nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Figueiroa Álvaro

Posted by noeliapc en 5 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

 NOME DO ACTOR.- Figueiroa Álvaro

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Conde de Romanones, foi un político español. Foi 17 veces ministro e 3 veces presidente do goberno con Alfonso XIII.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Madrid o 9 de agosto de 1863 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1950.
ORIXE FAMILIAR.- Segundo Fillo de Ignacio de Figueroa y Mendieta e de Ana de Torres y Romo, marqueses de Villamejor, naceu en Madrid no medio dunha nobre e rica familia con raíces e importantes posesións en Guadalajara e negocios mas minas de La Unión (Murcia).
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Licenciouse en Dereito en 1884 na Universidade Central de Madrid (1884) e trasladouse para doutorarse á Universidade de Boloña en Italia coa idea de especializarse en dereito político.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Comezou a súa andaina política nas primeiras Cortes da Rexencia de María Cristina. Dende 1888 a 1936 manteríase como depututado. Foi elixido concelleiro do Concello de Madrid en 1890 e en 1894 alcalde da cidade.Foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes con Sagasta (1901-1902). No mandato liberal de 1905 a 1906 formou parte do goberno de Montero Ríos desempeñando a carteira de Fomento e logo do Consello de Ministros de XXX que lle adxudicou o de Graza e Xustiza. 

Apoiou a ascensión de José Canalejas á xefatura do Partido Liberal, e como recompensa foi nomeado Ministro de Instrución Pública (1909) e, máis tarde, en 1912, promovido á presidencia del Congreso. Asasinado Canalejas convértese en xefe dunha das principais faccións do Partido Liberal. Senador por Guadalaxara e ministro de Graza e Xustiza (1922-1923) no goberno de García Prieto, pasou a ocupar a presidencia do Senado en 1923, cargo que ocupaba no golpe de Estado de 1923.

Formado o goberno de Juan Bautista Aznar-Cabañas ocupou a carteira de Estado pero as eleccións de 1931 deixaron á vista a inviabilidade política da opción monárquica.

O conde de Romanones é o prototipo do “político de palacio” da Restauración, titular e defensor de poderosos intereses económicos e posibilista e realista sen demasiados escrúpulos nas súas manobras políticas. Servíndose da súa gran fortuna, das súas influencias persoais e apoiándose no trato íntimo co rei e a familia real, o seu cacicato estendeuse ininterrompidamente dende 1888 a 1936 na provincia de Guadalaxara.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ó Partido Liberal fundado por Sagasta.
PRODUCCION LITERARIA.-Escribiu as súas memorias durante a República. Outras obras son:

  • Las Responsabilidades políticas del Antiguo Régimen
  • Breviario de Política Experimental
  • Biología de los Partidos Políticos
  • El régimen parlamentario y los gobiernos de gabinete
  • Observaciones y Recuerdos (1912-1921)
  • Notas de mi vida (1929-1947)
  • Los cuatro presidentes de la I República

Ademais de varias biografías, entre elas a de Espartero, a de Amadeo de Savoia e a de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: