nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

A ESPAÑA LIBERAL.

Posted by noeliapc en 12 enero 2010

A FIN DO ANTIGO REXIME.

 

O reinado de Carlos IV.

1.- Durante o reinado de Carlos IV e trala paz coa Francia revolucionaria renovouse a tradicional alianza franco española dos Borbóns coñecida historiograficamente como : 1) Pactos de familia; 2) Entente Cordial; 3) Alianza dos Pirineos.

2.- A política exterior española de sometemento aos intereses de Napoleón (belixerancia con Gran Bretaña e os seus aliados) foi causa da ruina da flota de guerra (Trafalgar, 1805) e do malestar pola política do Goberno, personificado en :1) Floridablanca; 2) Aranda; 3) Godoy.

3.- O Motín de Aranjuez (1808) e abdicación de Carlos IV en pro de Fernando VII foi a ocasión aproveitada por Napoleón para invadir o territorio español e poñer no trono ao seu irmán como Xosé I. Impedirono, asumindo revolucionariamente a soberanía nacional cun levantamento armado, os que sendo súbditos pasaron a ser: 1) patriotas; 2) nacionalistas; 3) cidadáns.

A guerra de Independencia.

4.- A transcendencia da batalla de Bailén (1808) foi meramente simbólica e propagandística, como determinante o apoio do exército inglés e dos portugueses. A desaparición tralas campañas de 1809 e 1810 do exército regular español deu lugar a aparición : 1) do terrorismo; 2) da resistencia; 3) da guerrilla.

As Cortes de Cádiz.

5.- A ofensiva de Napoleón obrigou a disolver a Xunta Suprerma Central que coordinaba as Xuntas de defensa, mais antes de facelo convocou Cortes constituintes, inaguradas en 1910 na cidade de Cádiz. Entre a súa producción lexislativa salienta a abolición do Antigo Réxime, é dicir, a supresión: 1) da servidume; 2) das corporacións gremiais; 3) as dous son correctas.

6.- A Constitución liberal de 1812, a Constitución da Pepa, é a culminación da obra lexisladora das Cortes de Cádiz. O seu carácter liberal é polo tanto anti-absolutista manifestase no recoñecemento dos principios da soberanía nacional e da: 1) colaboración dos poderes; 2) separación de poderes; 3) concentración dos poderes.

O REINADO DE FERNANDO VII.

 

A restauración do absolutismo e o Trienio Liberal (1813-23).

7.- O regreso de Fernando VII, ”O Desexado” o foi tamén da restauración do absolutismo, inicialmente sen resistencias; sen embargo, a incapacidade das antigas institucións na solución dos problemas favorecerá os pronunciamentos militares que se suceden ao largo do Sexenio absolutista ata o triunfo de Riego en 1820, inagurando: 1) Un trienio liberal; 2) unha dictadura militar; 3) un cambio dinástico.

A década Ominosa (1823-33).

8.- Durante a denominada “Década Ominosa” (1823-1833) Fernando VII, que non tiña unha opinión antiliberal definida fora do rexeitamento do anticlericalismo, atopou sectarismos no campo absolutista, aglutinados arredor do seu irmán Carlos Isidro. Para asegura-la Coroa a súa filla Fernando VII aboliu a : 1) Pragmática Sanción; 2) Lei Sálica; 3) Lei de Sucesión.

A emancipación da América española.

9.- As causas da emancipación de América son diversas: a difusión do pensamento ilustrado, a independencia das colonias inglesas, o ideal dunha independencia económica, e a escaseza das tropas españolas no territorio americano (cfr., pronunciamento de Riego). A rebelión tivo dous focos principais de gran peso crioulo: 1) as Capitanías de Chile e Guatemala; 2) os virreinatos de Río da Prata e de Nova Granada; 3) os virreinatos de Perú e de Nova España.

O REINADO DE ISABEL II.

 

Moderados e progresistas.

10.- Isabel II subiu ao trono en 1833, baixo a rexencia da súa nai Mª Cristina, co apoio dos moderados, burgueses e nobles contrarios á participación política das clases populares. A alianza da Coroa cos moderados reflectiuse no Estatuto Real de 1834 (prerrogativas reais e sufraxio moi restrinxido), lei fundamental do Estado con rango de: 1) Constitución; 2) Carta Outorgada; 3) Decreto lei.

Os progresistas no poder.

11.- Os progresistas eran liberais (sectores urbanos) partidarios da modernización social e económica. En 1835 chegou ao poder Mendizábal, quen puxo en marcha unha desamortización (expropiación e poxa de bens) que completarían (20 anos despois) Espartero e Madoz. O seu éxito foi parcial. Entre os obxetivos:1) salda-las débedas da Coroa (cfr., guerra carlista) e investir na modernización do país; 2) reduci-lo poder da Igrexa e crear unha clientela política liberal no rural; 3) as dous son correctas.

A guerra carlista.

Os moderados no poder.

12.- Coa maioría de idade de Isabel II (1843-1868) o liberalismo moderado afianzouse gracias á Constitución de 1845 (prerrogativas reais e sufraxio censitario). Xunto ao grupo social hexemónico da burguesía, o máis numeroso seguiu a ser: 1) o proletariado; 2) o campesiñado; 3) a clase media.

O SEXENIO REVOLUCIONARIO.

 

A Revolución Gloriosa.

13.-Cara a 1860 o sistema político moderado non era capaz de soluciona-los problemas da sociedade española. Xunto ao liberalismo progresista, apareceron novas ideas arredor do sufraxio universal. Seguindo a tradición intervencionista na política o exército (Serrano, Prim) iniciou un levantamento que forzou a Isabel II ao exilio e que é coñecido como a Revolución: 1) Gloriosa; 2) Septembrina; 3) das dous maneiras.

A Monarquía de Amadeo I.

14.- Ainda que os sublevados de 1868 o eran de distintas tendencias políticas só os progresistas formaron parte do Goberno provisional que convocou Cortes constituintes. A Constitución de 1869 (sufraxio universal masculino e responsabilidade dos ministros ante as Cortes) adoptaba a forma monárquica e como nova dinastía optouse pola Casa de:1) Braganza; 2) Savoia; 3) Hollenzollern.

A Primeira República.

15.- A Monarquía de Amadeo I de Savoia tivo que lidiar cunha nova guerra carlista, coa emancipación de Cuba e cos enfrontamentos partidarios. Neste contexto, incapaz de tomar partido na primacía do poder civil sobre o militar abdicou en 1873. As Cortes (con pouca representación republicana) en sesión extraordinaria proclamaron a República, que tivo entre os seus Presidentes a:1) Figueras e Pi i Margall; 2) Salmerón e Castelar; 3) aos catro.

16.- O republicanismo herdaba dos progresistas a modernización económica e social, do socialismo a preocupación social e do anarquismo a liberdade do individuo fronte ao Estado. Pola súa parte os republicanos federalistas defendían o goberno autónomo dos territorios e a libre vontade de federarse para formar o Estado. A esperiencia republicana coa vixencia dun ano rematou cunha:1) revolución cantonal; 2) un asalto ás Cortes; 3) cun golpe de Estado.

A RESTAURACIÓN.

 

A estabilidade política.

17.- A Restauración (borbónica) .iniciouse en 1874 coa sublevación en Sagunto de Martínez Campos, quen proclamou a Alfonso XII como rei. O sistema político ideado por Antonio Cánovas fundamentouse na Constitución de 1876 (soberanía compartida rei e Cortes). A novidade dunha alternativa pacífica no goberno estaba garantida polo bipartidismo conservador /liberal. Xunto a Cánovas salienta o liderazgo de: 1) Sagasta; 2) Canalejas; 3) Romanones.

O desenvolvemento dos nacionalismos.

18.- O nacionalismo catalán e vasco na procura da súa identidade cultural e lingüística apoiouse nunha burguesía que reinvindicaba proteccionismo para a súa industria. Outras rexións con desenvolvemento nacionalista foron: 1) Galicia e Valencia; 2) Andalucía e Murcia; 3) Navarra.

A crise da Restauración.

19.- Entre a morte de Alfonso XII e a maioría de idade de Alfonso XIII a raiña Mª Cristina exerceu a rexencia (1885-1902). Unha reforma electoral incluiu o sufraxio universal masculino, mais o descontento social aumentou o temor gubernamental de que as reformas derivaran en revolución. Entre os intelectuais rexeneracionistas destaca: 1) Joaquín Costa; 2) Silvela; 3)Moret.

A política exterior.

20.- A guerra de Cuba (liberdade de comercio para os productos coloniais) incentivada polos EEUU desde 1895 amosou que España vivía nunha profunda crise. Coa entrada na guerra de Norteamérica (afundimento do Maine) en 1898, España terminará por recoñecer (Paz de París).A independencia de Cuba e Filipinas e a tutela norteamericana de: 1) Panamá; 2) Porto Rico; 3) Guantánamo.

2 comentarios to “A ESPAÑA LIBERAL.”

  1. noeliapc said

    xacintario di:

    O Seminario de CCSS, Xeografía e Hª recorda que son contidos mínimos esixibles na materia de 4º curso da ESO os seguintes:

    Analizar a Guerra da Independencia como o primeiro intento de realizar en España unha revolución liberal.
    Comprender a relevancia histórica das Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
    Entender os enfrontamentos que tiveron lugar entre liberais e realistas durante o reinado de Fernando VII e os feitos que conduciron á restauración do absolutismo.
    Coñecer os principais aspectos da revolución liberal: as guerras carlistas e o triunfo do liberalismo e a rexencia de Espartero.
    Describir a configuración do réxime moderado (1843-1848).
    Entender o sexenio democrático como o intento de construción dun Estado democrático.
    Analizar as causas e as consecuencias da crise do 98.

  2. noeliapc said

    O Motín de Aranjuez:

    http://www.fuenterrebollo.com/FernandoVII/menu.html
    http://www.motindearanjuez.com/index2.php?option=com_content&do_pdf=1&id=28
    http://www.laguia2000.com/espana/el-motin-de-aranjuez

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: