nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Eduardo Dato Iradier

Posted by noeliapc en 5 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

  NOME DO ACTOR.- Eduardo Dato Iradier

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político e xurista de orixe galega.
COORDENADAS VITAIS.- Nado na Coruña o 12 de agosto de 1856 e finado en Madrid o 8 de marzo de 1921.
ORIXE FAMILIAR.- Foi fillo único de Carlos Dato y Granados con Rosa Lorenza Iradier y Arce, trasladouse a Madrid moi xoven xunto coa súa familia.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou Leis na Universidade Complutense de Madrid e en 1875, ós 19 anos licenciouse en Dereito Civil e Canónico.
CURRICULUM PROFESIONAL.-  Viaxou polo estranxeiro e pronto adquiriu prestixio como avogado e deuse a coñecer polos seus dotes oratorios, decidindo dedicarse á política. Desde moi novo estivo afiliado ó Partido Liberal Conservador de Cánovas sendo elixido membro das Cortes na última lexislatura de Afonso XII.Seguiu a Romero Robledo na súa crítica a Cánovas del Castillo, o fundador do partido, cando este lles cedeu o poder ós liberais, inaugurando o sistema de “turnos”.Foi subsecretario de Gobernación en 1892. Morto Cánovas e liquidado o goberno de Sagasta que precedera o “Desastre de 1898”, Dato ocupouse da carteira de Gobernación no gabinete “rexeneracionista” dirixido por Silvela (1899, 1900).En 1902 figurou como ministro de Graza e Xustiza no gabinete Silvela que levou ás Cortes a Lei de Bases da Administración Local.

Tras o asasinato de Canalejas e esgotado o mandato liberal do Conde de Romanones (1912), Dato aceptou o encargo do Rei de formar goberno fronte a Maura que puxera condicións, dividíndose o partido entre os “idóneos” e os “mauristas”. Durante o seu mandato como presidente do goberno, Dato soubo manter España nunha posición de neutralidade.

Despois do bienio liberal de 1915 a 1917, volveu ó poder e Dato legalizou as Xuntas Militares. En Barcelona ó tempo que se xuntaba a Asemblea de Parlamentarios convocada por Cambó estalaba a folga xeral revolucionaria co apoio dos dous grandes sindicatos, Dato non dubidou en utilizar o exército para sofocar a folga.

En 1918 Datou volveu a desempeñar a carteira de Estado. Nos anos aínda críticos da posguerra, presidiu o goberno de 1921. O seu apoio á represión da subversión social e á Lei de Fugas convertérono en branco do extremismo anarquista. Foi abatido por máis de 20 disparos o 8 de marzo de 1921 nun atentado perpetrado por tres anarquistas cataláns

IDEOLOXÍA.- A nota fundamental da súa carreira política foi a lealdade ó edificio político da Restauración borónica.
PRODUCCION LITERARIA.-
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: