nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for 16 diciembre 2009

Comentario: Declaración de Independencia dos EE.UU

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

Debido a Revolución Americana,conflicto de orixe económica entre os colonos de Nova Inglaterra e Gran Bretaña púxose por primeira vez en práctica o liberalismo.

No segundo Congreso de Filadelfia,onde se reunían os representantes das trece colonias inglesas,publicouse a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América en 1776,cuio autor secundario foi Thomas Jefferson.No preámbulo da Declaración (documento proposto) resúmese a filosofía xeral que xustifica unha revolución cando o goberno atenta contra os dereitos naturais.Recoñécese tamén o dereito á vida,á liberdade e á felicidade.

Este é o primeiro documento que asume os dereitos humanos fundamentais.O sitema político dos Estados Unidos,ademais,serviu de modelo para futuras revolucións.

Anuncios

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario: A Toma da Bastilla

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

O 14 de xullo de 1789,o pobo de París,movilizado en apoio a Asamblea Nacional e cansado dos abusos cometidos polo rei,deciden rebelarse para intentar abolir o absolutismo.

Prodúcese entón o asalto á Bastilla,antigo cárcere político de Luis XIV e símbolo de absolutismo.Dado que o Gobernador,o marqués de Lauray,foi o responsable das mortes dos delegados (revolucionarios),feito que promoveu a rebelíon do pobo,foi asasinado polos cidadáns parinenses ese mesmo día (feito relatado no documento proposto).

Este suceso está recollido coma un dos que se produciu no comezo da Revolución Francesa.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario: Reflexións de Luis XIV sobre o poder real

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

O século XVIII caracterizouse,entre outros motivos,porque case todas as monarquías europeas tiñan un único sistema político: o absolutismo.

Este sistema consistía en que o monarca tiña poder absoluto,é dicir,todo o poder soberano residía no rei (alusión no promeiro parágrafo do documento proposto),a “auntoridade” que tiñan os seus cortesáns debíanlla ao monarca,debido a que era a voluntade de Deus e o elixiu como tal (alusión no segundo parágrafo) e ese poder xamais podía volverse contra o rei.

Este tema foi defendido por algúns pensadores,como Busset,que apoiaba a orixe divina da monarquía,polo que nada,ningunha lei nin institución,podían estar por riba do rei.O creador deste sistema foi Luis XIV,rei de Francia no século XVII.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario:”Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán”

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

Obra adaptada pola Asamblea Constituínte en 1789.Esta Declaración utilízase,xunto co Decreto de Abolición dos Dereitos Feudais,para acabar co Antigo Réxime.

Conséguese así,co promeiro Decreto,a supresión do décimo,a xurisdición dos privilexiados e permíteselle a todo o mundo acceder a calquera cargo.

Na Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán recoñécense e garántense as liberadades persoais (alusión nos artigos 1,2,10 e 11 do documento proposto),a igualdade ante a lei (alusión nos artigos 3,6 e 13 de dito documento) e mais a propiedade.

A suma dos dous documentos supón tamén o final do Absolutismo e o triunfo da Revolución Liberal.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

A prosperidade da Idade Moderna

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

Se se len tódalas crónicas non se encontrará, despois do nacemento de Cristo, nada que poida compararse co que se produciu entre nós nos últimos cen anos. ¡Nunca en ningún páis se viron tantas construccións, tantos cultivos!. Nunca tanta posibilidade de beber, nunca alimentos tan abondantes e delicados ao alcance de tanta xente. Os traxes son tan ricos que non poderían selos máis. ¿Quén oiu falar nunca dun comercio coma o de hoxe?. Dá a volta ao mundo, abrangue a terra enteira. A pintura, o grabado, tódalas artes progresaron e progresan aínda. Ademáis, hai entre nós persoas tan hábiles e sabias que o seu espíritu todo o penetra, de xeito que un mozo de vinte anos sabe de todo isto máis do que sabían vinte doutores noutros tempos.                   LUTERO, 1520 

Posted in Docs para A&C | Leave a Comment »

Procedemento de comentario de texto

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

REFLEXIÓNS DE LUÍS XIV SOBRE O PODER REAL

Todo poder, toda autoridade reside na man do rei e non pode haber outra no reino cá que el establece. Todo o que se encontra no territorio dos nosos estados, de calquera natureza que for, perténcenos (…).

Aquél que deu reis ós homes quixo que se respecten como os seus representantes, reservando para Él só o dereito de examina-la súa conducta. A súa vontade é que tódolos que naceron sendo súbditos obedezan sen resistencias (…).

Por malo que poida ser un príncipe, a rebelión dos seus súbditos sempre é infinitamente criminal”. Instruccións ó Delfín, 1666

COMENTARIO:

No seiscentos, o século do barroco, fronte ao concepto medieval dunha cristiandade universal desenvolvéronse Estados sobre criterios de identidade nacional básicamente de natureza cultural, como lingoa e costumes propias. Estos Estados vincúlanse a unha concepción do poder da monarquía indivisible e ilimitada, é dicir, absoluta e iso tanto respecto dos súbditos considerados individualmente (ver doc. proposto) como das institucións (Igrexa e nobreza), que se fundamenta teóricamente no exercicio do goberno pola gracia de Deus.

O exemplo máis representativo de Estado absolutista foi a monarquía de Luís XIV, que ao elevalo ata as súas últimas consecuencias convirteu ao monarca na encarnación do Estado. Tratábase dun Estado centralizado con fronteiras naturais, é dicir, delimitado por accidentes xeográficos como os Pirineos e o Rhin e cunha división territorial en departamentos gobernados por intendentes.

FONTE DE INFORMACIÓN: MANUAL DE TEXTO

3.2.-AS TRANSFORMACIÓNS POLÍTICAS NO SÉCULO XVII: ABSOLUTISMO E A FRANCIA DE LUÍS XIV.

ÍNDICE:

3.2.1.-Absolutismo.

3.2.1.1.- Estados modernos (identidades culturais/nacionais) vs Cristiandade universal.

3.2.1.2- Triunfo do absolutismo: Poder ilimitado e indivisible do monarca.

3.2.1.3.- A idea de partida do absolutismo: Goberno pola gracia de Deus (vs Igrexa e nobreza).

3.2.1.4.- A forza económica do Estado: o mercantilismo (reservas de ouro e exportación de manufacturas).

3.2.1.5.- Consecuencia (do absolutismo?, do mercantilismo?): a expansión colonial.

3.2.2.-A Francia de Luís XIV.

3.2.2.1.- Luís XIV ou o máximo desenvolvemento do absolutismo:O monarca encarnación do Estado.

3.2.2.2- Centralización do Estado: departamentos gobernados por intendentes.

3.2.2.3.- Creba económica e o Rin (e os Pirineos) como fronteira natural.

Posted in Modelo de planta de A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Modelo de planta de A&C:A Prosperidade Moderna

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO

TEXTO PROPOSTO: A PROSPERIDADE DA IDADE MODERNA

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO X HISTORIOGRÁFICO Polo afastamento do autor ou non, respecto dos feitos narrados
PÚBLICO X PRIVADO Pola condición ou non, de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA ECONÓMICA X SOCIAL X OUTRAS
Citas que xustifican a temática do documento.- Construccións, culivos, traxes ricos, comercio, artes, persoas sabias e hábiles
COORDENADAS TEMPORAIS.– Inicio do mundo moderno COORDEN. ESPACIAIS.- Europa
AUTOR INDIVIDUAL X AUTOR INSTITUCIONAL AUTOR COLECTIVO
IDENTIDADE DO AUTOR.- Lutero, reformador cristiá e fundador do protestantismo
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento):   Progreso económico (agrícola e comercial), das artes e do coñecemento (ciencias).
ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-

Se se len tódalas crónicas (1ª liña); despois de Cristo nada comparable cos ultimos cen anos (liñas 2 e 3).

Nunca…tantas construccións, tantos cultivos, tanta bebida, tanta comida, tantos traxes ricos (liñas 4-7). O comercio abrangue a terra enteira (liña 8). As artes progresan (liña 9-10). Un mozo de vinte anos sabe máis que vinte doutores (11-13)

COMENTARIO EXTERNO

(Suxire posibeis temas. Elabora un indice y cita fonte de información ):

-”Progreso económico, das artes e da ciencia nos inicios do mundo moderno en Europa”.

-”Lutero, un home dun tempo novo”.

-”Europa e a cristiandade nos inicios do mundo moderno”.

A elección do primeiro tema paréceme o máis coherente co documento proposto.

FONTE:”OS INICIOS DO MUNDO MODERNO (RESUMO DE TEST)

INDICE

1.- Introducción: Uno novo século (s.XVI), un novo mundo, o papel da imprenta e dos descobrimentos xeográficos..

2.- Núcleo: Unha economía urbana, básicamente comercial.

3.- Conclusión: Novas formas de coñecemento: As artes e a ciencia.

Posted in Modelo de planta de A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Modelo de planta de A&C:A Contrarreforma Católica

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO

TEXTO PROPOSTO: “A CONTRARREFORMA”

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO HISTORIOGRÁFICO x Polo afastamento do autor ou non, respecto dos feitos narrados
PÚBLICO X PRIVADO Pola condición ou non, de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA x ECONÓMICA SOCIAL x OUTRAS X
Citas que xustifican a temática do documento.- Igrexa católica, protestantismo, Concilio de Trento, Escrituras, sacramentos, Papa, Biblia, Roma, disciplina eclesiástica, formación do clero.católicos e protestantes, calvinistas e xesuítas…loita aberta polo poder e as conciencias.
COORDENADAS TEMPORAIS.-Concilio de Trento ( mediados del s.XVI) COORDEN. ESPACIAIS.- Europa.
AUTOR INDIVIDUAL X AUTOR INSTITUCIONAL AUTOR COLECTIVO
IDENTIDADE DO AUTOR.- Descoñecido
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento):  “O Concilio de Trento: a contrarreforma católica”.
ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-

– 1º parágrafo; liñas 1-2: “A resposta da Igrexa católica ao protestantismo produciuse no Concilio de Trento (1545-1563)”. Liñas 8-9: “Roma preparouse así para facer fronte á Reforma”.

– 1º parágrafo, liñas 2-8: Reafirmación dos dogmas atacados polos reformados e mellora da disciplina eclesiástica e da formación do clero”.

2º parágrafo, liñas 10-14: Loita aberta polo poder e as conciencias entre católicos (xesuítas) e protestantes (calvinistas).

COMENTARIO EXTERNO

(Suxire posibeis temas. Elabora un indice e cita fontes de información):

-”O Concilio de Trento: a contrarreforma católica”.

-” División da Cristiandade: Reforma e Contrarreforma”.

-”A Compañía de Xesús, voz e brazo da contrarreforma”.

A elección do primeiro tema parece o máis coherente co documento proposto; sen embargo, o segundo tema ofrece máis posibilidades de comentario

FONTES:”RENACEMENTO E REFORMA e A ÉPOCA DO BARROCO (RESUMOS DE TEST)

INDICE.-

1.- Introducción: A reforma luterana (3º parágrafo de “Renacemento e Reforma”)

2.- Núcleo: O Concilio de Trento (1º paragafo de “A Época do Barroco”).

3.- Consecuencias políticas da división da Cristiandade (5º parágrafo de “A Época do Barroco”).

Posted in Modelo de planta de A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Necesidade da lei agraria

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

OS ILUSTRADOS E A NECESIDADE DUNHA LEI AGRARIA

DOC 1: Memorial de Miguel de Zabala Aunón, “Representación a Filipe V”, 1732.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe (“Memorial”) dirixido a un actor político; neste caso o Rei Filipe V (1700-1724/1725-1746); xa que logo, con coordenadas espacio temporais na Monarquía hispánica durante a segunda etapa do seu reinado. A temática do documento é polo seu contido socio-económica “Das diferentes clases de labregos en España” -segundo as súas posibilidades económicas como idea principal.

DOC 2: Informe sobre a Lei Agraria de Luís Gabaldón y López, 13-3-1787.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos/ ”demais señores da Xunta”) e en última instancia ao Rei (Monarquía Absoluta). Coordenadas espacio-temporais: a Monarquía hispánica ao final do reinado de Carlos III (1759-1788). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico (“A causa máis primeira e orixinal da decadencia actual da agricultura (a falta de industria e aplicación útil)…Sen embargo, son causas…outras moitas que se poden graduar de causas parciais (falta de canles para rego, a presión fiscal a amortización das propiedades e o absentismo dos propietarios)…a causa máis remota, acaso a falta de educación en España”) Como idea principal: As causas da postración da agricultura en España.

DOC 3.- Informe sobre a Lei Agraria de Jovellanos, 1795.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos) e en última instancia ao Rei (Monarquía absoluta). Coordenadas espacio-temporais: a Monarquía hispánica no reinado de Carlos IV ( 1788-1808). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico. (Cfr., “Estableza vostede o noso sistema de lexislación económica…”. Como idea principal: A propiedade (minifundista e latifundista), o prezo da terra e a vinculación da propiedade territorial como problemas da agricultura española. (cfr., Test “O setecentos”; items 12-13; items implícitos 1-8).

DOC 4.- Informe sobre a Lei Agraria de Olavide, 1766.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos) e en última instancia ao Rei (Monarquía absoluta). Coordenadas espacio-temporais: a Monarquía hispánica ao inicio do reinado de Carlos III (1759-1788). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico. Como idea principal: Os males da agricultura (“a demasiada extensión de labranza prevén que as terras se cultiven mal”) o son do Estado, enténdese do saneamento da súa Fazenda (“que haxa moitos vasalos ricos e non que en poucos se reunan inmensas fortunas”).

DOC 5.- Instrucción reservada de Floridablanca, 1787.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos/ Xunta) e en última instancia ao Rei (Monarquía absoluta). Coordenadas espacio-temporais a Monarquía hispánica ao final do reinado de Carlos III (1759-1788). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico. Como idea principal: A importancia do regadío na agricultura española (“o aproveitamento de tódalas augas…será un medio eficaz…de adianta-la agricultura”).

CONCLUSIÓN.- A partir do texto motivador do Manual (Vicens Vives) que preside a relación de documentos e coa axuda dos contidos temáticos da U.D. da que forma parte (nº6: A España do s.XVIII e o reformismo bórbónico) e do material de aula (cadros senópticos e tests) elaborar unha composición temática que tendo como núcleo a reforma agraria constitúa unha caracterización da lexislación económica e en xeral do reformismo do Despotismo Ilustrado.

Posted in Clasificación de docs | Etiquetado: | Leave a Comment »

Reformismo Borbónico en Galicia

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

CLASIFICACIÓN DE TEXTOS SOBRE REFORMISMO BORBÓNICO EN GALICIA

TÍTULO:”A INTENDENCIA DE GALICIA”. CLASIFICACIÓN PREVIA:De temática político-administrativa. Coordenadas espacio-temporais:A Monarquía española no inicio da instauración da dinastía borbónica (1718). Idea central coincidente co título e o pé: Creación da Intendencia de Galicia –unidade administrativa de recente implantación- co gallo do nomeamento de Intendente para o Reino de Galicia (unidade política precedente). Autor: Felipe V.

TÍTULO:” UN PATRIMONIO FIDALGO”. CLASIFICACIÓN PREVIA: De temática social, secundariamente económico. Coordenadas espacio-temporais: A Monarquía española no Antigo Réxime (1743). Idea central coincidente co título: O patrimonio terratenente dos privilexiados. Autor: Descoñecido; documento privado/institucional (¿un censo?)

TÍTULO: ”A DEFENSA DO GALEGO”. CLASIFICACIÓN PREVIA : De temática cultural. Coordenadas espacio-temporais: A Monarquía española no Antigo Réxime (1745-55). Idea central coincidente co título : O valor do idioma nativo como manifestación do pensamento ilustrado. Autor: Frei Martín Sarmiento.

TÍTULO:” A MELLORA DA AGRICULTURA”. CLASIFICACIÓN PREVIA : De temática económica. Coordenadas espacio-temporais: O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado (1765). Idea central coincidente co título: O ideal fisiocrático da Ilustración. Autor: Academia de Agricultura do Reino de Galicia.

TÍTULO: ” O FOMENTO DO COMERCIO”. CLASIFICACIÓN PREVIA: De temática económica. Coordenadas espacio-temporais: O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado (1785). Idea central coincidente co título: O fomento do comercio. Autor: Real Consulado da Coruña

TÍTULO: ”ACTIVIDADES DA SOCIEDADE LUCENCE”. CLASIFICACIÓN PREVIA: De temática económica. Coordenadas espacio-temporais: O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado (1786). Idea central coincidente co título e o pé bibliográfico: As Sociedades Económicas de Amigos del País como prototipo de institución ilustrada. Autor: Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo.

ELEMENTOS DA CLASIFICACIÓN COMÚNS AOS DOCUMENTOS:

TEMÁTICA: Económica (docs 4,5 e 6), político-administrativa (doc 1), social (doc 2) e cultural (3).

COORDENADAS ESPACIO-TEMPORAIS: O reino de Galicia no Despotismo Ilustrado.

TÍTULO PROPOSTO PARA  O COMENTARIO EXTERNO  DO TEXTO DE HISTORIA:

O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado: Proxectos e institucións de desenvolvemento económico”.

Posted in Clasificación de docs | Etiquetado: | Leave a Comment »