nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ilustración e Reformismo

Posted by noeliapc en 17 noviembre 2009

No s. XVIII en Europa desenvolveuse o pensamento ilustrado, aplicando o método científico ao estudio do ser humano; os antecedentes hai que situalos no humanismo renacentista. O estudio científico do ser humano pasaba por definir ao home no estado de natureza; é dicir, independente das circunstancias temporais e culturais; para Locke no estado de natureza xa existían a familia e o concepto de propiedade; sen embargo para Rousseau o home era bó por natureza. No estado de natureza os homes eran libres e felices; en consecuencia, liberdade e felicidade pasaron a ser dereitos naturais.

A sociedade e a organización política, artificiais e violentas, son inxustas; o remedio, que o individuo ceda libremente a súa soberanía para que o Estado goberne dacordo coa vontade xeral, é dicir, mediante un contrato social. Tódolos humanos son intelixentes, se ben cunha intelixencia escurecida polos prexuicios, as paixóns e o medo ao descoñecido; xa que logo, hai que iluminar esta intelixencia natural a través dunha educación moderna, centrada no uso da razón e ésta nas ciencias útiles.

Antes da Ilustración existía a idea dunha idade de ouro remota; para os ilustrados, sen embargo, o feliz estado de natureza non existira nunca, era unha idea de futuro; en consecuencia, no s. XVIII a idea de mellorar estaba asociada: á ruptura co anterior. A Ilustración propoñíase a auténtica rexeneración dunha humanidade menor de idade, á que se tiña que educar; no s. XVIII os monarcas absolutos asumiron políticamente esta vontade, a partir dun sentimento paternal e do seu poder despótico. Os reis do setecentos cos seus ministros ilustrados se dedicaron, ademáis de favorecer a instrucción dos seus súbditos, a sanear cidades e a mellorar a agricultura; destacamos, xunto a Carlos III en España, a Xosé II de Austria.

Carlos II nomeara herdeiro a Felipe de Anjou, rompendo o equilibrio europeo a favor de Francia; a guerra de 1701-1714 enfrontou á Coroa de Castela co apoio de Francia contra a Coroa de Aragón co apoio de Austria, Gran Bretaña e das Provincias Unidas; historiograficamente é coñecida como Guerra de Sucesión. Na Paz de Utrecht, o recoñecemento de Felipe V como rei de España custou á Monarquía as posesións de Italia e dos Países Baixos, enclaves coloniais e a perda do monopolio colonial na América española; os beneficiarios internacionais destes acordos foron Francia e Gran Bretaña.

A Monarquía hispánica, antes de Felipe V era con excepción de Castela unha suma de reinos con leis tradicionais (fueros) que limitaban o poder do rei; baixo argumentos de dereitos de guerra o monarca imporá o modelo absolutista francés a través de decretos de Nova Planta. O modelo centralizador e uniformador Felipe V se concretou nunha política territorial que superpoñía sobre os Antigos Reinos un mapa de Intendencias e Audiencias; únicamente ao marxe quedaban as Vascongadas e Navarra. Sobre a pretensión dun absolutismo máis perfecto no modelo centralizador, os monarcas da nova dinastía tamén prescindiron do réxime de polisinodia (multiplicación de Consellos) da etapa austracista en favor dunha única reunión das Secretarias co Rei, que recibeu o nome de Xunta de Estado.

A recuperación dos territorios en Utrecht, centro da política exterior de Felipe V tralo seu matrimonio con Isabel de Farnersio, forzou a renovar a alianza con Francia; historiograficamente estas alianzas co país veciño que se extenderon ao largo do século XVIII coñécense como Pactos de Familia. Entre os dous primeiros Pactos de Familia (1733 e 1743) de Felipe V e o terceiro, xa no reinado de Carlos III, sitúase a viraxe na política exterior de Fernando VI, caracterizada por unha vontade de paz con todos e de guerra con nadie. Carlos III aplicou en España a súa experiencia reformista de vinte anos en Nápoles, rodeándose de ministros ilustrados como los Condes de Campomanes e Aranda, que xa o foran de Fernando VI, e dos Marqueses de Grimaldi e Esquilache. A Igrexa foi obxecto dunha lexislación regalista (de reforzamento do poder do rei) salientando medidas anticlericais como o decreto de expulsión dos xesuítas (1767), que respostaba, independentemente dos pretextos, ao papel dominante da Compañía de Xesús na educación superior, de gran influencia nos estamentos aristocráticos. As reformas dirixidas a potencia-la economía favoreceron a agricultura coas construccións hidraúlicas e a supresión dos privilexios da Mesta, a industria coa supresión da deshonra legal do traballo e o comercio coa liberalización do tráfico de mercadorías con América; as reformas provocaron descontentos, sen conseguir deter o programa renovador do rei; a crise máis relevante foi o chamado o Motín de Esquilache.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: