nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Ramón María Narváez y Campos

Posted by noeliapc en 7 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Ramón María Narváez y Campos

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político e militar español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Loja (Granada) o 5 de agosto de 1800 e falecido en Madrid o 23 de abril de 1868.
ORIXE FAMILIAR.- Fillo de José María Narváez y Porcel, 1er conde de Cañada Alta, e María Ramona Campos y Mateos, tivo un irmán chamado José Narváez y Campos, 2º conde de Cañada Alta.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- A súa carreira militar comezou no rexemento de Gardas Valonas en 1815, e en 1822 serviu baixo o mando de Francisco Espoz y Mina en Cataluña, onde sería apresado polas tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís. Permaneceu en Francia até 1824. Tras rexeitar calquera tipo de cargo durante o Reinado de Fernando VII de España, incorporouse en 1834 ao lado dos isabelinos durante as Guerras Carlistas.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Durante 1837 encárgaselle o mando das reservas andaluzas para expulsar aos carlistas de Castela, e durante esta campaña nace unha forte enemistade co xeneral Espartero. A súa grande habilidade militar e a súa ideoloxía liberal fixeron que tanto progresistas como moderados pretendesen que se incorporara aos seus partidos. A pesar de isto tivo que exiliarse despois de presidir xunto co xeneral Córdoba unha xunta de oposición a Espartero. Permanecería en París durante os tres anos que durou a Rexencia.En 1843 regresaría a Valencia, e o 23 de xullo dese mesmo ano, derrotaría as tropas esparteristas de Seoane en Torrejón de Ardoz, preto de Madrid; por esta vitoria sería ascendido a tenete xeneral. En novembro é vitima dun atentado en Madrid do que consegue sobrevivir.

Ao rematar a Rexencia de Espartero, a maioría de idade de Isabel II en 1844, foi nomeado presidente do goberno e converteuse nun dos impulsores da Constitución de 1845. O 26 de novembro de 1847 Isabel II premia a súa lealdade concedendolle o Ducado de Valencia con Grandeza de España. En 1851 presentou a súa dimisión, pero tras o golpe de Leopoldo O’Donnell foi chamado de novo para formar goberno en 1856. Entre 1856 e 1868 presidiu tres gabinetes ministeriais, dende os cales exerceu unha política represiva contra calquera manifestación revolucionaria. Tras a súa morte produciuse a Revolución de 1868, que derrocaría a Isabel II.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Liberal.
PRODUCCION LITERARIA.-
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: