nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

CRISE DO ANTIGO RÉXIME E REVOLUCIÓNS ATLÁNTICAS

Posted by noeliapc en 4 diciembre 2009

1.- A sociedade do Antigo Réxime caracterizábase pola desigualdade dos seus membros perante a lei e a existencia de privilexiados que :1) non facían o servicio militar; 2) non pagaban impostos; 3) non obedecían ós seus superiores.

2.- Os intelectuais liberais e ilustrados opinaban que era posible organizar unha sociedade máis xusta e libre. A lei, se restrinxía a liberdade, evitaba os abusos. Por isto mesmo, a súa elaboración debería correr a cargo :1) de tódolos homes que teñen que obedecelas ;2) do chamado poder lexislativo en nome da soberanía da nación; 3) As duas respostas son correctas.

3.- Os principais teóricos do pensamento ilustrado foron Montesquieu e Rousseau, mais a súa influencia veu determinada pola significativa socialización das ideas da época a través :1) da prensa clan destina; 2) da Enciclopedia; 3) das Academias de Diderot e D´Alembert.

4.- De acordo co pensamento liberal (Smith, Ricardo), a actividade económica debería rexerse polo principio natural da libre competencia, a todas luces incompatible :1) cos salarios fixados segundo as tendencias do mercado; 2) con impostos elevados ;3) coa libre circulación de mercadorías.

5.- O primeiro territorio onde se aplicaron os principios liberais foron as colonias inglesas de América do Norte. No ano de 1776, clave deste proceso, proclamouse : 1) a Declaración de Dereitos de Virxinia; 2) a Declaración de Independencia polo Congreso de Filadelfia; 3) As duas alternativas son correctas.

6.- En 1787 redactouse a Constitución dos Estados Unidos de América que ao tempo que establecía un governo republicano con división de poderes, protexía dereitos individuais como: 1) o dereito a queixarse; 2) o dereito á propiedade; 3) o dereito a decidir sobre a propia vida.

7.- En 1789 iniciouse en París un proceso revolucionario que tivo gran repercusión porque Francia era a monarquía máis poderosa do continente europeo. A dinastía reinante dos Borbóns estaba encarnada neses anos por:1) Luís XIV; 2) Luís XVI; 3) Luís XVIII.

8.- Ante a crise económica que estaba a sufrir a facenda pública, o monarca francés convocou os Estados Xerais como asemblea consultiva. Os escritos liberais levaron aos representantes do “Terceiro Estado” a constituirse en: 1) Asemblea Nacional; 2) Convención Nacional; 3) Parlamento Nacional.

9.- Nos anos 1792, 1793 e 1794 sucedéronse e por esta orde: 1) a Convención xirondina, a Convención termidoriana e a Convención xacobita; 2) a Convención termidoriana, a Convención xacobita e a Convención xirondina ;3) a Convención xirondina, a Convención montañesa e a Convención termidoriana.

10.- A personalidade clave de Napoleón Bonaparte ao amparo da Revolución está ligada nos anos 1795, 1799 e 1804: 1) a Directorio, Consulado e Imperio; 2) a Consulado, Directorio e Imperio; 3) a Directorio, Imperio e Consulado.

11.- Mentras se iniciaba a transformación xurídica de Francia en xullo de 1789, o mito do complot aristocrático e a falta de alimentos provocaba motíns populares en París que culminaron :1) coa toma da Bastilla; 2) coa fuxida do rei (Varennes); 3) coa invención da guillotina.

12.- A insurrección do campo ese mesmo mes de xullo de 1789 concretouse coa destrución de patrimonio aristocrático e a queima de rexistros da propiedade que afectaban igualmente á alta burguesia. Este “gran medo” favoreceu a abolición da propiedade señorial e a :1) Declaración de Dereitos de Versalles; 2) Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán; 3) Declaración Universal de Dereitos do Home.

13.- Entre os decretos de abolición do feudalismo no verán 1789 e a Constitución de 1791, cabe sinalar outras iniciativas legais como a Constitución civil do Clero, equivalente :1) á separación da Igrexa do Estado; 2) á solución definitiva da cuestión relixiosa; 3) á igualación do ensino relixioso e estatal.

14.- Trala frustrada fuxida do rei proclamouse a declaración de guerra das Cortes europeas contra a Francia revolucionaria, governada neses anos polos xirondinos, grupo político caracterizado:1) pola súa ideoloxía moderada; 2 pola súa procedencia da rexión de Burdeos; 3) As dúas respostas poden ser correctas.

15.- A execución do rei e a instauración da República radicalizaron a revolución liderada a partires dese momento polos xacobinos, grupo político caracterizado: 1) polos seus proxectos pacifistas e de fraternidade europea; 2) pola súa política de equilibrada represión; 3 )polo seu programa igualitarista.

16.- A finais do século XVIII reinaba en España Carlos IV, mais quen governaba de feito era o seu valido: 1) Jovellanos; 2) Godoy; 3) Floridablanca.

17.- As negociacións entre o “Príncipe de la Paz” e Napoleón para repartiren Portugal ocasionaron a entrada dos exércitos franceses na P.I. A primeira manifestación contra esta política foi :1) o levantamento popular do 2 de maio; 2) o exilio da familia real; 3) o motín de Aranjuez.

18.- A extensión do levantamento por todo o territorio español é un fenómeno aparellado á designación como monarca español do irmá de Napoleón1) Xosé I; 2) Luís II; 3)J erónimo III.

19.- A coordinación desde unha Xunta Central das xuntas locais que dirixían a insurrección permiteu a convocatoria dunha reunión das Cortes en Cádiz, que tras dous anos de deliberación aprobou a primeira Constitución liberal española. Corría o ano:1) 1808; 2) 1812; 3) 1814.

20.- Despois da derrota do exército francés en Bailén (1808), a superioridade das forzas de Napoleón só permitía a estratexia de desgaste dunha “guerra de guerrillas”. O comezo das campañas contra Rusia en 1812 permitirá recuperar a iniciativa co apoio inglés e o éxito de batallas como: 1) Os Arapiles e Vitoria; 2) Pontesampaio e Elviña; 3) Ocaña e Talavera.

Anuncios

2 comentarios to “CRISE DO ANTIGO RÉXIME E REVOLUCIÓNS ATLÁNTICAS”

  1. noeliapc said

    – As guerras revolucionarias francesas (“El fantasma de Valmy”, 1792)
    http://luisvia.org/?p=1794 -Blog do Colexio Vedruna
    http://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Valmy
    http://retratosdelahistoria.lacoctelera.net/post/2006/12/19/1792-fantasma-valmy

  2. noeliapc said

    En relación con esta proba prantéxasenos algúns núcleos de interese:

    – Do criterio xurídico da estratificación social á Lei como Príncipe abstracto da sociedade organizada.
    – A socialización das ideas ilustradas pola vía do enciclopedismo, da prensa e das tertulias e a súa concreción no asociacionismo
    – A revolución liberal americana: Da Declaración de Virxinia á Constitución de 1787, pasando pola Declaración de Independencia do II Congreso de Filadelfia.
    – A creba da Facenda Real da Monarquía francesa como problema das institucións absolutistas.
    – A convocatoria de Estados Xerais (“cadernos de queixas”) e a proclamación da Asemblea Nacional (abate Sieyès, “O Terceiro Estado, qué é”?).
    – Institucionalización da Revolución Francesa: A Constitución de 1791.
    – As guerras revolucionarias francesas (“El fantasma de Valmy”, 1792) e a República democrática (“O Terror”)
    – A Francia napoleónica: Directorio, Consulado e Imperio.
    – Napoleón Bonaparte: A estratexia militar contemporánea.
    – O reinado de Carlos IV: Crise da dinastía e Guerra da Independencia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: