nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Francisco Serrano y Domínguez

Posted by noeliapc en 7 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Francisco Serrano y Domínguez

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Tamén chamado Duque de la Torre, xeneral e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nace en Isla de León (Cádiz) en 1810 e falece en Madrid en 1885.
ORIXE FAMILIAR.- É fillo dun militar liberal.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.-
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1841, foi nomeado Ministro da Guerra. Entre 1846-1848 sería amante da raiña Isabel II, sobre a cal exerceu unha grande influencia política. Foi nomeado Capitán Xeneral de Granada, para telo alonxado da Corte. En 1854, Serrano volta a apoiar a Espartero. Ao longo do Bienio Progresista, que entón comezara, foi director xeneral de Artillaría, aliñándose cos centristas que impulsa O’Donnell a través do partido Unión Liberal. Sería máis tarde embaixador en París, (1856); Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862) e Ministro de Estado (1863). Foi nesa altura que a raiña, Isabel II, o nomea duque de la Torre. Serrano foi tamén xefe da Unión Liberal. Triunfante a revolución, de seguido foi nomeado Presidente do Goberno Provisorio (1868-1869) e, vacante a xefatura do Estado, recaeu sobre el, como Presidente do poder executivo (1869-1870). No tempo no que se aceptou a instauración dun réxime monárquico para España e, mentres non chegaba o novo rei, as Cortes nomearon a Serrano como Rexente, con tratamento de Alteza. Con Amadeo foi chamado a presidir o goberno en dúas ocasións (1871 e 1872). Cando estala a Terceira Guerra Carlista, Serrano derrotaría ao pretendente Carlos (VII) en Oroquieta, asinando o Acordo de Amorebieta, con a esperanza de acabar co conflito (1872). O rexeitamento deste convenio polas Cortes, provocaría a caída de Serrano do goberno. En 1874, Serrano será nomeado Presidente do goberno e do poder executivo. A súa ambición era perpetuarse como ditador. O seu labor de goberno, logo de tantas peripecias, resultou insignificante, amén de que foi un político sen ideais nen proxectos, cunha ambición de poder que o faría mudar frecuentemente de orientación e de lealdades.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Progresista.
PRODUCCION LITERARIA.-

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: