nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Contexto histórico das Constitucións decimonónicas españolas

Posted by noeliapc en 4 marzo 2010

     Durante o reinado de Isabel II consolidouse o sistema político liberal. Mentres era menor de idade, a primeira rexente foi a súa nai María Cristina que, nun principio, concedeulle o poder aos moderados, mais tras o levantamento miltar de La Granja, gobernaron os progresistas, que culminaron coa proclamación da Constitución de 1837.

     Cando Isabel II subiu ao trono, despois de que o rexente xeneral Espartero tivese que dimitir a causa dun pronunciamento de moderados e progresistas, encargoulle o goberno aos liberais moderados, que aprobaron a Constitución de 1845.

     O reinado de Isabel II acabou cunha revolución coñecida como La Gloriosa, os progresistas formaron un goberno provisional que convocou Cortes Constituíntes, e éstas a súa vez proclamaron a Constitución de 1869.

     Tras a Primeira República, o xeneral Martínez Campos proclamou rei a Alfonso XII, partidario da monarquía constitucional, iniciando a Restauración dos Borbóns. O presidente Cánovas del Castillo baseou o seu sistema político na aprobación da Constirución de 1879.

 

     En resumo, a Constitución de 1837 é unha Constitución na que o suxeito da soberanía é a Nación, ao igual que na Constitución de 1869 e a diferenza das de 1845 e 1876, cuia soberanía reside no Rei e nas Cortes. Tamén a diferenza destas Constitucións, a Constitución de 1837 ten un carácter ideolóxico progresista,e non conservador, no que coincide de novo coa de 1869. En canto a relación entre poderes, a Constitución de 1837 presenta colaboración de poderes, mentres que na Constitución de 1845 non hai separación de poderes, sen embargo na de 1869 sí, e a de 1876 non recoñece esta separación. A Constitución de 1837 comparte o carácter da reforma coas Constitucións de 1845 e 1876, en todos os casos flexible, mentres que na de 1869 é ríxida. O autor material nas Constitucións de 1837, 1869 e 1876 son as Cortes Constituíntes, a diferenza da de 1845, na que o autor material é a reforma da Constitución de 1837. A vixencia de cada Constirución é diferente; a da Constitución de 1837 é de oito anos, a de 1845 é de vintecatro, a de 1869 de catro e a de 1876 de corenta e sete anos.

” A partir do resumo de test A España Liberal e a táboa comparativa do contitucionalismo español do s. XIX “

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: