nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Análise de documento social do s.XVIII

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO

TEXTO PROPOSTO: ” SOBRE AS DIFERENTES CLASES

DE LABRADORES EN ESPAÑA

“Uns que sementan pequenos anacos, os que son moitos e se chaman comunmente labrantíns, e estes están precisados de venderen os seus froitos acabadas as colleitas, porque todas as débedas que contraen no decurso do ano, así para se manteren, como para os gastos do labor, as satisfán daquela.

Outros son labradores máis fortes, que sementan porcións máis amplas para gozar das devesas que teñen arrendadas ou as terras propias que posúen e reservando os grans dos que terán mester para o seu consumo e o das súas granxerías, venden os restantes para satisfaceren parte do custo que tiveron os mesmos labores.

E os outros son labradores de máis grandes colleitas que teñen disposición de gardar e ensilar os seus froitos; e estes non venden nin unha fanega nos anos abundante nin os medianos, reservando oito e dez colleitas consecutivas, e conservan tan constantes esta regra, que venden primeiro ata a primeira alfaia da súa casa, e empeñan e cargan de censos as facendas ata que logran os anos duns prezos vantaxosos”

Memorial de Miguel de Zabala Aunón “Representación a Felipe V“, 1732

[Clasificación previa de titular e pé bibliográfico: Documento primario/histórico e público, administrativo e político (polo seu autor e destinatario), de contido social (polo titular historiográfico que o preside), dentro de coordenadas espacio-temporais da Monarquía hispánica e concretamente española (titular) da segunda etapa do reinado de Felipe V (1725-46)]

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO x HISTORIOGRÁFICO Polo afastamento do autor respecto da contemporaneidade
PÚBLICO x PRIVADO Pola condición de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA ECONÓMICA x SOCIAL x OUTRAS
Citas que xustifican a temática do documento.- Tipos de campesiños: labrantíns e débedas, devesas arrendadas e terras propias e ventas para satisfacer custos (de producción), anos abundantes, anos medianos e anos de prezos vantaxosos, (ciclos de) 8 a 10 colleitas
COORDENADAS TEMPORAIS.-Reinado de Felipe V, 2ª etapa(1700-1724/1725-1746) COORDENADAS ESPACIAIS.-Monarquía hispánica
AUTOR INDIVIDUAL x AUTOR COLECTIVO AUTOR INSTITUCIONAL
IDENTIDADE DO AUTOR.-  M. Zabala y Auñón, funcionario e economista español do s.XVIII, autor dunha representación ou informe a Felipe V.
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento):

A miseria dos campesiños e a especulación dos bens primarios.

ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-Liñas 1-4, “Uns que sementan pequenas porcións…que son moitos e que se chaman labrantíns…precisados a vender os seus froitos… (por) as débedas que contraen”.

Liñas 4-8, “Outros…para gozar das devesas que teñen arrendadas ou das terras propias…reservando os grans para o seu consumo…venden os restantes para satisfacer parte do custo.

Liñas 8-14, “(os) labradores de máis medradas colleitas…non venden…ata que logran os anos duns prezos vantaxosos.

Labrantís (non propietarios), pequenos propietarios dunha agricultura de apenas subsistencia e propietarios dunha agricultura temporal de mercado.

COMENTARIO EXTERNO (Suxire posibeis temas. Sérvete da relación de ideas da sección do Manual “Repasa o esencial” e elabora un indice y cita as unidades de información -didácticas, temáticas e capítulos).-

Segundo a temática: A sociedade estamental do A.R.

A economía agraria e de subsistencia do A.R.

Segundo as coordenadas espacio temporais: Un novo modelo de Estado ou o ideal reformista da nova dinastía francesa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: