nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Leopoldo D’onnell y Joris

Posted by noeliapc en 7 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.-  Leopoldo D’onnell y Joris

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un militar e político español. Duque de Tetuán, Conde de Lucena e Vizconde de Aliaga.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Santa Cruz de Tenerife o 12 de xaneiro de 1809 e faleceu en Biarritz (Francia) o 5 de novembro de 1867.
ORIXE FAMILIAR.- Foi o menor dos dos fillos do matrimonio de Carlos O’ Donnell e Anethan y Josefa Jorris y Casaviella. Nace nunha familia de orixe irlandesa con grande tradición militar, o seu tío foi Enrique José O’Donell Conde de La Bisbal.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- O’Donell continuou a tradición familiar ingresando no rexemento de infantería Imperial Alejandro co grao de subtenente.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Á morte de Fernando VII en 1833, estalou a Primeira Guerra Carlista e os partidarios dividítonse en isabelinos e en carlistas; O’Donell, que tiña daquelas o grao de capitán, aliñouse co bando isabelino. Ascendeu entón sucesivamente a coronel, logo a brigadier e en xuño de 1837 a mariscal de campo.

En 1839, é nomeado Capitán Xeneral de Aragón, Valencia e Murcia. Polas súas conviccións moderadas, tivo que emigrar a Francia, tras a revolución progresista de setembro de 1840 que provocou a renuncia de María Cristina de Borbón-Dos Sicilias á Rexencia.

En 1841 figura na conspiración moderada do xeneral Diego de León contra a Rexencia do xeneral Baldomero Espartero, pero ao fracasar en Madrid o asalto ao Pazo Real, tivo que volver a refuxiarse en Francia. En 1844 foi nomeado capitán xeneral de La Habana, cargo que tivo até 1848. Tamén foi nomeado Senador e director xeneral da Academia de Infantería.

Dende 1853, comeza a interesarse pola política activa e en 1854, á fronte dun batallón de Infantería e unido ao xeneral Dulce, levantase contra o goberno. Co triunfo revolucionario, Espartero é nomeado Presidente do Consello de Ministros e O’Donell ocupa o Ministerio da Guerra. Tras a caida de Espartero en xullo de 1856, sucedeuno O’Donell formando un goberno que duraría até outubro de 1857, ano en que sería substituído por Narváez.Volve ao poder en xullo de 1858.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido a Unión Liberal.
PRODUCCION LITERARIA.-

Deja un comentario