nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for 17 noviembre 2009

Os inicios do mundo moderno

Posted by noeliapc en 17 noviembre 2009

DA IDADE MEDIA Á IDADE MODERNA, os epígrafes O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO, O HUMANISMO, OS REIS CATÓLICOS, A EXPANSIÓN EUROPEA son UUDD que refiren ás seguintes coordenadas espacio-temporais: Europa desde a derradeira metade do s. XV. 1453 é a data que corresponde cun feito da magnitude histórica da Toma de Constantinopla polos turcos, namentras a de 1789 asociámola coa Revolución Francesa. ¿E 1492?: Coa Conquista de Granada, final dun proceso multisecular, e coa impresión da primeira gramática dunha lingua europea, o castelán. A evolución lenta e complexa desde a IDADE MEDIA Á MODERNA non está exenta de continuidade e permanencias. Por exemplo: os mesmos grupos (campesiños e señores) e as mesmas relacións sociais (señoriais). A estabilidade ou crecemento moderado de finais do s.XV contrasta coas crises demográficas e económicas do s.XIV, que relacionamos coa: peste negra

As cidades, poboacións de comerciantes e artesáns estaban baixo o goberno da burguesía. Principalmente, en Italia e tamén en: Flandes. A economía urbana, básicamente comercial, impulsou unha grande circulación monetaria; entre os mecanismos de financiación salientan: as letras de cambio. Un primeiro paso na construcción do Estado moderno foi a creación da Monarquía autoritaria, fundada na lexitimidade dinástica, é dicir: na vixencia dos dereitos de goberno dunha Casa Real. Os instrumentos do novo ESTADO MODERNO serán o exército permanente, a burocracia e a diplomacia. Por burocracia entendemos: funcionarios profesionais e técnicos especializados en leis. O poder do rei no Estado Moderno estaba íntimamente asociado ao saneamento da Facenda real e éste ameazado polas resistencias das legalidades prestablecidas pola tradición: o papado e os parlamentos medievais. Entre os mecanismos de financiación do Estado destacaron os impostos sobre a propiedade non nobiliaria e as taxas sobre os intercambios comerciais. Sen embargo, a racionalización da recadación non impideu o emprego de: débeda bancaria.

O movemento intelectual que coñecemos como humanismo, renacentista respecto da cultura grecolatina, ten como trazo principal un indivualismo que evolucionou a partir: da crítica literaria. A principal beneficiaria da renovación do saber sobre a base da dignidade do home e consecuentemente da confianza na súa intelixencia foi: a ciencia. A cultura como símbolo de prestixio favoreceu o desenvolvemento das artes a través do mecenazgo; é dicir: do patrocinio dos artistas e do coleccionismo das súas obras. Factor da renovación cultural foi, sen dúbida, a invención da imprenta que permiteu a circulación das obras literarias. Non menos importante era a consideración que, como lingua internacional, tiña: o español (por suposto, o latín).

O matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragón significou a unión de reinos moi diferentes nun proxecto de convivencia con vixencia de 5 séculos. As diferencias eran de tamaño territorial e de poboación e non as menores: as políticas. A partir do respecto as identidades institucionais propias de cada reino constátase unha maior influencia de Castela na política interior e de Aragón na política exterior, que se resume: no aillamento de Francia. A política relixiosa favorable á renovación de ordes relixiosas (intelectual e moral) e centrada no control da Igrexa co nomeamento real de cargos eclesiásticos (control ideolóxico) atopou interlocutores tan relevantes como: o cardeal Cisneros. A política de exclusión relixiosa na monarquía hispánica como no resto de Europa respostaba as necesidades de cohesión social e de orden publica do novo Estado e tivo a través da Inquisición como principal destinataria no século XV: á comunidade xudía. O impulso desde o s.XV de rutas alternativas ao comercio medieval de especias e obxetos de luxo, tivo como motivación a expansión do imperio turco e como actores: as monarquías ibéricas (hispánica e portuguesa). As exploracións marítimas de finais do s. XV reflicten unha política cautelosa dos Estados, da que é unha bóa mostra o Tratado de Tordesillas (1494). Namentras, o descubrimento europeo de América por Colón e a expedición de Magalhâes-Elcano determinarán un choque total na visión do mundo: pola confirmación empírica da esfericidade da terra e sobre todo, polo encontro inesperado de novas civilizacións.

Anuncios

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Resumos de test | Etiquetado: | Leave a Comment »

Renacemento e reforma

Posted by noeliapc en 17 noviembre 2009

Á morte dos RRCC e dos seus pais Juana de Castela e Felipe de Borgoña, Carlos educado en Flandes estaba destiñado a ser o primeiro dos Carlos que levaron ese nome na Monarquía hispánica e cuestionablemente o primeiro monarca dos Austrias en España. O Imperio alemán era unha autoridade simbólica de moi grande prestixio pola tradición secular do Imperio Sacro-Xermánico e por recaer nun príncipe electo. Sen embargo, a autoridade dos reis hispánicos exixía un goberno persoal e directo do monarca como demandaron as cidades na rebelión das Comunidades. A política dos RRCC de aillamento de Francia mantívose con Carlos V, agora para protexer non só os intereses de Aragón senón tamén os do Imperio Habsburgo; e concretouse no, dominio do Milanesado. Entre os aliados da Francia de Francisco I estaba o Papa Julio II de La Rovere.

Simultáneamente ás tensións entre os estados cristiás europeos, retroalimentadas pola división ideolóxica asociada ao reformismo relixioso, emerxía no oriente sobre as cinzas do Imperio bizantino o Imperio otomano, o cal chegaba ás portas de Viena tan só 75 anos despois de conquistar Constantinopla, a través do Danubio e da ameazante hexemonía no Mediterráneo. No Mediterráneo occidental os turcos contaban con aliados como os piratas berberiscos, aos que o Emperador, absorbido polos conflictos cos príncipes alemáns , nunca se dedicou por completo; a salientar as Xornadas de Túnez e de Alxer

A reforma de Lutero fronte ao Papado tivo como conscuencia política a división de Alemaña polo apoio prestado por algúns príncipes contra o Emperador. Entre as teses de Lutero destacan a libre interpretación da Biblia e a condea do culto das reliquias e a salvación exclusivamente pola fé. O Emperador tratou de evita-la división relixiosa e forzar a obediencia dos príncipes coaccionando ao Papa a convocar un Concilio, que finalmente, malia os seus receos (Sacco de Roma), tería sede en Trento. Nun esforzo por evitar o recurso sistemático da guerra, Carlos V convocou reunións de representantes imperiais antes e despois da batalla de Mühlberg (1547). Estas asembleas reciben o nome de dietas. Toda a política imperial de Carlos V resultou un fracaso ao non poder impedir a división relixiosa, que se concretou na atribución do príncipe, católico ou protestante, de impoñe-la súa relixión aos respectivos súbditos, sancionada xurídicamente na Paz de Augsburgo (1555).

Filipe II fixou a capital da Coroa hispánica en Madrid e construiu en El Escorial o pazo desde o que dirixía tódolos seus reinos na procura dunha hexemonía no continente europeo que tiña como fundamentación ideolóxica a defensa da ortodoxia católica. A loita pola homoxeneización ideolóxica e a seguridade interior se saldou coa expulsión dos mouriscos granadinos. A centralización imperfecta da política administrativa filipina manifestouse nunha rebelión aristocrática en reinvindicación dos fueros de Aragón personificada no propio secretario real, Antonio Pérez. Trala batalla de Pavía e a Paz de Chateau-Cambresis (Paz das Damas) que recoñecía a hexemonía hispánica por parte de Francia, formouse a Liga Santa que frenou en Lepanto a expansión turca no Mediterráneo; estaba constituida por Felipe II, polo Papa e as flotas de Xénova e Venecia. Á morte sen herdeiros do rei de Portugal Sebastián I (1578), Felipe II ocupou o trono portugués; a nobreza lusa recoñeceuno como rei nas Cortes celebradas en : Thomar (1580). O máis grave conflicto na Monarquía filipina foi a sublevación xeral dos Países Baixos, un capítulo máis do reto protestante (calvinista) á ortodoxia relixiosa defendida polo rei; a habilidade dos gobernadores Clara Eugenia (filla do rei) e de Alejandro Farnesio plasmouse na Unión de Arrás ou das provincias católicas do sur (futuro Estado belga). Durante os últimos anos do reinado de Felipe II a guerra xeneralizouse; a Inglaterra de Sabela I pasou a converterse en obxetivo de invasión pola axuda ás protestantes Provincias Unidas (futura Holanda) e polo seu hostigamento á flota das Indias; a tentativa coñécese como A Grande Aramada ou Invencible.

O aumento do crecemento demográfico da Europa Occ. está en relación coa capacidade das explotacións feudais da Europa Oriental de aportar alimentos máis baratos, o que a súa vez favoreceu o desenvolvemento do comercio e de manufacturas na Europa atlántica, que reforzaba unha economía monetaria fundamentada nas remesas de metais americanos. Ao largo do s.XVI, na Monarquía hispánica, os nobres mantiveron o seu estatuto económico e xurídico privilexiado, namentras moitos xornaleiros expulsados das terras comunais emigraban á cidade para converterse nunha poboación asistida pola beneficiencia; a penetración da economía monetaria favoreceu, sen embargo, tamén aos campesiños (ao reducir as rendas en especie).

Os reis, na consolidación do Estado a través do poder da monarquía, dirixían a vida institucional mediante un padroado a tódolos aspectos públicos, incluidos os relixiosos e culturais; a precariedade deste autoritarismo monárquico procedía significativamente do caso dunha minoriedade do rei. Coa súa fixación xeográfica en Madrid, a Corte (así; en singular) transformouse no centro da vida política, acentuando a maxestade da institución un ríxido protocolo; os gastos de Estado, incluidas as custosas administracións o eran fundamentalmente de gastos en commemoracións festivas. O Estado intentou valerse da relixión como un elemento de poder; a cuestión relixiosa, en consecuencia, ocupou un papel central nas relacións internacionais engadindo ás rivalidades dinásticas un elemento ideolóxico; isto explica o emprego na guerra da propaganda impresa (famosa “lenda negra”).

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Resumos de test | Etiquetado: | Leave a Comment »

Ilustración e Reformismo

Posted by noeliapc en 17 noviembre 2009

No s. XVIII en Europa desenvolveuse o pensamento ilustrado, aplicando o método científico ao estudio do ser humano; os antecedentes hai que situalos no humanismo renacentista. O estudio científico do ser humano pasaba por definir ao home no estado de natureza; é dicir, independente das circunstancias temporais e culturais; para Locke no estado de natureza xa existían a familia e o concepto de propiedade; sen embargo para Rousseau o home era bó por natureza. No estado de natureza os homes eran libres e felices; en consecuencia, liberdade e felicidade pasaron a ser dereitos naturais.

A sociedade e a organización política, artificiais e violentas, son inxustas; o remedio, que o individuo ceda libremente a súa soberanía para que o Estado goberne dacordo coa vontade xeral, é dicir, mediante un contrato social. Tódolos humanos son intelixentes, se ben cunha intelixencia escurecida polos prexuicios, as paixóns e o medo ao descoñecido; xa que logo, hai que iluminar esta intelixencia natural a través dunha educación moderna, centrada no uso da razón e ésta nas ciencias útiles.

Antes da Ilustración existía a idea dunha idade de ouro remota; para os ilustrados, sen embargo, o feliz estado de natureza non existira nunca, era unha idea de futuro; en consecuencia, no s. XVIII a idea de mellorar estaba asociada: á ruptura co anterior. A Ilustración propoñíase a auténtica rexeneración dunha humanidade menor de idade, á que se tiña que educar; no s. XVIII os monarcas absolutos asumiron políticamente esta vontade, a partir dun sentimento paternal e do seu poder despótico. Os reis do setecentos cos seus ministros ilustrados se dedicaron, ademáis de favorecer a instrucción dos seus súbditos, a sanear cidades e a mellorar a agricultura; destacamos, xunto a Carlos III en España, a Xosé II de Austria.

Carlos II nomeara herdeiro a Felipe de Anjou, rompendo o equilibrio europeo a favor de Francia; a guerra de 1701-1714 enfrontou á Coroa de Castela co apoio de Francia contra a Coroa de Aragón co apoio de Austria, Gran Bretaña e das Provincias Unidas; historiograficamente é coñecida como Guerra de Sucesión. Na Paz de Utrecht, o recoñecemento de Felipe V como rei de España custou á Monarquía as posesións de Italia e dos Países Baixos, enclaves coloniais e a perda do monopolio colonial na América española; os beneficiarios internacionais destes acordos foron Francia e Gran Bretaña.

A Monarquía hispánica, antes de Felipe V era con excepción de Castela unha suma de reinos con leis tradicionais (fueros) que limitaban o poder do rei; baixo argumentos de dereitos de guerra o monarca imporá o modelo absolutista francés a través de decretos de Nova Planta. O modelo centralizador e uniformador Felipe V se concretou nunha política territorial que superpoñía sobre os Antigos Reinos un mapa de Intendencias e Audiencias; únicamente ao marxe quedaban as Vascongadas e Navarra. Sobre a pretensión dun absolutismo máis perfecto no modelo centralizador, os monarcas da nova dinastía tamén prescindiron do réxime de polisinodia (multiplicación de Consellos) da etapa austracista en favor dunha única reunión das Secretarias co Rei, que recibeu o nome de Xunta de Estado.

A recuperación dos territorios en Utrecht, centro da política exterior de Felipe V tralo seu matrimonio con Isabel de Farnersio, forzou a renovar a alianza con Francia; historiograficamente estas alianzas co país veciño que se extenderon ao largo do século XVIII coñécense como Pactos de Familia. Entre os dous primeiros Pactos de Familia (1733 e 1743) de Felipe V e o terceiro, xa no reinado de Carlos III, sitúase a viraxe na política exterior de Fernando VI, caracterizada por unha vontade de paz con todos e de guerra con nadie. Carlos III aplicou en España a súa experiencia reformista de vinte anos en Nápoles, rodeándose de ministros ilustrados como los Condes de Campomanes e Aranda, que xa o foran de Fernando VI, e dos Marqueses de Grimaldi e Esquilache. A Igrexa foi obxecto dunha lexislación regalista (de reforzamento do poder do rei) salientando medidas anticlericais como o decreto de expulsión dos xesuítas (1767), que respostaba, independentemente dos pretextos, ao papel dominante da Compañía de Xesús na educación superior, de gran influencia nos estamentos aristocráticos. As reformas dirixidas a potencia-la economía favoreceron a agricultura coas construccións hidraúlicas e a supresión dos privilexios da Mesta, a industria coa supresión da deshonra legal do traballo e o comercio coa liberalización do tráfico de mercadorías con América; as reformas provocaron descontentos, sen conseguir deter o programa renovador do rei; a crise máis relevante foi o chamado o Motín de Esquilache.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Resumos de test | Etiquetado: | Leave a Comment »

A ÉPOCA DO BARROCO

Posted by noeliapc en 17 noviembre 2009

1.- Para frear a expansión protestante en Europa, luterana no Báltico e calvinista nas Provincias Unidas, a Igrexa católica a requerimento de Carlos V apostou pola súa propia reforma coa convocatoria do concilio de: 1) Trieste; 2)Troyes; 3) Trento.

2.- Nunha fase inicial do reformismo relixioso no cincocentos a expresión política do catolicismo foi reforzar o poder do monarca cara a reducir as consecuencias na cohesión social das desputas teolóxicas. Sen compromiso de goberno en territorios complexos a posición protestante foi a afirmación dos dereitos: 1) políticos; 2) individuais; 3) sociais.

3.- O Imperio alemán de Fernando II cada vez máis centralizado atopou resistencias en Bohemia, un dos seus dominios patrimoniais. O rexeitamento a súa política contrarreformista culminou coa morte dos seus embaixadores no suceso coñecido como: 1) Defenestración de Praga; 2) Precipitación de Praga; 3) La mala educación checa.

4.- A extensión dos conflictos políticos-relixiosos do Imperio ao resto do continente europeo deu lugar a chamada historiográficamente pola súa duración Guerra dos Trinta Anos. A monarquía hispánica aliñouse co Imperio namentras entre os aliados protestantes estaban:1) As Provincias Unidas e Dinamarca; 2) Dinamarca e Suecia; 3) as dous.

5.- As iniciativas bélicas corresponderon alternativamente a protestantes e católicos ata que a entrada efectiva da Francia católica na alianza protestante alterou a correlación de forzas coas derrotas dos tercios españois e das compañías imperiais en :1) Rocroi; 2) Nördlingen; 3) Montaña Blanca.

6.En 1648 esgotados os recursos de tódolos belixerantes firmouse a Paz de Westfalia que supuxo para o Imperio, fronte ao centralismo absolutista de Viena, o recoñecemento dunha Dieta como asemblea lexislativa permanente e para todo o continente: 1) a libertade relixiosa; 2) “cada religión segundo o seu rei”; 3) as dous son correctas.

7.- A rama alemana da casa austracista perdeu coa Paz de Westalia influencia real nos territorios imperiais fora dos seus dominios patrimoniais que comprendían, xunto a Austria, a:1) Bohemia e Hungría; 2) Moravia e Franco Condado; 3) Confederación helvética e Flandes.

8.A Paz de Westfalia significou para os Estados alemans que conformaban a nova Dieta Imperial non só independencia territorial senón tamén en política interna o triunfo do: 1) individualismo; 2) absolutismo; 3) consenso nas diferencias.

9.Unha das principais consecuencias para a Monarquía hispánica en Wesfalia foi o recoñecemento definitivo da Independencia das calvinistas Provincias Unidas, que aproveitaron para desenvolver unha política económica mercantilista que deu fama a:1) Banca de Amsterdam; 2) Rotterdam e o seu porto; 3) Neederland e os seus tulipáns.

10.Trala guerra dos Trinta Anos, Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española. Sen embargo, a Paz de Wesfalia, resultado máis dun conflicto prolongado que dunha victoria militar decisiva, consagrou na diplomacia internacional da época o principio do:1) equilibrio europeo; 2) status quo; 3)as dous.

11.- As transformacións políticas do seiscentos tiveron como punto de partida a superación da concepción medieval do territorio segundo criterios relixiosos (Cristiandade Universal) a favor dunha concepción de identidades nacionais sobre criterios de: 1) étnia e lindes naturais; 2) lingua e costumes; 3) especialización económica.

12.- O absolutismo como doutrina política propia da época (vs feudalismo medieval) tiña como premisa ideolóxica do dogma do poder ilimitado e indivisible do monarca: 1) a soberanía de orixe popular, 2) a soberanía de orixe divina; 3) a soberanía dos feitos.

13.A forza do Estado, dado o volumen de gastos da administración, sobre todo en tempos de guerra, era o seu potencial económico. A doutrina económica dominante era o mercantilismo que asociamos coa formación de reservas de metais preciosos e o fomento de exportacións de manufacturas. O mercantilismo terá como consecuencia lóxica a: 1) integración entre Estados; 2) a creación de foros internacionais; 3) expansión colonial.

14.- Con Luís XIV, Francia que no exterior aspiraba a unha expansión territorial co pretexto de dotarse de fronteiras naturais (Rin e Pirineos) alcanza o apoxeo absolutista e centralizador do seu goberno cunha política administrativa unificadora que tiña como unidade representativa:1) os virreinatos; 2) os departamentos; 3) os condados.

15-. Nun contexto europeo de predominio das formas absolutistas, Inglaterra constituirase nun Estado con protagonismo fundamental do seu Parlamento tanto con forma republicana como monárquica, en virtude de sendos procesos revolucionarios que levan os nomes das datas correspondientes:1) 1640 e 1688; 2) 1648 e 1660; 3)1659 e 1668.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | 2 Comments »

A Contrarreforma

Posted by noeliapc en 13 noviembre 2009

A resposta da Igrexa católica ao protestantismo produciuse no Concilio de Trento (1545-1563). Nel reafirmáronse os dogmas atacados polos reformados, o valor da tradición e non só das Escrituras, a importancia dos sacramentos, a autoridade do Papa por encima dos concilios, o control da Igrexa sobre a Biblia, que non se debía traducir ás diferentes linguas. Estableceuse o Indice dos libros prohibidos e mellorouse a disciplina ecle-siástica e a formación do clero. Roma preparouse así para facer fronte á Reforma.

A segunda metade do século protestantes e católicos embarcánse nunha loita aberta polo poder e as conciencias, na que os calvinistas e os xesuítas, orde creada agora, representaron un papel fundamental na reforma e na contrarreforma, respectivamente.

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

A época do Barroco

Posted by noeliapc en 13 noviembre 2009

Para frear a expansión protestante en Europa, luterana no Báltico e calvinista nas Provincias Unidas, a Igrexa católica a requerimento de Carlos V apostou pola súa propia reforma coa convocatoria do concilio de Trento. Nunha fase inicial do reformismo relixioso no cincocentos a expresión política do catolicismo foi reforzar o poder do monarca cara a reducir as consecuencias na cohesión social das desputas teolóxicas. Sen compromiso de goberno en territorios complexos a posición protestante foi a afirmación dos dereitos individuais.

O Imperio alemán de Fernando II cada vez máis centralizado atopou resistencias en Bohemia, un dos seus dominios patrimoniais. O rexeitamento a súa política contrarreformista culminou coa morte dos seus embaixadores no suceso coñecido como Defenestración de Praga. A extensión dos conflictos políticos-relixiosos do Imperio ao resto do continente europeo deu lugar a chamada historiográficamente pola súa duración Guerra dos Trinta Anos. A monarquía hispánica aliñouse co Imperio; namentras, entre os aliados protestantes estaban as Provincias Unidas Dinamarca e Suecia. As iniciativas bélicas corresponderon alternativamente a protestantes e católicos ata que a entrada efectiva da Francia católica na alianza protestante alterou a correlación de forzas coas derrotas dos tercios españois e das compañías imperiais en Rocroi.

En 1648 esgotados os recursos de tódolos belixerantes firmouse a Paz de Westfalia que supuxo para o Imperio, fronte ao centralismo absolutista de Viena, o recoñecemento dunha Dieta como asemblea lexislativa permanente e para todo o continente a libertade relixiosa segundo a fórmula “cada religión segundo o seu rei”. A rama alemana da casa austracista perdeu coa Paz de Westalia influencia real nos territorios imperiais, fora dos seus dominios patrimoniais que comprendían, xunto a Austria, a Bohemia e Hungría. A Paz de Westfalia significou para os Estados alemáns que conformaban a nova Dieta Imperial non só independencia territorial senón tamén en política interna o triunfo do individualismo.

Unha das principais consecuencias para a Monarquía hispánica en Wesfalia foi o recoñecemento definitivo da Independencia das calvinistas Provincias Unidas, que aproveitaron para desenvolver unha política económica mercantilista que deu fama a Rotterdam e o seu porto

Trala guerra dos Trinta Anos, Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española. Sen embargo, a Paz de Wesfalia, resultado máis dun conflicto prolongado que dunha victoria militar decisiva, consagrou na diplomacia internacional da época o principio do equilibrio europeo e do status quo. As transformación políticas do setencentos tiveron como punto de partida a superación da concepción medieval do territorio segundo criterios relixiosos (Cristiandade Universal) e a favor dunha concepción de identidades nacionais sobre criterios de lingua e costumes O absolutismo como doutrina política propia da época (vs feudalismo medieval) tiña como premisa ideolóxica do dogma do poder ilimitado e indivisible do monarca a soberanía de orixe divina.

A forza do Estado, dado o volumen de gastos da administración, sobre todo en tempos de guerra, era o seu potencial económico. A doutrina económica dominante era o mercantilismo que asociamos coa formación de reservas de metais preciosos e o fomento de exportacións de manufacturas. O mercantilismo terá como codo barro como nsecuencia lóxica a expansión colonial. Con Luís XIV, Francia que no exterior aspiraba a unha expansión territorial co pretexto de dotarse de fronteiras naturais (Rin e Pirineos) alcanza o apoxeo absolutista e centralizador do seu goberno cunha política administrativa unificadora que tiña como unidade representativa:1) os virreinatos; os departamentos. Nun contexto europeo de predominio das formas absolutistas, Inglaterra constituirase nun Estado con protagonismo fundamental do seu Parlamento tanto con forma republicana como monárquica, en virtude de sendos procesos revolucionarios que levan os nomes das datas correspondientes a 1640 e 1688..

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Resumos de test | Etiquetado: | Leave a Comment »

Despotismo ilustrado na moanrquía hispánica

Posted by noeliapc en 10 noviembre 2009

DESPOTISMO ILUSTRADO EN ESPAÑA

Posted in Cadros senópticos | Etiquetado: | Leave a Comment »