nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Manuel García Prieto

Posted by noeliapc en 5 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Manuel García Prieto

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

Fontes bibliográficase

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un xurisconsulto e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Astorga (provincia de León) en 1859 e falecido en Donosti o 8 de marzo de 1938.
ORIXE FAMILIAR.- 
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou Dereito e formouse no bufete de Montero Ríos.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Foi fiscal municipal do Xulgado de Madrid e ingresou no Corpo Xurídico Militar. Nas filas do Partido Liberal foi elixido deputado por Astorga en 1887, e despois por Santiago de Compostela en 1893.En 1897 foi nomeado director xeral do contencioso do Estado e máis tarde subsecretario de Ultramar. En 1905 foi ministro de Gobernación no goberno de Montero Ríos e, ese mesmo ano, de Graza e Xustiza con Segismundo Moret. En 1906 ocupou a carteira de Fomento baixo o goberno do xeneral José López Domínguez e en 1910, a de Estado baixo a presidencia de Canalejas. Cando o 12 de novembro de 1912 asasinaron a Canalejas, García Prieto ocuparía durante dous días a presidencia do Consello de Ministros. Ó se escindir o Partido Liberal en 1913, converteríase no líder do Partido Liberal Democrático, a facción política herdeira de Sagasta que se opoñía a do Conde de Romanones.

Foi designado presidente do Senado en 1914 e en 1917.En 1917 acadou o liderado do Partido Liberal. En 1918 unha nova crise conduciría a Antonio Maura ó poder desempeñando García Prieto a carteira de Gobernación. O 9 de novembro dese mesmo ano formou goberno de novo ata decembro, cando o Proxecto da Mancomunidade fixo caer o gabinete. Tentou sen éxito deter o golpe de Primo de Rivera do 13 de setembro de 1923 pero viuse obrigado a dimitir. Durante a Ditadura, estivo apartado da política, mantendo unha morna oposición ó réxime.

Ó tempo que asumiu o caciquismo e o poder herdados do político de Lourizán, García Prieto gozou de certo prestixio en medios agrarios galegos pola súa posición redencionista no problema dos foros.

IDEOLOXÍA.- Foi o líder do Partido Liberal Democrático.
PRODUCCION LITERARIA.-
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: