nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

A ÉPOCA DO BARROCO

Posted by noeliapc en 17 noviembre 2009

1.- Para frear a expansión protestante en Europa, luterana no Báltico e calvinista nas Provincias Unidas, a Igrexa católica a requerimento de Carlos V apostou pola súa propia reforma coa convocatoria do concilio de: 1) Trieste; 2)Troyes; 3) Trento.

2.- Nunha fase inicial do reformismo relixioso no cincocentos a expresión política do catolicismo foi reforzar o poder do monarca cara a reducir as consecuencias na cohesión social das desputas teolóxicas. Sen compromiso de goberno en territorios complexos a posición protestante foi a afirmación dos dereitos: 1) políticos; 2) individuais; 3) sociais.

3.- O Imperio alemán de Fernando II cada vez máis centralizado atopou resistencias en Bohemia, un dos seus dominios patrimoniais. O rexeitamento a súa política contrarreformista culminou coa morte dos seus embaixadores no suceso coñecido como: 1) Defenestración de Praga; 2) Precipitación de Praga; 3) La mala educación checa.

4.- A extensión dos conflictos políticos-relixiosos do Imperio ao resto do continente europeo deu lugar a chamada historiográficamente pola súa duración Guerra dos Trinta Anos. A monarquía hispánica aliñouse co Imperio namentras entre os aliados protestantes estaban:1) As Provincias Unidas e Dinamarca; 2) Dinamarca e Suecia; 3) as dous.

5.- As iniciativas bélicas corresponderon alternativamente a protestantes e católicos ata que a entrada efectiva da Francia católica na alianza protestante alterou a correlación de forzas coas derrotas dos tercios españois e das compañías imperiais en :1) Rocroi; 2) Nördlingen; 3) Montaña Blanca.

6.En 1648 esgotados os recursos de tódolos belixerantes firmouse a Paz de Westfalia que supuxo para o Imperio, fronte ao centralismo absolutista de Viena, o recoñecemento dunha Dieta como asemblea lexislativa permanente e para todo o continente: 1) a libertade relixiosa; 2) “cada religión segundo o seu rei”; 3) as dous son correctas.

7.- A rama alemana da casa austracista perdeu coa Paz de Westalia influencia real nos territorios imperiais fora dos seus dominios patrimoniais que comprendían, xunto a Austria, a:1) Bohemia e Hungría; 2) Moravia e Franco Condado; 3) Confederación helvética e Flandes.

8.A Paz de Westfalia significou para os Estados alemans que conformaban a nova Dieta Imperial non só independencia territorial senón tamén en política interna o triunfo do: 1) individualismo; 2) absolutismo; 3) consenso nas diferencias.

9.Unha das principais consecuencias para a Monarquía hispánica en Wesfalia foi o recoñecemento definitivo da Independencia das calvinistas Provincias Unidas, que aproveitaron para desenvolver unha política económica mercantilista que deu fama a:1) Banca de Amsterdam; 2) Rotterdam e o seu porto; 3) Neederland e os seus tulipáns.

10.Trala guerra dos Trinta Anos, Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española. Sen embargo, a Paz de Wesfalia, resultado máis dun conflicto prolongado que dunha victoria militar decisiva, consagrou na diplomacia internacional da época o principio do:1) equilibrio europeo; 2) status quo; 3)as dous.

11.- As transformacións políticas do seiscentos tiveron como punto de partida a superación da concepción medieval do territorio segundo criterios relixiosos (Cristiandade Universal) a favor dunha concepción de identidades nacionais sobre criterios de: 1) étnia e lindes naturais; 2) lingua e costumes; 3) especialización económica.

12.- O absolutismo como doutrina política propia da época (vs feudalismo medieval) tiña como premisa ideolóxica do dogma do poder ilimitado e indivisible do monarca: 1) a soberanía de orixe popular, 2) a soberanía de orixe divina; 3) a soberanía dos feitos.

13.A forza do Estado, dado o volumen de gastos da administración, sobre todo en tempos de guerra, era o seu potencial económico. A doutrina económica dominante era o mercantilismo que asociamos coa formación de reservas de metais preciosos e o fomento de exportacións de manufacturas. O mercantilismo terá como consecuencia lóxica a: 1) integración entre Estados; 2) a creación de foros internacionais; 3) expansión colonial.

14.- Con Luís XIV, Francia que no exterior aspiraba a unha expansión territorial co pretexto de dotarse de fronteiras naturais (Rin e Pirineos) alcanza o apoxeo absolutista e centralizador do seu goberno cunha política administrativa unificadora que tiña como unidade representativa:1) os virreinatos; 2) os departamentos; 3) os condados.

15-. Nun contexto europeo de predominio das formas absolutistas, Inglaterra constituirase nun Estado con protagonismo fundamental do seu Parlamento tanto con forma republicana como monárquica, en virtude de sendos procesos revolucionarios que levan os nomes das datas correspondientes:1) 1640 e 1688; 2) 1648 e 1660; 3)1659 e 1668.

Anuncios

2 comentarios to “A ÉPOCA DO BARROCO”

  1. noeliapc said

    En relación con esta proba prantéxasenos algunhas cuestións de interese:
    – A expansión territorial do luteranismo e de outras confesións protestantes.
    – Converxencia ou dependencia da Monarquía hispánica co Imperio alemán dos Habsburgo: A Guerra dos Trinta Anos.
    – A Paz de Wesfalia (1648). Consecuencias político-territoriais e novo mapa europeo.
    – Hexemonía e/ou equilibrio continental?. O ascenso da Casa Borbón.
    – Identidade nacional vs Cristiandade Universal.
    – A alianza Altar-Trono. O reforzamento teolóxico (Bossuet) e filosófico (Hobbes) do absolutismo.
    – O absolutismo do Estado francés: racionalización administrativa e uniformización territorial.
    – As Revolucións inglesas e o protagonismo do Parlamento.
    – Mercantilismo e expansión colonial.

  2. noeliapc said

    – Hexemonía e/ou equilibrio continental?. O ascenso da Casa Borbón.
    http://www.xuletas.es/ficha/tema-4-2-13/
    http://bachiller.sabuco.com/historia/Espana%20siglo%20XVIII.pdf
    http://www.slideshare.net/JJCMARZOL/tema-08-el-siglo-xviii-presentation

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: