nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Análise formal de arquitecturas neoclásicas

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

1.- CAPITOLIO DE WÁSHINGTON: A arquitectura neoclásica tivo unha gran recepción nos Estados Unidos, xa que o novo país queria crear unha república imitando ás do mundo antigo. Un dos mellores exemplos desta arquitectura o encontramos no Capitolio (1793), edificado por Thornton e Bulfinch e ampliado posteriormente a instancias de Abraham Lincoln por Thomas Walter, quen ergueu a gran cúpula, rememorando a de Miguel Anxo no Vaticano, e engadiu as áas destiñadas ao Congreso e ao Senado.

A imaxe proposta corresponde a unha vista parcial e retranqueada, que recolle só a parte central e o arranque das áas deste edificio de grande unidade formal. No corpo inferior, as fachadas desprazan cara adiante o plano xeral, tanxencial en planta á proxección da base da cúpula, o corpo superior. Éste amósase estructurado en tambores, cúpula propiamente dita, e linterna cupuliforme coroada a súa vez pola estatua votiva en bronce da Libertade.

No corpo inferior, observamos, xunto as escalinatas que dan accesibilidade ás distintas partes do edificio, os seguintes elementos formais: Sobre un piso con función de zócalo, peralte ou podium, érguense os elementos sustentantes, pilastras ou columnas ( lisas e estriadas, respectivamente), constituidas por basas de molduras cóncavas e convexas, (toros e escocias, respectivamente), e por capiteis corintios de follas de acanto e volutas xónicas. Nos entablamentos, especialmente desenvolvidos a altura da cuberta, encontramos a arquitrabe, o friso e unha cornisa, todos son corridos sen decoración. A salientar como remate a balaustrada na súa función de privilexiar as liñas horizontais hexemónicas de toda arquitectura clásica ocultando o tellado. Con valor secundario, indicar o contraste nas fiestras do piso máis noble (en realidade son dous unificados polas pilastras) entre os frontóns triangulares do corpo principal e os semicirculares dos corpos laterais.

No corpo de desenvolvemento vertical, a secuencia dos tambores, que sosteñen a cúpula nervada con óculos ovalados nas interseccións, va dende o inferior liso ao superior con luces de arco de medio punto, articuladas por pilastras de fustes con relevos de motivos vexetais, pasando polo tambor intermedio, cun peristilo de columnas e cun entablamento semellantes ás da galería central do corpo horizontal.

RECAPITULANDO:

Arquitectura composta de corpo/volumen principal (con contraste do corpo inferior de desenvolvemento horizontal e corpo superior vertical) e corpos laterais, acentuando as liñas de estabilidade (o termo áas é moi expresivo).

FACHADA: Octástila, 8 columnas estriadas con basa (toro e escocia) e capitel composto (corintio con volutas xónicas). Sobre estos elementos sustentantes, o entablamento formado por arquitrabe e friso corridos sen decoración, e cornisa, que coroa un frontón triangular con timpano decorado en relevo; sen acrótera, nen antefixas.

CÚPULA: Varios tambores (o inferior liso e ciego prácticamente non visible, da paso a 2 tambores abiertos por luces con arcos de medio punto, aínda que só un rodeado por galería con peristilo de columnas xónicas; finalmente, a transición á cúpula propiamente dita, realizase a través dun anel reforzado por contrafortes. Ésta con nervios exteriores está alixerada por óculos ovalados e rematada nunha linterna cupuliforme con galería, que culmina cunha estatua femenina en representación da liberdade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: