nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Análise formal de arquitecturas neoclásicas

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

FACHADA “VELÁZQUEZ” DA PINACOTECA DO PRADO DE MADRID: O Museo del Prado foi construido baixo ol reinado de Carlos III, no ano 1785. Foi un encargo directo do monarca ao arquitecto Juan de Villanueva. O proxecto formaba parte dun plan de modernización científica, confeccionado á medida do rei ilustrado e do seu gabinete de intelectuais e artistas renovadores. En principio non habería de funcionar como Pinacoteca, senón que se trataría do Gabinete de Historia Natural. Así, formaba parte doutro gran complexo que incluía o Observatorio Astronómico e o Xardín Botánico, que aínda hoxe podemos visitar. Todo, inmerso nos xardíns do Buen Retiro, onde se incluía o Pazo Real levantado por Felipe IV.

A imaxe proposta corresponde a unha vista parcial, que recolle a parte central da fachada principal, a de poñente ou de Velázquez. Néla diferenciase un pórtico que avanza sobre o plano xeral do edificio, na actualidade estructurado en tres pisos: un inferior no que alternan as arcadas con medallóns e esculturas exentas, outro intermedio cunha galería e finalmente, o superior retranqueado e funcional, que delata unha orixe moito máis tardía.

No pórtico que arranca directamente do nivel do solo atopamos unha fachada sexástila de tamaño xigante con basas de toros e escocias, fustes lisos e capiteis dóricos, se ben con ábaco e equino moi achatados como querendo suxerir a tensión sobre os capiteis dun pesado entablamento constituido, aquí, por un potente friso liso do que ampliamente vóa a cornisa para mellor remarcar o contraste do ático decorado cun relevo (alegoría do rei Fernando VII como protector das ciencias, as artes e a técnica, que en figuras simbólicas se presentan ante o seu rexio trono; detrás do rei, clásicos deuses mitolóxicosAtenea, Apolo, Mercurio, Neptuno– parecen estar inspirándolle aquelas decisións de protección e progreso). Convén constatar a incoherencia dun capitel dórico nunha columna con basa ou cun friso sen triglifos e metopas para xustificar que realmente nos encontramos noutro tipo de orde, a chamada toscana.

No corpo lonxitudinal, de eixo perpendicular ao de simetría do pórtico, salienta unha galería de coherente orde xónica tanto nos elementos sustentantes, basa, fuste (tb liso como os do pórtico) e capitel con volutas, como no entablamento con arquitrabe, friso corrido e cornisa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: