncipe, católico ou protestante, de impoñer-la súa relixión aos seus súbditos, sancionada xurídicamente na: 1) Paz de Worms; 2) Paz de Spira; 3) Paz de Augsburgo.

10.- Felipe II fixou a capital da Coroa en Madrid e construiu en El Escorial o pazo desde o que dirixía todos os seus reinos na procura dunha hexemonía no continente europeo que tiña como fundamentación ideolóxica: 1) a defensa da ortodoxia; 2) o aillamento cultural; 3) a guerra de civilizacións.

11.- A loita pola homoxeneización ideolóxica e a seguridade interior se saldou coa expulsión dos mouriscos granadinos. A centralización imperfecta da política administrativa filipina manifestouse: 1) nunha rebelión aristocrática; 2) na reinvindicación dos fueros de Aragón; 3) as dous son unha mesma cousa na persoa do secretario Antonio Pérez.

12.- Trala batalla de Pavía e a Paz de Chateau-Cambresis que recoñecía a hexemonía hispánica por parte de Francia, formouse a Liga Santa que frenou en Lepanto a expansión turca no Mediterráneo. Estaba constituida por Felipe II, polo Papa e as flotas de: 1) Florencia e Nápoles; 2) Xénova e Venecia; 3) Tarento e Siracusa.

13.- Á morte sen herdeiros do rei de Portugal (1580), Felipe II ocupou o trono portugués. A nobreza lusa recoñeceuno como rei nas cortes celebradas en : 1) Lisboa; 2) Thomar; 3) Conimbriga.

14.- O máis grave conflicto na Monarquía filipina foi a sublevación xeral dos Países Baixos, un capítulo máis do reto protestante (calvinista) á ortodoxia relixiosa defendida polo rei. A habilidade dos gobernadores Clara Eugenia (filla do rei) e Alejandro Farnesio se plasmou na Unión de Arrás ou das provincias: 1) católicas do sur; 2) católicas do norte; 3) protestantes.

15.- Durante os últimos anos do reinado a guerra xeneralizouse. A Inglaterra de Sabela I pasou a converterse en obxetivo de invasión pola axuda ás protestantes Provincias Unidas e polo hostigamento á flota das Indias. A tentativa coñécese como: 1) A Grande Aramada; 2) A Invencible; 3) as dous son válidas.

16.- O aumento do crecemento demográfico da Europa Occ. está en relación coa capacidade das explotacións feudais da Europa Or. de aportar alimentos máis baratos, o que a súa vez favoreceu o desenvolvemento do comercio e de manufacturas na Europa atlántica, que reforzaba: 1) unha economía monetaria; 2) as remesas de metais americanos; 3) a 2ª e causa-efecto da 1ª.

17.- Ao largo do s.XVI, os nobres mantiveron o seu estatuto económico e xurídico privilexiado, namentras moitos xornaleiros expulsados das terras comunais emigraban á cidade para converterse nunha poboación asistida pola beneficiencia. A penetración da economía monetaria favoreceu sen embargo: 1) aos campesiños; 2) aos fidalgos; 3) non houbo beneficiarios rurais.

18.- Os reis, na consolidación do Estado a través do poder da monarquía, dirixían a vida institucional mediante un padroado a todolos aspectos públicos incluidos os relixiosos e culturais. A precariedade do autoritarismo monarca significativamente procedía da: 1) minoriedade do rei; 2) dos fallos de carácter dos ministros do rei; 3) da forma de vestir na corte.

19.- A corte (así en singular) coa súa fixación xeográfica transformouse no centro da vida política, acentuando un ríxido protocolo a maxestade da institución. Os gastos de Estado, incluidas as custosas administracións e cortes, o eran fundamentalmente de: 1) gastos en infraestructuras; 2) gastos militares; 3) gastos en commemoracións festivas.

20.- O Estado intentou valerse da relixión como un elemento de poder. A cuestión relixiosa, en consecuencia, ocupou t un papel central nas relacións internacionais engadindo ás rivalidades dinásticas un elemento ideolóxico. Isto explica o emprego na guerra: 1) da propaganda impresa; 2) da autocensura ; 2) do apoio aos emigrantes e exiliados do bando contrario.

Anuncios

2 comentarios to “RENACEMENTO E REFORMA”

  1. noeliapc said

    xacintario Says:

    En relación con esta proba prantéxasenos algunhas cuestións de interese ou centros de interese:
    – O cambio dinástico da Monarquía hispánica e a súa vinculación ao Imperio alemán dos Habsburgo.
    – As resistencias internas e as súas motivacións no reinado de Carlos I: Comunidades en Castela e Xermanías en Valencia.
    – A política exterior da Monarquía hispánica en Italia e no Mediterráneo.
    – A división da Cristiandade: A reforma protestante, Lutero. A Contrarreforma do Concilio Trento.
    – As bases ideolóxicas do reinado de reinado de Filipe II: Ortodoxia católica e aillamento cultural.
    – As frontes do reinado de Filipe II: A sublevción dos Países Baixos, Inglaterra (A Grande Armada) e o Imperio turco (Lepanto).
    – A Unión de Portugal: As Cortes de Thomar.
    – As colonias (remesas de metais americanos) no circuito comercial europeo e as súas consecuencias sociais.
    – O modelo político absolutista hispano e as súas limitacións.
    – A Fazenda real con Filipe II: Crise financieira e causas da bancarrota do Estado.
    – A Lenda Negra.

  2. noeliapc said

    A LENDA NEGRA:
    http://www.elmundo.es/magazine/num124/textos/felipe3.htm
    http://www.elrevolucionario.org/rev.php?articulo1240
    http://www.analitica.com/va/arte/dossier/4094914.asp

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: