nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for 31 enero 2010

Ficha biográfica- Luis López Ballesteros

Posted by noeliapc en 31 enero 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Luis Lópes Ballesteros

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

Wikipedia

IDENTIDADE.- Militar e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 21 de xuño de 1782 e faleceu en Marid o 13 de outubro de 1853.
ORIXE FAMILIAR.- A súa nai,ao igual que toda asúa famlia materna ere de Dodro (A Coruña).
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou leis na Universidade de Santiago de compostela.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Coa aocupación francesa de España, proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía o 8 de maio de 1808, iniciando a resistencia na zona ao exército napoleónico, primero levantamento en Galicia. Foi vocal da Xunta Superior de Galicia e, coa represión napoleónica,fuxiu nunha nave inglesaMinistro de Facenda durante a década ominosa conFernando VII. Foi director da Real  Academia da Historia e senador en tres ocasións: pola provincia de Pontevedra e pola de A Coruña e senador vitalicio en 1845.Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III.
IDEOLOXÍA.- O seu partido político era Liberais moderados.
PRODUCCION LITERARIA.-
Anuncios

Posted in Ficha biográfica | Etiquetado: | Leave a Comment »

Ficha biográfica- Joaquín Francisco Pacheco

Posted by noeliapc en 31 enero 2010

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOSNOME DO ACTOR.- Joaquín Francisco Pacheco
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICAFontes bibliográficase

recursos web.-

 Wikipedia

IDENTIDADE.-Foi un político, xurista e escritor esañol.
COORDENADAS VITAIS.-Naceu en Écija (Sevilla) en 1808 e morreu en Madrid en 1865.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou dereito na Universidade de Sevilla.
CURRICULUM PROFESIONAL.-Foi Presidente do Consello de Ministros en 1847 e Diputado por Córdoba (1837).Embaxador en París,colaborou en varios periódicos como El Artista, La Abeja y El Español. Deixou alguns traballos de Dereito.Coleccionou os seus artigos periodísticos baixo o título de Literatura, historia y política (1864), e as suas impresións de viaxe en Italia (1857).
IDEOLOXÍA.-
PRODUCCION LITERARIA.-Publicou poemas como “Meditación” e “A la amnistía”. Autor dramático, o seu nome vai ligado ao Alfredo (1835), drama romántico que se desarrolla na Sevilla medieval, moi eloxiado por José de Espronceda  e Juan Donoso Cortés,cheo de excesos e violencias, sobre os amores dun xoven pola súa madrastra. Como Don Álvaro, acaba nun suicidio e non faltan os elementos de fatalidad, destino e desvarío emocional. O tema conectase lonxemente con El castigo sin venganza de Lope de Vega. Escribiu tamén o drama histórico Los infantes de Lara (1836). É autor de Una Historia de la Regencia de María Cristina (1841).

Posted in Ficha biográfica | Etiquetado: | Leave a Comment »

2ª avaliación (1-02-2010)

Posted by noeliapc en 29 enero 2010

CONTROL DE XANEIRO (aviso a navegantes)

  • TEST DA ESPAÑA LIBERAL (AMPLIABLE Á GALICIA DO XIX)
  • TÁBOA COMPARATIVA DO CONSTITUCIONALISMO ESPAÑOL DO XIX
  • FICHA DA CONSTITUCIÓN DE 1812 (Ver “xacintario”, categoría “docs para A&C”

TRABALLOS DE PROACCIÓN: Fichas biográficas (Ver “xacintario”, categoría “ficha biográfica (2)”. Proposta: Baldomero López Ballesteros e Joaquín Francisco Pacheco).

O aprazamento da proba para o luns, supón incorporar o test sobre a I e II Revolución industrial.

Posted in Avisos a navegantes | Etiquetado: | Leave a Comment »

EUROPA NA 2ª METADE DO XIX: O IMPERIALISMO

Posted by noeliapc en 26 enero 2010

  1.- O colonialismo moderno dos ss.XVI-XVIII tiña unha vocación mercantilista, dirixida á procura de productos tropicais (alimentación e textil) e de metais preciosos, como manifestacións dunhas sociedades cada vez máis desenvolvidas e abertas. O término metrópole, sinónimo de centro de poder, reflicte relacións respecto das colonias: 1) de xerarquía e asimétricas; 2) de afinidade cultural; 3) de proximidade xeográfica.

 2.- A finais do s. XIX os países industrializados lanzáronse a unha expansión económica, que se concretou nunha expansión territorial, que deu lugar a unha auténtica carreira colonial. Este imperialismo foi resultado, a parte dos económicos, dunha conxugación de factores: 1) políticos e técnicos; 2) políticos e ideológicos; 3) todas e simultáneamente.

 3.- En efecto, o colonialismo contemporáneo, independentemente da súa continuidade co imperialismo mercantilista, ven determinado pola conxunción de factores económicos (programas de inversión en infraestructuras e de exportación dos excedentes de capital) e de factores políticos como: 1) políticas comerciais de ampliación dos mercados protexidos; 2) políticas de prestixio propios dunha potencia; 3) as dúas son válidas.

 4.- Nas motivacións imperialistas tamén xogaron o seu papel os factores demográficos, máis ou menos vinculados ás inestabilidades politico-sociais internas dos países europeos. Isto explica a temprana conquista francesa de Alxeria: 1) a finais do s.XVIII; 2) no 1º tercio do s.XIX; 3) no 2º tercio do mesmo século XIX.

 5.- A teoría seudocientífica da época reforzou a percepción de que os europeos eran non só materialmente superiores. Estas opinións conduciron a división da humanidade en razas atrasadas e desenvolvidas; é dicir, a xustificar ao imperialismo en motivacións: 1) de autosuperación das limitacións individuais; 2) da validez universal da civilización occidental; 3) as dous non son contradictorias.

6.- A finais do s.XIX a idea común dos dirixentes políticos europeos de que o status de potencia estaba condicionada pola extensión do seu imperio viña asociada a crencia : 1) nunha predestinación dos brancos como raza superior (racismo); 2) nunha misión histórica civilizadora (eurocentrismo); 3) as dous son válidas.

 7.- Nas colonias buscábanse materias primas para a industria, alimentos para a crecente poboación europea e novos mercados para os productos excedentes das metrópolis ou para exportar capitais na procura de altos beneficios que financiarán: 1) as infraestructuras; 2) as actividades da poboación nativa; 3) ao propio exército colonial.

8.- Na expansión colonialista europea o protagonismo dos actores metropolitanos quedou en moitos casos delegado en actores periféricos, que pola súa actuación in situ amosaron unha agresiva especulación imperialista. Un exemplo representativo é o da British South África de Cecil Rhodes quen estableceu as fronteiras de: 1) Zambia e Zimbabue; 2) Rhodesia do norte e do sur; 3) as dous son válidas.

 9.- Aparte das grandes sociedades de comercio colonial, os imperios servíronse dos seus oficiais colonialistas, conquistadores e governadores (C.Rhodes, governador de O Cabo) e éstes dos propios indíxenas como tropas auxiliares e dos caciques locais como eficaces colaboradores administrativos. O exemplo proposto polo Manual: 1) Stanley en nome da AIA; 2) Livingstone e o Comité da África francesa; 3) Sherpa Pinto e o Mapa Cor de Rosa.

 10.- Empresarios, administradores e enxeñeiros europeos trasladáronse a tódolos recunchos del planeta formando unha minoría dominadora que utilizaron ás elites locais como colaboradores, previa adopción da educación occidental. Co tempo, asimilando as ideas da política europea reclamaron: 1) a súa participación política na metrópole; 2) a independencia política das colonias; 3) a igualdade xurídico-política universal.

 11.- O dominio económico asegurábase mediante o control político. Algunhas áreas convertéronse en colonias, territorios gobernados directamente por funcionarios e soldados metropolitanos; outros eran protectorados nos que se mantiña un goberno local manexado pola potencia imperialista. Noutros casos, as potencias repartíronse territorios que teóricamente seguían independentes, dos que arrancaban privilegios comerciais e impoñían a extraterritorialidade xurídica. Segundo o Manual de texto, son as denominadas: 1) esferas de influencia; 2) áreas de influencia; 3) ámbitos de influencia.

 12.- Entre as potencias europeas a principios do s.XX, a máis poderosa era o Imperio británico. A súa mariña, a maior do mundo, controlaba os mares e Londres era o primeiro centro financieiro e comercial. Entre as numerosas colonias, algunhas poboadas por inmigrantes europeos autogobernábanse baixo a tutela diplomática e de seguridade da Gran Bretaña: Son: 1) os enclaves; 2) os dominios ; 3) os fideicomisos.

 13.- Como a expansión cara o W. quedara interrompida pola independencia do continente americano o imperialismo europeo representado fundamentalmente por Inglaterra e Francia centrouse en África onde estableceron dous liñas de colonización moi definidas: 1) de A a B e de C a D; 2) de Exipto a O Cabo e de Senegal a Somalia; 3) de Súez a O Cabo e de Arxel a Dakar.

 14.- A ampliación, con Bélxica, Alemaña e Italia, do número de actores imperialistas en África plantexa as primeiras tensións diplomáticas entre as potencias europeas, resoltas coa convocatoria:1) do Congreso de Berlín (1878); 2) da Conferencia de Berlín (1884-85); 3) dos Tratados de Versalles (1870 e 1919).

 15.- En efecto, para evitar conflictos entre as potencias celebrouse en 1885 a Conferencia de Berlín no que se pactaron as regras do xogo. Entre éstas: 1) preferencia para a ocupación do interior pola potencia que dominara a liña de litoral; 2) dominación do territorio real e non teórica, é decir, con administradores e soldados sobre o terreo; 3) as dous son válidas se se comunican os avances ao resto das potencias.

 16.- En quince anos trala Conferencia de Berlín, África consumou a súa parcelación. Mentras Gran Bretaña uni-lo sur e o norte do continente (O Cabo- O Cairo), outras potencias intentaron crear cintos de leste a oeste que unisen as súas colonias da costa atlántica e índica. Referímonos a: 1) Francia e Portugal; 2) Alemaña e España; 3) Bélxica e Italia.

 17.- O poder colonial de Gran Bretaña manifestouse con toda a representatividade política do evento coa coroación en 1876 da raiña Victoria como Emperatriz da India. O marco cronolóxico deste deste fenómeno histórico do imperialismo o sitúa o Manual entre:1) 1875 e 1895; 2 )1850-1914; 3) 1873 e 1898.

 18.- A apertura da Canle de Súez (Lessepps, 1869), ao acelerar a expansión colonialista cara ó continente asiático, convertirá ao mercado chinés nun novo escenario da competencia colonial e paralelo ao fenómeno migratorio trasatlántico reforza por 1ª vez na Historia a idea de globalización respecto :1) dun mercado único mundial; 2) dun pensamento único; 3) duns dereitos humanos.

 19.- O imperialismo, incluso nas súas manifestacións menos violentas como a penetración comercial, desencadeou como non podía ser doutro xeito as resistencias dos pobos sometidos. Máis que de conciencia nacional habería que falar de afirmación das propias idiosincrasias. Un exemplo paradigmático o foron: 1) as guerras do opio e dos boxers; 2) o Gran Motín Cipaio e o Madhismo; 2) as dous son correctas.

 20.- Á larga, as resistencias iniciais dos pobos sometidos evolucionarán en esforzos de modernización das súas estructuras políticas e económicas nun sentido occidental como medio de zafarse da propia prepotencia europea. O caso da revolución xaponesa Meiji é prototípico. Con menos éxito tamén foi a opción de:1) Marrocos; 2) Etiopía; 3) Turkía.

 21.- O proceso de dominación do mundo á custa dos intereses dos pobos colonizados estivo permanentemente acompañada de tensións e de estratexias de riscos calculados entre as potencias imperialistas, tanto máis graves canto os territorios susceptibles de colonialismo se ían reducindo. Un exemplo, foi a crise de Fashoda entre:1) Francia e Alemaña; 2)Francia e Inglaterra; 3) Inglaterra e Alemaña.

22.- Fronte ós programas imperialistas de Francia e Inglaterra que buscaban a continuidade territorial das súas posesións coloniais, Alemaña, que chegara tarde ós repartos do continente africano, só puido aspirar a ocupar valeiros. As máis importantes colonias alemanas foron: 1) Camerún e Tanganika; 2) Togo e Madagascar; 3) Namibia e Liberia.

 23.- O imperio colonial portugués estivo sempre ameazado polas pretensións inglesas e alemanas. O “mapa cor rosa” de Sherpa Pinto tampouco chegou a ser unha realidade, sen embargo e malia a percepción popular portuguesa, o imperio luso conservaría: 1) Guinea-Bissau e as Illas de Cabo Verde; 2) Angola e Mozambique; 3) as dous son correctas.

 24.- A mediados do s.XIX España iniciou unha política de expansión por razóns de prestixio animada por Francia. Sen estratexias definidas poden cualificarse de simples aventuras. Os destiños destas iniciativas imperialistas foron: 1) México e Illas do Pacífico; 2) Marrocos e Cochinchina; 3) Marrocos e Guinea.

 25.- A intervención española sen aparentes motivacións económicas no Sultanato de Marrocos, culminou na Batalla de Tetuán (1860), moi custosa en perdas humanas e moi limitada en beneficios territoriais. Aparte da cidade de Tetuán, significou a incorporación de: 1) Sahara; 2) Ifni; 3) Larache.

 26.- A febre colonial europea contaxiouse a España na primeira década do s.XX. Ós intereses estratéxicos polo control do Estreito de Xibraltar, engadíronse ós económicos (explotacións mineiras). Dacordo con Francia a zona que correspondeu ós españois era unha rexión montañosa e descoñecida: 1) O Rif; 2) Ketama; 3) As Kábilas.

 27.- A consolidación do Protectorado español en Marrocos, creado en 1912, non foi nada fácil. As resistencias lideradas por Abd.el-Krim culminaron na derrota de Annual (1920). Houbo que esperar para “pacificar” o territorio: 1) á conquista de Tánxer; 2) ó Desembarco de Alhucemas; 3) á caída da Dictadura de Primo de Rivera.

 28.- Malia a presencia española na illa de Fernando Póo dende o s.XVIII, ésta non tivo repercusión no continente ata principios do s.XX (enclave de Guinea Ecuatorial –Río Muni, 1904). A ocupación tivo lugar: 1) por compra ós xefes locais; 2) por expedición militar con aliados; 3) por cesión internacional.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | Leave a Comment »

TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E MOVEMENTO OBREIRO NO S.XIX

Posted by noeliapc en 26 enero 2010

1.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de competencia perfecta, pasaban por un endurecemento do traballo tradicional no campo ou nas corporacións gremiais a través :1) de xornadas semanais só con descanso dominical e de 14 horas diarias; 2) dunha disciplina de traballo colectivo propia do sistema fabril; 3) as dous son complementarias.  

 2.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de libre competencia de numerosas e pequenas empresas, pasaban pola reducción dos custos de producción, non das inversións en máquinas, senón dos salarios, a prol dun exceso de oferta de traballo asociado: 1)a emigrantes e parados; 2)mulleres e menores de idade; 3) as dúas son válidas.  

 3.- Á chamada “cuestión social”, ou extensión dos traballadores con precarios medios de subsistencia e sen cobertura social algunha, tivo como resposta o desenvolvemento de diversas iniciativas novidosas de carácter asociativo como o sindicalismo, que aspiraba: 1) á negociación reinvindicativa e as mutualidades; 2) ó desorden e á provocación a través do luddismo (destrucción de máquinas) e da folga revolucionaria; 3)as dous son correctas.  

 4.- A conciencia do carácter explotador do novo modo de producción capitalista é a aportación ao pensamento socialista dun grupo de escritores cualificados polos ideólogos marxistas como utópicos: 1) por antihumanistas e autoritarios; 2) por acientíficos e falta de sentido práctico;  3) nengunha das dous é acertada. 

 5.- Entre os supostos “utópicos” socialistas salientan dous teóricos do sindicalismo dos traballadores en xeral, xa que logo opostos ao corporativismo dos traballadores “cualificados”, Owen e Proudhon; éstos, son representantes respectivamente do: 1) comunismo e dos falansterios; 2) cooperativismo e do federalismo obreiro; 3) socialismo político e do liberal.  

 6.- Karl Marx (1818-1883) e Engels (1820-1895), membros da Liga dos Comunistas, organización revolucionaria que tiña como obxetivo a abolición da propiedade privada redactaron no ano 1848 un opúsculo obrerista: 1 ) un caderno de queixas dos traballadores industriais; 2) un informe sobre a organización mundial do proletariado; 3) un manifesto comunista ou proclama política obreira.  

 7.- As primeiras formas de organización colectiva no marco da R.I. déronse no contexto das guerras napoleónicas. A partir de 1825, en Inglaterra, coa abolición das leis antiasociativas medran as Trade-Unións (sindicalismo de oficio) que se federan en 1834 nunha Grande Unión de Traballadores. Esta evolución reflicte un movemento obreiro de vocación: 1) rupturista e radical; 2) reformista; 3) revolucionario.  

 8.- A consolidación do movemento sindical inglés posibilitou un movemento político que intenta a ampliación dos dereitos de voto aos non propietarios para acadar os cambios na lexislación laboral. Tal proxecto que desembocaría co tempo na constitución do Labour Party coñécese como: 1) laborismo; 2) cartismo; 3) posibilismo.  

 9.- Xunto ós sindicatos reformistas non faltaron en Europa e nos EEUU os que adouptaron posicións revolucionarias e que tiñan como arma básica da súa loita reinvindicativa: 1) o absentismo laboral; 2) o “lock out” ou peche da fábrica; 3) a folga xeral.  

 10.- En 1864 fúndase a Asociación Internacional de Traballadores (AIT) co obxetivo de informar e coordinar ás distintas seccións nacionais membros e coa aspiración última da emancipación da clase obreira. A represión legal desta organización intensificouse a raíz: 1) da guerra franco-prusiana de 1870 e da Comuna de París (1871); 2) da aceleración democrática de 1868; 3) da crise económica de 1873 e das migracións as que deu lugar.  

 11.- Ás presións externas que experiementou a I Internacional, súmanse os enfrontamentos internos entre marxistas e anarquistas polas funcións do Consello Xeral, que levarían a súa disolución en 1876. As sedes de d ito órgano central foron:1) Londres e Nova York; 2) París e Filadelfia; 3) Londres e A Haia.  

 12.- Autodenomínase “socialismo científico” ó pensamento de Marx no que refire á súa crítica ó modo de producción capitalista. Dito socialismo forma parte dunha interpretación da Historia baseada na dialéctica entre factores e relacións de producción. Nunha interpretación máis humanista, na loita de clases entre: 1) propietarios de medios de producción e forza de traballo; 2) burguesía e proletariado; 3) as dous son válidas.  

 13.- No concepto de loita de clases como motor da Historia a fase final está representada pola derrota da burguesía e o establecemento dunha dictadura do proletariado como fórmula política da nova sociedade socialista. O final da Historia o constitue, sen embargo, o comunismo, é dicir: 1) unha sociedade non clasista; 2) sen governo; 3) as dous son válidas.

 14.- No concepto dialéctico da Historia entre relacións sociais estáticas e forzas productivas dinámicas, a revolución escapa das posibilidades do voluntarismo limitándose o activismo obreiro á procura de melloras políticas e laborais democráticas dende os partidos autodenominados: 1) socialdemócratas; 2 )socialistas; 3) comunistas.  

 15.- Os anarquistas diferían dos marxistas polo feito de rexeitaren a autoridade (Estado, Igrexa, partidos, líderes, etc). Nas derradeiras décadas do s.XIX dentro da tendencia anarquista existían varias tendencias: 1) anarcosindicalistas e anarcocomunistas; 2) maxisterio libertario e terrorismo de propaganda polo feito; 3) as dous son correctas.  

 16.- Algúns pensadores libertarios influiron poderosamente no movemento obreiro. Entre eles, os rusos Bakunin e Kropotkin, os españois Urales e Mella e o italiano Malatesta: Para este último, autor de folletos como “No café” e “Entre campesiños”, a Anarquía é sinónimo de: 1) dun pacto libre entre iguais e dun sen governo dirixido ó benestar de todos; 2) dunha sociedade de amigos; 3) as dous son correctas.  

 17.- O atraso na industrialización española explica que os movementos de asociación e loita obreira aparecesen con certo retraso respecto de europa, arredor da revolución de 1868 que puxo fin ó reinado de Isabel II. O Congreso da Federación Rexional Española (Barcelona, 1870) evidencia unha maior influencia no obrerismo peninsular do : 1) anarquismo; 2) marxismo; 3) nengunha das dúas.  

 18.- Intentos revolucionarios nun periodo de tanta inestabilidade política como o da I República levaron a ésta a proclamar a inconstitucionalidade da Internacional. A represión continuaría na Monarquía Restaurada ata a chegada do Governo de Sagasta en 1881 cunha lexislación de asociación máis permisiva que favoreceu a aparición da: 1) FTRE; 2) FETE; 3) FRE da I Internacional.  

 19.- O movemento obreiro español defendeu maioritariamente unha posición moderada en canto á colectivización, que non se lle tivo en conta guvernamentalmente cando apareceron grupos extremistas como a Man Negra, que dirixía a súa propaganda: 1) ó campesiñado andaluz; 2) ó proletariado vasco; 3) ós sectores populares en xeral.  

 20.- A escalada terrorista de afirmación anarquista de finais do s.XIX, autoxustificado na dura represión e na falta de libertades públicas, culminou en 1897 co magnicidio de Antonio Cánovas, Primeiro Ministro de: 1) Alfonso XII; 2) da Rexente Mª Cristina; 3) Alfonso XIII.

 

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | 1 Comment »

2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, URBANIZACIÓN E NOVAS FORMAS DE CULTURA

Posted by noeliapc en 26 enero 2010

 1.- Os cambios tecnolóxicos, caracterizados pola diversificación de sectores industriais e a aparición de novos materiais son coñecidos historiográfica-mente como II Revolución Industrial, situámolos entre:1)1870-1890; 2) 1860-1914; 3) 1860-1945.

 2.- Paralelamente ó desenvolvemento tecnolóxico constátanse cambios cualitativos no modo de producción que definen unha fase monopolista do capitalismo, caracterizada: 1) pola concentración empresarial; 2) pola concentración técnica e financieira; 3) as dúas alternativas refiren ó mesmo fenómeno.

 3.- O motor do capitalismo é o beneficio empresarial. A súa obtención pasa non só polo aumento dunha productividade de tipo técnico, senón tamén por unha intensificación racional ou científica do traballo, que coñecida como “taylorismo ten unha manifestación concreta: 1) na cadea de montaxe; 2) no traballo a tempo parcial; 3) na deshumanización ou mecanización do traballo.

 4.- Igualmente, corresponde ó marco histórico da II R.I. a extensión xeográfica do capitalismo co desenvolvemento dunha fase imperialista, caracterizada pola búsqueda de nuevos espacios e mercados protexidos, e a aparición de novas potencias industriais. Entre éstas: 1) Alemaña e Xapón; 2) Gran Bretaña e EEUU); 3) Francia e Rusia.

 5.- Se a Historia dos EEUU no oitocentos é a conquista do Far West e consecuentemente do tren, a Revolución Meiji é o arranque da historia contemporánea de:1) México; 2) Xapón; 3) Exipto.

 6.- A mentalidade do home no 3 1/3 do s.XIX céntrase na capacidade de transformación do mundo a través do progreso científico, o que se reflicte en correntes de pensamento: 1) materialistas e positivistas; 2) idealistas e evolucionistas; 3) progresistas e conservacionistas.

 7.- A existencia humana cambiou radicalmente facéndose materialmente máis fácil como resultado dunhas innovacións técnicas que afectaron a tódolos aspectos da civilización (vida cotiá, comunicación e transporte ou saúde). Cál destas secuencias te parece máis acertada:1) coca-cola, cine e aspirina; 2) lampada eléctrica, teléfono e raios X; 3) máquina de coser, radio e xiringa hipodérmica.

 8.- Thomas A. Edison, membro dunha familia de emigrantes é a personalidade autodidacta que mellor encarna ó innovador técnico deste periodo, por mor da fama que lle reportou a invención:1) do cine e do fonógrafo; 2) da lámpada eléctrica incandescente e do paraios; 3) as dúas son respostas válidas.

 9.- Para amosaren ó mundo as marabillas creadas pola técnica e co obxetivo de intercambiar ideas xorden as exposicións universais. Entre éstas salienta a celebrada en París no ano:1) 1879; 2) 1889; 3) 1899.

 10.- As inovacións técnicas e científicas están asociadas a unha potenciación das universidades, do mesmo xeito que a difusión da prensa nos sectores populares o está coa: 1) aparición da máquina de escribir; 2) da rotativa para imprimir; 3) xeneralización do ensino primario.

 11.- Os rañaceos como novo tipo de edificación que mudará o aspecto das cidades é unha consecuencia por unha parte da intensificación do éxodo rural e incluso da emigración trasatlántica e por outra das novas innovacións técnicas. Entre éstas últimas está: 1) o ascensor e o pararaios; 2) o ferro e o cemento; 3)nengunha das alternativas é correcta.

 12.- A revolución nas artes visuais chámase impresionismo. Caracterízase pola representacións de esceas da vida cotiá con especial atención pola captación de atmósferas e luces, xunto ó recurso a unha técnica: 1) abocetada e de cores primarios; 2) de contornos precisos e pinceladas soltas; 3) de dintornos e cores cálidos.

 13.- Camille Claudel e Auguste Rodin puxeron en boa medida as bases da escultura contemporánea. O seu estilo ben determinado:1)por unha temática de pasión amorosa e erotismo; 2) por un carácter de obra sen rematar ou “non finito”; 3)As dúa son correctas.

 14.- Na cativa participación española á ciencia e á técnica finisecular do s.XIX, denunciada por contemporáneos como Marcelino Menéndez Pelayo, cabe salientar a figura de Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel en 1906 pola súa contribución á Mediciña e á: 1) Neumoloxía; 2) Fisioloxía; 3) Hematoloxía.

 15.- O estilo arquitectónico máis orixinal do final do s.XIX foi o Modernismo. En España, este movemento estético que tivo especial predicamento na burguesía catalana, está encabezado por Antonio Gaudí. Entre os seus trazos destaca pola: 1) sobriedade decorativa; 2) renovación das ordes clásica; 3) dinamismo das formas.

 16.- Na pintura española de fin de século XIX, a ruptura coa pintura tradicional academicista esta representada polos “impresionistas” Darío Regoyos e Xoaquín Sorolla. Na Barcelona bohemia, habituais de “Quatre Gats” son: 1) Casas e Rusiñol; 2) Nonell e Hugué; 3) Miró e Dalí.

  17.- Na plástica galega, o esforzo de adaptación á estética dos novos tempos de preocupación pola luz e interese polo paisaxe, está exemplificado por un grupo de pintores que desaparecidos tempranamente son coñecidos como a “xeneración dorida” e da que forma parte:1) Ovidio Murguía; 2) Xenaro Péz Villaamil; 3) Suso Vaamonde.

 18.- O desenvolvemento urbano asociado á revolución industrial modificará a morfoloxía das antigas cidades precapitalistas con proxectos de ampliación que teñen como manifestación moi expresiva a construcción de “bulevares”, é dicir:1) ensanches radiais; 2) avenidas con paseo central arbolado; 3) multiusos con cafetería.

 19.- Outros proxectos urbanísticos afectaron máis á estructura da zonificación das funcións residenciais, administrativa e industriais. Os ensanches con su característico trazado en cuadrícula reflicte o pragmatismo racionalista da burguesía. En España o de Barcelona é un prototipo do que é autor: 1) Antonio Palacios; 2) Arturo Soria; 3) Ildefonso Cerdá.

 20.- A transformación das cidades no s.XIX implicou xunto ás reformas da trama urbana a construcción de novos tipos arquitectónicos como teatros, estacións, bibliotecas ou centro de ensino. En Galicia un nome propio é: 1) Faustino Domínguez Coumes-Gay; 2) Faustino Santalices; 3) Avelino Abilleira.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | 1 Comment »

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E CAPITALISMO

Posted by noeliapc en 26 enero 2010

 1.- As orixes da R.I. na Gran Bretaña de mediados do s.XVIII vincúlanse con: 1)novas fontes de enerxía; 2) artiluxios mecánicos; 3) compañías comerciais de Indias.

 2.- Os inicios da R.I. en Europa caracterizáronse por unhas áreas e unidades productivas dispersas, se exceptuamos algunhas manufacturas importantes. Cronolóxicamente esta primera fase situarímo-la :1) na 2ª metade do setecentos; 2) na 1ª metade do s.XIX; 3) na 1ª metade do novecentos.

3.- A aplicación ós procesos de producción industrial de máquinas de grande rendemento, como a máquina de vapor de Watt, aumentaron a productividade. Cando falamos de rendementos neste contexto de mecanización referímonos :1) a aforro de enerxía; 2) a mellora de beneficios; 3) as duas alternativas son correctas.

 4.- O desenvolvemento industrial precisaba de condicións previas como a abondancia de man de obra, de excedentes de capital e dun novo concepto de propiedade, privada e libre. O novo modo de producir coñécese como: 1) capitalismo de Estado; 2) liberalismo económico; 3) de ningunha das citadas maneiras.

 5.- O longo camiño cara á mecanización se experimentou nas industrias textil e siderúrxica. Dous dos máis importantes innovadores foron :1) Monturiol e Peral; 2) Papen e Newcomen; 3) Cartwright e Cort.

 6.- A calidade de vida na nova sociedade veu da mán non só dos avances técnicos na producción, senón tamén dos progresos científicos, como a electricidade, e médicos como: 1) as primeiras vacinas; 2) as primeiras anestesias; 3) as primeiras escolas de mediciña.

 7.- O liderazgo británico como potencia industrial descansaba inicialmente sobre as manufacturas textís :1) de lino e seda; 2) de lá; 3) de algodón.

 8.- A partir de mediados do XIX a industrialización europea identifícase con siderurxia, especialmente trala producción masiva de aceiro gracias: 1) o convertedor de Bessemer; 2) o convertedor de Volta; 3 o convertedor de Ampere.

 9.- Tralas guerras napoleónicas, o “modelo inglés” extendeuse por Europa, ata convertila na “fábrica do mundo. No s.XIX só hai dous excepcións non europeas : 1) EEUU e Xapón; 2) Canadá e Australia; 3) non hai industrialización fora de Europa.

 10.- Outro sector con revolución tecnolóxica foi o transporte terrestre coa aplicación da máquina de vapor. Aparte das vantaxes para os intercambios das novas comunicacións, o ferrocarril: 1) fomenta o investimento de capitais no tendido ferroviario; 2) a producción e a productividade siderúrxica; 3) As duas alternativas son correctas.

 11.- A nova sociedade resultante das transformacións económicas do s. XIX caracterízase por unha “revolución demográfica” a favor do descenso da tasa de mortaldade (20%0). O crecemento demográfico situábase na Europa de 1914: 1) nos 450 millóns de `persoas; 2) nos 250 millóns; 3) nos 850 millóns.

 12.- O s. XIX é o “século de ouro” da burguesía, a nova clase dominante, non identificable sen máis coas clases medias, das que se diferencia: 1) pola súa actividade comercial e financieira; 2) pola vinculación co poder político; 3) sen dúbida, as duas son correctas.

 13.- Nunha fase máis avanzada da R.I. as empresas familiares pasaron a ser sociedades anónimas ou a sociedades por accións. As razóns e vantaxes das novas formas empresariais están en : 1) financiar as grandes fábricas; 2) concentrar os riscos de inversión; 3) nengunha é válida.

 14.- As dificultades do desenvolvemento industrial en España están asociados a atrasos no sistema de comunicacións e a unha falta de demanda interna, que non compensaron os esforzos de renovación como as Reais Fábricas ou: 1) a liberalización do comercio con América ;2) a apertura do comercio coa Francia dos Borbóns ; 3) a creación de bancos nacionais.

 15.- Á falta dun mercado en España con capacidade para absorber unha producción industrial, a artesanía repartíase os distintos mercados locais. Entre as produccións rexionais salienta: 1) a lá castellana e a seda catalana; 2) o sector metalúrxico na periferia (Cantabria, Navarra e Málaga); 3) a cerámica e a ebanistería valenciana.

 16.- A industrialización catalana con todas as limitacións do restrinxido mercado español articulouse arredor do sector textil, gracias á man de obra e aos capitais procedentes da agricultura e das exportacións a América. A especialidade do sector foi: 1) a fabricación de “indianas ; 2) tecidos de lá estampados; 3) tecidos de algodón a raias.

 17.- Entre os teóricos do novo pensamento económico están os nomes de Adam Smith e de David Ricardo. O primeiro é autor de : 1) ”Sobre a riqueza das nacións ; 2) ”Sobre o equilibrio da oferta e da demanda”; 3) ”Sobre o máximo beneficio a o pleno emprego”.

 18.- A localización dos núcleos industriais estivo condicionada ás posibilidades do transporte, é dicir, á accesibilidade das materias primas e dos mercados. Así, mentras os establecementos textís procuran a proximidade das cidades, os siderúrxicos: 1 ) os saltos de auga; 2) as concas hulleiras; 3) ás zonas rurais.

 19.- Ante a nova sociedade industrial emerxente os novelistas actuaron como testemuñas e cronistas dos cambios de vida e das relacións sociais que estaban a producir a burguesía como clase dominante. Entre os escritores franceses poderíanse citar: 1) Grandet e Tabernet; 2) Lavoisier e Jenner ; 3) Balzac e Zola.

 20.- Malia as limitacións citadas no item 14, España non foi unha excepción na industrialización de Europa e incluso houbo zonas nas que a súa introducción foi precoz. Dous exemplos destas iniciativas públicas e privadas foron: 1) Orbaiceta e Novo Baztán; 2) Sargadelos e Ribacaldo; 3) Villafranca del Bierzo e Villanueva de Alcorán.

Posted in Historia Moderna e Contemporánea, Tests | Etiquetado: | 1 Comment »

Reseñas biográficas de actores políticos españois do s.XIX

Posted by noeliapc en 26 enero 2010

RELACION DE PERSOEIROS POLÍTICOS. REXIMEN LIBERAL DO S.XIX

  • ALONSO MARTÍNEZ, MANUEL
  • ÁLVAREZ MÉNDEZ /MENDIZÁBAL, JUAN DE DIOS
  • AZCÁRRAGA PALMERO, MARCELO
  • BALMES I URPIÁ, JAIME
  • BRAVO MURILLO, JUAN
  • DE BURGOS I DEL OLMO, JAVIER
  • CALATRAVA Y MARTÍNEZ, JOSÉ MARÍA
  • CANALEJAS MENDEZ, JOSÉ
  • CÁNOVAS DEL CASTILLO, ANTONIO
  • CEA BERMÚDEZ, FRANCISCO
  • COSTA MARTÍNEZ, JOAQUÍN
  • DATO IRADIER, EDUARDO
  • FERNÁNDEZ ESPARTERO,BALDOMERO
  • FIGUEROA ÁLVARO, (CONDE ROMANONES)
  • GARCÍA PRIETO, MANUEL
  • GONZÁLEZ BRAVO, LUIS
  • GONZÁLEZ E GONZÁLEZ ANTONIO
  • HEREIDA Y BEGINES DE LOS RÍOS, NARCISO (CONDE DE OFALIA)
  • IGLESIAS POSSE, PABLO
  • JAVIER DE ISTÚRIZ, FRANCISCO
  • MARTÍNEZ CAMPOS, ARSENIO
  • MARTÍNEZ DE LA ROSA, FRANCISCO
  • MAURA Y MONTANER, ANTONIO
  • MON Y MENÉNDEZ, ALEJANDRO
  • PANDO DE LA PINEDA, MANUEL (MARQUÉS MIRAFLORES)
  • MONTERO RÍOS, EUGENIO
  • NARVÁEZ Y CAMPOS, RAMÓN MARÍA
  • O’DONNELL Y JORRÍAS, LEOPOLDO
  • PÉREZ DE CASTRO, EVARISTO
  • POSADA HERRERA, JOSÉ
  • PRIM Y PRATS, JUAN
  • DE LOS RÍOS ROSAS, ANTONIO
  • MARÍA RIVERO NICOLÁS
  • RODIL JOSÉ RAMÓN
  • RUIZ ZORRILLA MANUEL
  • MATEO SAGASTA PRÁXEDES
  • SARTORIUS, LUIS JOSÉ
  • SERRANO Y DOMÍNGUEZ, FRANCISCO
  • SILVELA Y DE LE VIELLEUZE, FRANCISCO
  • TOPETE Y CARBALLO, JUAN BAUTISTA

Posted in Ficha biográfica | Etiquetado: | Leave a Comment »

Ficha biográfica- Manuel Godoy

Posted by noeliapc en 25 enero 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAJES HISTÓRICOS NOMBRE DEL ACTOR.- MANUEL GODOY
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA  Fuentes bibliográficas y

recursos web.-

Wikipedia

IDENTIDAD.- 

Hidalgo, político español ennobrecido y favorito real. Primer Ministro o Ministro Universal durante el reinado de Carlos IV y reconocido como Príncipe de la Paz por sud grandes dotes para negociar. Fue Duque de Alcudia y de Sueca.

COORDENADAS VITALES.-

Nació en Badajoz ,España el 12 de mayo de 1767 y falleció en París el 4 de octubre de 1851.

ORIGEN FAMILIAR.-

Sus padres fueron José de Godoy, cuya familia procedía de Castuera, y doña María Antonia Álvarez de Faria, de origen portuguesa. Ambos eran de la nobleza, pero de hacienda mediana y en su mayor parte heredada.José de Godoy, coronel del exército, se preocupó cuanto pudo de la instrución de sus hijos en el aspecto intelectual y en la educación física, por medio de la práctica de la equitación o la esgrima ; indispensable para que pudiesen seguir con éxito la carrera militar. 

ESTUDIOS Y FORMACIÓN.- 

Después de acabar los estudios elementales, Godoy adquirió conocimientos de matemáticas, humanidades y filosofía.Estudió francés e italiano con los hermanos Joubert, a los que manifestaba deber mucho, así como a su confesor.

CURRICULUM PROFESIONAL.-

En 1784 llegó a la Corte de Madrid y fue admitido por Carlos III en la Guardia de Corps.El 15 de noviembre de 1792, ocho años después de su ingreso, Manuel Godoy fue elevado al cargo de Primer Ministro o Ministro Universal, por el nuevo soberano Carlos IV.

 Ya en este cargo, el 25 de mayo de 1793, Godoy firmó en Aranjuez el convenio provisional de alianza defensiva contra Gran Bretaña con los títulos de duque de Alcudia, grande de España y de primera clase, regidor perpetuo de la ciudad de Santiago de Compostela, caballero del Toisón de Oro, gran Cruz de la Orden de Carlos III, comendador de Valencia del Ventoso y de Aceuchal en 1796 y 1793 respectivamente, consejero de Estado, primer secretario, secretario de la reina, superintendente general de Correos y Caminos, gentilhombre de cámara con ejercicio, capitán general de los Reales Ejércitos, inspector y sargento mayor del Real Cuerpo de Guardia de Corps.

 Tras algunos intentos inútiles de detener la ejecución deLuis XVI (1793), Godoy provocó el conflicto para castigar el magnicidio, y la Convención abrió las hostilidades. La Guerra de la Convención fue en un principio favorable para España.

 Mas tarde  Godoy olvidó la enemistad con Francia y se alió con ella mediante el primer tratado de San Ildefonso el 18 de agosto de 1796.

 En la caída de Godoy habían intervenido algunos ministros que él había incorporado a su Consejo para conferirle cierto tono liberal, así lo hicieron Saavedra y Jovellanos los cuales quedaron como hombres fuertes de los destinos del país, pero no tardaron en ser relevados por motivos de salud.

 En 1801, Godoy se desembarazó de sus rivales y, aunque el cargo de primer secretario lo ocupó su primo político Pedro Cevallos, volvió a ser de nuevo la figura preeminente del gobierno.

 En 1832, Luis Felipe de Orleans le concedió una modesta pensión, con la que pudo dedicarse a escribir sus Memorias, traducidas al francés por el coronel Esménard y publicadas en París entre 1836 y 1838 y luego en Madrid en versión española.

IDEOLOGÍA.-

 Presenta una ideología revolucionaria.Redujo los monopolios gremiales, apoyó la ley agraria, suprimió algunos impuestos, liberalizó los precios de las manufacturas e incluso en 1797 reunió un gobierno integrado por lo más granado de la Ilustración española, la mayoría del cual ya había desempeñado puestos relevantes con Carlos III.

 PRODUCCIÓN LITERARIA.-

Escribió sus Memorias (gracias a Luis Felipe de Orleans que en 1832 le concedió una modesta pensión) que más tarde se tradujeron al francés por el coronel Esménard y se publicaron en París entre 1836 y 1838 y luego en Madrid en versión española.

Posted in Ficha biográfica | Etiquetado: | Leave a Comment »

Constitucionalismo decimonónico español

Posted by noeliapc en 19 enero 2010

A Constitución de 1812

A Constitución de 1812 é un dos documentos políticos máis importantes da historia española do século XIX. É a primeira Constitución liberal que tivo o país e a base do constitucionalismo posterior, e supuxo un gran labor lexislativo. A súa influencia traspasou as fronteiras e serviu de modelo para a mayor parte das revolucións americanas, e incluso foi imitada polas revolucións liberais europeas dos anos trinta e corenta.

Art. 2, A Nación española é libre e independiente, e non é nin pode ser patrimonio de ningunha familia ou persoa.

Art. 3, A soberanía reside esencialmente na Nación, e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de establece-las súas leis fundamentais.

Art. 14, O goberno da Nación española é unha monarquía moderada hereditaria.

Art. 15, A potestade de face-las leis reside nas Cortes co Rei.

O constitucionalismo decimonónico español

Os seguintes documentos ilustran sobre as institucións e/ou persoas que son depositarias da soberanía segundo catro constitucións da España do século XIX. Na túa exposición, trata de diferenciar os distintos tipos de soberanía que estes ordenamentos constitucionais implican (soberanía nacional, soberanía compartida, soberanía popular). En todo caso, debes contextualizar os documentos na súa época en relación cos réximes políticos que orixinan ou reflicten, marcando as diferencias esenciais entre eles.

Doc.1.-A Constitución de 1837:

“Sendo a vontade da nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz o dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes Xerais congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Doc.2.-A Constitución de 1845:

“Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas (…), sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado (…), modificando ao efecto a Constitución promulgada o 18 de xuño de 1837, viñemos, en unión e de acordo coas Cortes actualmente reunidas, en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Doc.3.-A Constitución de 1869:

“A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a xustiza, a liberdade, a seguridade (…), decretan e sancionan a seguinte Constitución”.

Doc.4.-A Constitución de 1876:

“Don Alfonso XII, pola gracia de Deus Rei constitucional de España (…), sabede: que en unión e de acordo coas Cortes do Reino actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »