nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Antonio Maura y Montaner

Posted by noeliapc en 5 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Antonio Maura y Montaner

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Palma de Mallorca o 2 de maio de 1853 e finado en Torrelodones, Madrid, o 13 de decembro de 1925.
ORIXE FAMILIAR.- Era orixinario dunha familia da pequena burguesía, foi orfo de pai cando só tiña 13 anos.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Cursou o bacharelato no Instituto de Palma de Mallorca, e en 1868 trasladouse a Madrid para cursar estudos de Dereito.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Iniciouse na vida política nas filas do Partido Liberal conseguindo a súa primeira acta de deputado por Mallorca en 1881 durante o primeiro gabinete liberal da Restauración, presidido por Sagasta. En 1886 ocupa o cargo de vicepresidente do Congreso. En decembro de 1893 é designado con Sagasta ministro de Ultramar. Apartado voluntariamente do escenario político por un certo tempo, en 1895, de novo con Sagasta, ocuparase do Ministerio de Graza e Xustiza ata que a insurrección cubana provoca a caída dos liberais. Cando o grupo liberal disidente se escinde, Maura asumirá a súa dirección, ata que un acordo con Silvela en 1902 o incorpore ó Partido Conservador. Foi ministro da Gobernación no gabinete que presidiu Francisco Silvela en 1902 e que presentaría por vez primeira ás Cortes a Lei de Bases de Reforma da Administración Local. Tras a demisión de Silvela, Maura convertirase no líder do Partido Conservador. En 1903 formaría o seu primeiro goberno. Tras dimitir deste cargo, durante a etapa liberal Maura exerceu a xefatura da oposición, presidindo o goberno máis longo do réxime constitucional do reinado de Alfonso XIII. Durante a Primeira Guerra Mundial, Maura fixo campaña activa a favor da neutralidade española, cos seus sonados discursos. Cando foi chamado de novo para asumir a xefatura do Goberno, impuxo condicións para o seu regreso. Presidiría o Goberno en 1918 e, de novo, en 1922, volvería a estar á fronte dun gabinete de concentración. Durante a ditadura de Primo de Rivera manteríase á marxe dedicado a redactar as súas memorias.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Conservador.
PRODUCCION LITERARIA.-
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: