nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Ficha biográfica- Concepción Arenal

Posted by noeliapc en 12 marzo 2010

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Concepción Arenal

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
COORDENADAS VITAIS.- Nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893.
ORIXE FAMILIAR.- Naceu nunha modesta casa do barrio coñecido como Ferrol Vello.Era filla dun militar liberal orixinario de La Montaña cántabra, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da “arte de perder o tempo”. Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Cantabria).
CURRICULUM PROFESIONAL.- Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española, e probablemente o fixese disfrazada de home, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Foi nomeada “visitadora de prisións de mulleres” en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Concepción e Juana de Vega promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das “Magdalenas”. Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas.

As dúas últimas décadas da súa vida foron anos de moi intensa actividade social e intelectual, e malia o seu precario estado de saúde, non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. As súas obras clasifícanse en tres grandes temas: as denominadas “cuestión social”, “penitenciaria” e “feminina”. A súa obra tivo repercusión internacional e, porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario eloxiaron a súa obra e persoa.

Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao ideario liberal e krausista; malia a orixinalidade do seu pensamento, destacan esas influencias, que tamén tiveron un papel importante no plano afectivo a través do seu contacto con destacadas personalidades liberais da época, coas que compartiu a un tempo relacións de amizade e proxectos de carácter social e intelectual.
PRODUCCION LITERARIA.- Entre outros:

  • La beneficencia, la filantropía y la caridad
  • Manual del visitador del pobre
  • Cartas a los delincuentes
  • El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución pública de la pena de muerte
  • La voz que clama en el desierto
  • Estudios penitenciarios
  • Dios y libertad
  • La igualdad social y política y sus relaciones con la libertad
  • El pauperismo
  • El visitador del preso
  • El delito colectivo
  • “Idea del cielo”
  • La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor
  • “La educación de la mujer”
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: