nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Crise do Antigo Réxime e Revolucións Atlánticas

Posted by noeliapc en 4 diciembre 2009

A sociedade do Antigo Réxime caracterizábase pola desigualdade dos seus membros perante a lei e a existencia de privilexiados que non pagaban impostos. Pola súa parte, os intelectuais liberais e ilustrados opinaban que era posible organizar unha sociedade máis xusta e libre, na que a lei, principio abstracto do poder, se restrinxía a liberdade, evitaba tamén os abusos, a arbitrariedade; por isto mesmo, a súa elaboración debería correr a cargo de tódolos homes que teñen que obedecelas; é dicir, do chamado poder lexislativo en nome da soberanía da nación.

Os principais teóricos do pensamento político ilustrado foron Montesquieu e Rousseau, mais a súa influencia veu determinada pola significativa socialización das ideas da época a través da Enciclopedia (cfr., Diderot e D´Alembert). Paralelamente e dacordo co pensamento liberal (Smith, Ricardo), a actividade económica debería rexerse polo principio natural da libre competencia, a todas luces compatible coa libre circulación de mercadorías.

O primeiro territorio onde se aplicaron os principios liberais foron as colonias inglesas de América do Norte. No ano de 1776, clave deste proceso, proclamouse a Declaración de Independencia polo Congreso de Filadelfia e en 1787 redactouse a Constitución dos Estados Unidos de América que ao tempo que establecía un governo republicano con división de poderes, protexía dereitos individuais .

Tan só dous anos despois, en 1789 iniciouse en París un proceso revolucionario que tivo gran repercusión porque Francia era a monarquía máis poderosa do continente europeo; a dinastía reinante dos Borbóns estaba encarnada neses anos por Luís XVI. Ante a crise económica que estaba a sufrir a facenda pública e a fame provocada polas malas colleitas, o monarca francés convocou primeiro un Parlamento de Notables en París e trala “rebelión aristocrática” os Estados Xerais como asemblea consultiva ata que a súa incapacidade resolutiva levou aos  representantes do “Terceiro Estado” a constituirse en Asemblea Nacional. Nos anos 1792, 1793 e 1794 sucedéronse e por esta orde unha Convención xirondina, unha Convención montañesa e a Convención termidoriana. Nesta progresiva moderación da Revolución e ao amparo da mesma a personalidade clave de Napoleón Bonaparte está ligada nos anos 1795, 1799 e 1804 ao Directorio, ao Consulado e ao Imperio

Profundizando un poco máis no siñificado do fenómeno da Revolución francesa salientamos como unha vez iniciada a transformación xurídica de Francia, o mito do complot aristocrático e a falta de alimentos provoca en xullo de 1789 motíns populares en París que culminarían coa toma da Bastilla. A insurrección do campo ese mesmo mes de xullo concretouse coa destrución de patrimonio nobiliario e a queima de rexistros da propiedade que afectaban igualmente á alta burguesia; o “Gran Medo”como historiográficamente é coñecida motivará á Asemblea Nacional á abolición a propiedade señorial e a : redactar unha Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. Entre os decretos de abolición do feudalismo no verán 1789 e a Constitución de 1791, cabe sinalar outras iniciativas legais como a Constitución civil do Clero, equivalente á unha separación da Igrexa do Estado. Trala frustrada fuxida do rei proclamouse a declaración de guerra das Cortes europeas contra a Francia revolucionaria, governada neses anos polos “xirondinos”, grupo político caracterizado pola súa ideoloxía moderada e pola súa procedencia da rexión de Burdeos. A execución do rei e a instauración da República tralo episodio coñecido como “a fuxida de Varennes”, radicalizaron a revolución (“O Terror”) liderada a partires dese momento polos “xacobinos”, grupo político caracterizado polo seu programa igualitarista.

Cambiando de escenario, na Monarquía hispánica finais do século XVIII reinaba nominalmente Carlos IV, mais quen governaba de feito era o seu valido Godoy, que sustituira ao Conde de Floridablanca. As negociacións entre o “Príncipe de la Paz” (título aparentemente desproporcionado para un plebeio como Godoy, concedido polo monarca trala Paz de Basilea) e Napoleón para repartiren Portugal, ocasionaron a entrada dos exércitos franceses na P.I. A reacción contra esta política foi o motín de Aranjuez e finalmente, o levantamento popular do 2 de maio. A extensión do levantamento por todo o territorio español é un fenómeno aparellado á designación como monarca español do irmá de Napoleón, Xosé I. A coordinación desde unha Xunta Suprema Central das xuntas locais que dirixían a insurrección permiteu co alargamento do conflicto bélico da convocatoria dunha reunión das Cortes en Cádiz, que tras dous anos de deliberación aprobou a primeira Constitución liberal española; corría o ano 1812. Despois da derrota do exército francés en Bailén (1808), a superioridade das forzas de Napoleón só permitía a estratexia de desgaste dunha “guerra de guerrillas”. O comezo das campañas contra Rusia en 1812 favoreceu recuperar a iniciativa co apoio lusoinglés e o éxito de batallas como Arapiles e Vitoria.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: