nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Ricardo Mella

Posted by noeliapc en 10 febrero 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Ricardo Mella

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICAFontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Ricardo Mella Cea foi un dos primeiros escritores, intelectuais e activistas libertarios de finais do século XIX e principios do século XX en España.Caracterizouse por ser un estudioso e crítico de variados temas, así como falante e tradutor de francés,inglés e italiano.
COORDENADAS VITAIS.-  Naceu en Vigo o 23 de abril de 1861 e faleceu tamén en vigo o 7 de agosto de 1925.
ORIXE FAMILIAR.- Fillo de Dolores Cea Fernández e de José Mella Buján, sombreireiro e militante do republicanismo federal, que influenciou ao seu fillo maior o respecto polos ideais republicanos e democráticos e mais a admiración por Francesc Pi i Margall.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Ingresou moi novo Mella no partido de Francesc Pi i Margall,do que chegou a ser secretario, e destacando xa na sua defensa do estatuto republicano federalista, ollando para autonomía política e administrativa de Galicia.Traballou na sua mocidade nunha axencia marítima do seu Vigo natal.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Comezou o seu traballo periodístico no diario “La Verdad”, xornal portavoz do mais extremo republicanismo, que apoiaba de raíz a loita do proletariado galego, o que lle valeu unha causa por inxurias do Marques José Elduayen, político canovista e represante local do poder central do goberno de Sagasta. En abril de 1881 foi condenado pola Audiencia Provincial a 4 anos e 3 meses de desterro e multa de 625 pts., conmutada posteriormente a 3 anos e 7 meses en 1882.Fundou en Vigo La Propaganda, publicación federalista de marcado caracter obreirista, que mantívose catro anos de 1881 a 1885. Trasladouse a Madrid a cumprir a condena imposta.Aconsellado polo seu sogro, estudou topografía, gañando unha oposición e trasladándose a Andalucía para exercela; onde tomou contacto cos ambientes libertarios da época. Durante a sua estancia en Sevilla, fundou o xornal La Solidaridad entre outros.En 1895 voltou a Vigo, mais por pouco tempo, xa que foi chamado polo seu traballo a Pontevedra, para colaborar co tendido do ferrocarril.Alí denunciou os fusilamentos de anarquistas de Montjuic,a través de dous xornais.En 1909 voltou a Vigo, chamado para a construción das liñas de tranvías da cidade de Vigo, dos que o seu remate, foi nomeado Director-Xerente.Dende este momento e até a sua morte, deixou a militancia activa e as colaboracións nos xornais, dedicándose de cheo ás suas labores profesionais, mais aínda en 1911 asistiu en representación de Asturias ao congreso da Confederación Nacional do Traballo.
IDEOLOXÍA.- De el dixo Federica Montseny: Está considerado como el más hondo, el más penetrante y el más lúcido de los pensadores anarquistas españoles.
PRODUCCION LITERARIA.- 

Artigos e ensaios

  • El Problema de la emigración en Galicia, monografía
  • Diferencias entre el comunismo y el colectivismo, monografía
  • “La reacción y la revolución”, artigo publicado na revista Acracia de Barcelona
  • “La Anarquía no admite adjetivos”, publicado en La Solidaridad
  • Breves apuntes sobre la naturaleza humana
  • La Nueva utopia
  • El colectivismo
  • Organizacvión, agitación y revolución
  • El crimen de Chicago, reseña historica
  • La ley del número, sobor ficción democrática
  • A los campesinos
  • En defensa de la anarquía

Libros

  • Lombroso e os anarquistas (1896).
  • Plumazos, escolma de artigos.
  • Ideario

Traducións

  • Dios y el estado de Bakunin
  • La anarquía de Errico Maltesta La ciencia moderna y el anarquismo de Peter Kropotkin
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: