nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

GALICIA DURANTE OS SÉCULOS XVI A XIX

Posted by noeliapc en 12 enero 2010

1.- A EVOLUCIÓN DE GALICIA BAIXO OS AUSTRIAS.

 1.1.- Organización institucional do reino de Galicia.

1.- A principios do s.XVI o reino de Galicia está integrado na Coroa de Castela. Na ausencia do rei, a maxistratura superior corresponde ao Gobernador que presidía a Audiencia (funcións executivas e xudiciais), establecida tralas revoltas irmandiñas da 2ª metade do s.XV con sede en: 1) A Coruña; 2) Santiago; 3) Vigo.

2.- A Xunta do Reino, constituida polos representantes das vilas galegas máis importantes, era a institución que, nominalmente máis que realmente, defendía os intereses de Galicia, sen representación nas Cortes de Castela ata o século: 1) XIX (1823); 2) XVIII (1723); 3) XVII (1623).

3.A administración local estaba conformada polos Concellos, presididos por un : 1) Inquisidor; 2) Correxidor; 3) Contador de Facenda.

1.2.- As estancias rexias e os portos galegos.

4..- A importancia de Galicia na política da Monarquía hispánica é marxinal. Resulta significativa as escasas estancias reais no territorio galego, sempre con motivacións concretas moi interesadas para a Coroa (cfr., Carlos V e as Cortes de Santiago e A Coruña). Aínda así temos que salientar o labor diplomático do Conde de: 1) Lemos; 2) Monterrei; 3) Gondomar.

 

1.3.- A poboación.

5.- Durante o Antigo Réxime, a poboación de Galicia coñeceu un rexime de altas tasas de natalidade e mortalidade e consecuentemente dun crecemento moi lento. Habería, sen embargo, que diferenciar unha dinámica coa secuencia: 1) crecemento-crise-crecemento máis acusado; 2) crise-crecemento-crecemento máis acusado; 3) crise-crise menos acusada-crecemento.

2.- ECONOMÍA E SOCIEDADE DURANTE OS SÉCULOS XVI A XVII.

 

2.1.- A producción agraria.

6.- A agricultura galega nos ss. XVI-XIX coñeceu unha transformación espectacular a prol do aumento demográfico que se concretou no aumento do espacio cultivado e da productividade, pola supresión do barbeito e pola a introducción de novos cultivos, como: 1) o mijo; 2) a pataca; 3) o arroz.

7.- As prácticas agropecuarias en relación á estructura da propiedade da terra non amosou cambios desde a Baixa Idade Media coa consolidación dun complexo sistema de foros, especie de contratos: 1) de arrendamento; 2) de donación; 3) de compraventa.

2.2.- A artesanía, a pesca e o comercio.

8..- A producción artesanal e o comercio non experimentaron un crecemento comparable ás actividades agrarias ou as pesqueiras. Estas últimas, tiveron como incentivo a forte demanda: 1) portuguesa; 2) catalana; 3) castellana.

 

2.3.- A sociedade galega durante os ss. XVI e XVII

9.- Na estructura social de natureza estamental destaca a importancia do clero e da fidalguía na súa función de liderazgo e de encadramento da poboación, así como a organización dos sectores productivos para a defensa dos seus intereses corporativos en: 1) confrarías; 2) sindicatos; 2) irmandades.

3.- O SÉCULO XVIII: O REFORMISMO BORBÓNICO.

 

3.1.- Política e administración na Galicia ilustrada.

10.- Na guerra de Sucesión (1700-14) coa que se instaura Monarquía hispánica unha dinastía borbónica, Galicia apoia as pretensións de Filipe de Anjou, futuro Filipe V o que conleva polo sistema de alianzas da época á apertura dunha fronte militar no: 1) sur de Galicia contra Portugal; 2) en todo o litoral contra a piratería inglesa; 3) nas serras orientais contra os partidarios do Archiduque Carlos.

11.Rematada a Guerra de Sucesión, Filipe V estableceu a Intendencia en A Coruña. A principal institución do novo organigrama político administrativo exercía as máximas competencias fiscais e militares da Coroa en Galicia. A súa consolidación tivo lugar durante o reinado de: 1) Luís I; 2) Fernando VI; 3) Carlos III.

3.2.- Desenvolvemento da economía galega no século XVIII.

12.- Ao largo do s.XVIII o sistema agrario galego chegou ao límite das sús posibilidades, tanto de extensión do “ager” como de fertilidade dos solos, e o crecemento da poboación acentuará a escaseza dando lugar a: 1) fames; 2) migracións estacionais; 3) a primeira é causa da segunda.

13.- As melloras técnicas e empresariais na pesca reflictan a introducción en Galicia desde o Mediterráneo dunha mentalidade burguesa. Entre as iniciativas endóxenas de desenvolvemento das novas estructuras económicas emerxentes (precapitalismo) salienta a personalidade : 1) de D. Raimundo Ibáñez; 2) do Marqués de Sargadelos; 3) un é o mesmo que o outro.

 

3.3.- As transformacións sociais na Galicia do s. XVIII. Ver item 17

 

4.- O SÉCULO XIX: O ESTADO LIBERAL.

 

4.1.- O liberalismo en Galicia.

14.- O manual afirma que a Guerra de Independencia tivo escasa incidencia no territorio galego. Pola contra, as festas institucionais (Reconquista en Vigo) e as populares (Os “xenerais” do introido no Deza) recollen profusamente a memoria daqueles anos. Entre as batallas destaca a de: 1) Pontesampaio; 2) Elvira (sic); 3) O Cañizo.

 

4.2.- O galeguismo.

15.- Historiográficamente o carlismo galego, independentemente da participación campesiña, tiña un carácter político reaccionario. Derrotado o carlismo, o ideal rexionalista fronte á centralización administrativa liberal foi asumido polo pensamento democrático. Durante a Restauración as correntes conservadora e progresista estiveron personificadas en: 1) Manuel Brañas e Alfredo Murguía; 2) Alfredo Brañas e Manuel Murguía; 3) Eso, non ten interese por que foi hai moito tempo.

 

4.3.- As transformacións económicas.

16.- En contraposición co resto de España as leis desamortizadoras non supuxeron grandes cambios na estructura da propiedade da terra (os beneficiarios dos foros pasaron a ser burgueses de mentalidade rendista), o que aprazou a modernización do campo. No sector industrial, xunto o devalo da industria textil doméstica, destacan os progresos :1) dos aserradeiros nas montañas; 2) das conserveiras nas Rías baixas; 3) dos encaixes de Camariñas.

17.- A estructura social durante o século XIX amosou un dinamismo moi escaso, que se reflicta: 1) na desvertebración liberal da sociedade tradicional; 2) na inexistencia case de feito de burguesía e de proletariado, 3) non hai contradicción entre as alternativas.

5.- A ARTE E A CULTURA.

 

5.1.- Aarte galega renacentista e barroca.

18.- Un dos trazos principais da arte galega no Antigo Réxime foi a súa riqueza, que se exemplifica no desenvolvemento monumental de Santiago de Compostela. Nomes fundamentais na arquitectura que non se poden deixar de mencionar son :1) Domingo de Andrade e Casas Novóa; 2) Francisco de Moure e Mateo Prado; 3) Antonio Puga e Juan A. García de Bouzas.

 

5.2.- As achegas neoclásicas e o século XIX.

19.- Na escultura galega renacentista e barroca destaca pola esixencia do Cabildo compostelán a presencia de artistas extranxeiros que acabaron afincándose en Galicia, como os Gambino. Desta tradición xurdiría José Ferreiro. Entre as súa producción salientan a imaxinería do mosteiro de: 1) San Martín Pinario; 2) Sobrado dos Monxes; 3) San Benito de Lérez.

 

5.3.- O mundo cultural galego ata 1898.

20.- En contraste co esplendor literario medieval, a cultura galega non alcanzaría un papel relevante ata o s. XVIII cos ilustrados benedictinos Feixóo e Sarmiento e cos renovadores da segunda mitade deste século das Luces. No oitocentos, emerxe un rexurdimento literario representado: 1) Eduardo Pondal e Curros Enríquez; 2) sobre todo por Rosalía de Castro; 3) dou por válidas as anteriores tal cal está redactadas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: