nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Francisco Martínez de la Rosa

Posted by noeliapc en 5 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

 NOME DO ACTOR.- Francisco Martínez de la Rosa

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un poeta, dramaturgo e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Granada o 10 de marzo de 1787 e falecido en Madrid o 7 de febreiro de 1862.
ORIXE FAMILIAR.- Naceu nunha familia de posición social acomodada
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Entrou na escola onde se demostrou que era superdotado, polo que entrou na Universidade de Granada con12 anos. Na universidade licenciouse e doutorouse en Dereito civil (1804), e en 1805 comezou como catedrático de Filosofía Moral en Granada, dende moi novo comeza a escribir poesía.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Iniciada a Guerra da Independencia Española xa formaba parte do Partido Liberal e foi deputado nas Cortes de Cádiz e vogal da Comisión da liberdade de imprenta. A restauración absolutista de 1814 fixo que fora detido en Madrid o 1 de maio e logo ser desterrado ao Peñón da Gomera. Ao triunfar Rafael del Riego en 1820 foi liberado durante o Trienio liberal onde se mostrou como un liberal moderado.Deputado nas Cortes pola provincia de Granada entre 1820 e 1822, ingresou na Sociedad del Anillo, sociedade partidaria dunha transacción coa Coroa e de revisar a Constitución Española de 1812 reforzando o poder monárquico. Despois é secretario da Deputación Permanente en Cortes. Secretario de Estado en 1822, dimitiu tras o fracaso dos sucesos involucionistas do sete de xullo e a conseguinte acentuación da revolución. Nomeado Académico da Real Academia de la Lengua Española e Conselleiro de Estado en 1823. Coa invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís emigrou a París. A finais do ano 1831 regresa a Madrid acolléndose a amnistia decretada por Fernando VII aos afrancesados, logo marchou a vivir a Granada.

Coa rexencia de María Cristina de Borbón, buscou o apoio do Partido Liberal e foi nomeado Presidente do Consello de Ministros, e Ministro de Estado do 1834 até o 1835. Neste cargo naceu o Estatuto Real de 1834. Dende 1839 até 1843 estivo exiliado en París, até que Baldomero Espartero chegou á rexencia. Ministro de Estado de 1844 a 1846 nos gobernos de Narváez. Foi Presidente do Congreso dos Deputados nas tres últimas lexislaturas da Década Moderada. Volveu ser Ministro de Estado entre 1857 e 1858, logo sería elixido Presidente do Consello de Estado.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Conservador.
PRODUCCION LITERARIA.-

  • Lo que puede un empleo (1812)
  • La viuda de Padilla (1814)
  • La revolución actual de España (1813) 
  • Edipo (1829)
  • Morayma (1829)
  • La Conjuración de Venecia (1830)
  • Hernán Pérez del pulgar, el de las hazañas, (1834)
  • Doña Isabel de Solís (1837)
  • Libro de los niños (1839)
  • La moralidad como norma de las acciones humanas
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: