nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

A GRANDE GUERRA E ACRISE DO ESTADO LIBERAL

Posted by noeliapc en 6 abril 2010

A Grande Guerra (1914-18) e a Crise do Estado Liberal (entreguerras)

0.- O devalo do Imperio turco na rexión balcánica provocou a inestabilidade da rexión con tensións entre os Imperios austríaco e ruso, dos que saíron beneficiados os nacionalismos eslavos coa fundación de novos Estados como: 1) Serbia; 2) Bulgaria; 3) ás anteriores hai que engadirlles, Romanía.

1.- O final do s.XIX cada Estado europeo tentaba garanti-la súa seguridade e a súa posición internacional a través de alianzas secretas e políticas militaristas a prol do progreso técnico e do aumento demográfico, que multiplicaron a desconfianza diplomática e acrecentaron na opinión pública o belicismo. Este periodo é coñecido como: 1) a guerra tonta; 2) a paz armada; 3) a unión sagrada.

2.- No verán de 1914 a crise de Saraxevo provocou a declaración de guerra de Austria a Serbia co apoio de Alemaña. O mecanismo das alianzas secretas púxose en marcha: Rusia declarou o seu apoio a Serbia, e ao seu lado fixérono Francia e Gran Bretaña; é decir a: 1) Triple Alianza; 2) Triple Entente; 3) Triple Coalición.

3.- Trala declaración de guerra, recibida con entusiasmo popular, os exércitos mobilizáronse con rapidez para lograr canto antes unha victoria decisiva que tardaría catro anos en chegar. Establecéronse duas frontes, o estancamento dos mesmos significou que: 1) a guerra de movementos deu paso á guerra de trincheiras; 2) a guerra de trincheiras deu paso á guerra de movementos; 3) as dous tácticas déronse sincrónicamente.

4.- Co tempo a incapacidade de decisión bélica levou a cada país a controlar a súa industria para producir máis armas e obte-las materias primas necesarias. Paralelamente á racionalización dos alimentos e racionalización de tódolos recursos aos fins militares, a guerra extendeuse geográficamente coa incorporación de novos aliados: 1) Turquía e Bulgaria a prol das potencias centrais; 2) Italia e Romanía a favor dos aliados; 3) as dous son correctas.

5.- En 1917 a situación cambiou. Namentras Francia resistía nas trincheiras e Alemania decretaba a guerra submarina total, estalaba a revolución rusa, precipitada en parte pola desastrosa xestión do goberno tsarista. Finalmente, co triunfo bolchevique tódolos esforzos militares concentráronse na fronte occidental, no que resultou decisivo a entrada no conflicto: 1) de Xapón; 2) dos EEUU; 3) de Portugal y España.

6.- As consecuencias da I G.M. foron amplias e duradeiras; en tre éstas, un novo mapa europeo coa desaparicióndos Imperios alemán, austro-húngaro e turco sustituidos na Europa oriental por novos Estados. Con Rusia apartada da comunidade internacional ( control sanitario) e nunha situación caótica convocouse a Conferencia de: 1) Locarno; 2) de Londres; 3) de París.

7.- Na Conferencia de Paz, celebrada en 1919 para a redacción dos tratados que recollían as condicións impostas aos vencidos, propoñíase o dereito de autodeterminación das nacionalidades e a creación dunha organización internacional que arbitrara nos conflictos entre os Estados. Referímonos: 1) a ONU; 2) a Sociedade de Nacións; 3) son a mesma cousa.

8.- Na Conferencia de Paz se estableceron tratados do conxunto dos vencedores con cada un dos vencidos. Respecto das durísimas condicións impostas a Alemaña salienta as perdas territoriais, a entrega da súa flota e a reducción do exército a 100.000 homes, sancións económicas por indemnizacións de guerra e por riba de todo a condena moral da culpabilidade no conflicto. Este tratado firmouse no Pazo de: 1) St Germain; 2) Trianon; 3) Versalles.

9.- EEUU, que dicía que entrara na guerra para defende-la democracia, sentiuse decepcionado polo que consideraba la mesquindadade europea na Conferencia de Paz. O Senado negouse a ratifica-los acordos alcanzados por Wilson e consecuentemente: 1) non participar en nengunha organización internacional; 2) intervir por vía interposta de Gran Bretaña; 3) condicionar su política internacional á potencia emergente da URSS.

10.- A experiencia da guerra impuxo a planificación e coordinación dos recursos económicos e o resentimento dos vencidos que favoreceron: 1) unha intervención estatal na economía vs ortodoxia liberal; 2) o cuestionamento democrático; 3) podemos validar ás dous.

11.- En 1917 Rusia era un país habitado sobre todo por campesiños con moi baixo nivel de vida que traballaban para unha aristocracia latifundista. En 1861, abolírase a servidume feudal, pero só unha minoría de campesiños tiña unha situación acomodada despois dos intentos inconclusos de reforma agraria. Esta minoría estaba formada polos: 1) mukhiks; 2) kulaks; 3) lumiks.

12.- A industrialización era rápida arredor das grandes cidades como Moscú ou San Petersburgo (Petrogrado desde 1905), pero en relación co tamaño do país a burguesía era escasa para transformar as institucións políticas cara a un sistema parlamentario que sustituira ao Goberno do Tsar, por unha monarquía : 1) autocrática; 2) aristocratica; 3) electiva .

13.- Xunto ás organizacións liberais, existían tamén pequenos grupos revolucionarios cruelmente reprimidos pola policía. Estas agrupacións radicais diferenciábanse segundo as súas aspiraciós de cambio estiveran no campo (eseristas) ou na industria (marxistas). O socialismo marxista a partir da revolución de 1905 dividiuse en maioritarios e minoritarios; é dicir.: 1)mencheviques e bolxeviques; 2) bolxeviques e mencheviques; 3) marxistas e leninistas.

14.- A I Guerra mundial amosou con claridade a ineficacia do réxime zarista. En febreiro de 1917 organizáronse en Petrogrado manifestacións que levaran á abdicación do zar Nicolás II e á proclamación da República sobre unha duplicidade do poder, a Duma (Parlamento) e os Soviets ou: 1) Consellos de obreiros; 2) organizacións comunistas; 3) corpos militares.

15.- Mentras da fronte non chegaban novas dunha evolución favorable a Rusía, no interior o descontento medraba polo aprazamento das reformas. A chegada de Lenin do exilio se concretou na adopción polos bolxeviques das “teses de abril” e finalmente, no triunfo da revolución de outubro, que esixía “todo o poder para…” : 1) a Duma; 2) os Soviets; 3) o Goberno.

16.- A Rusia “soviética” firmou a paz con Alemaña a costa de perdas territoriais (Tratado de Brest-Litovsk). Cando o poder pasou a ser monopolio dos comunistas estalou, apoiada polas potencias europeas, a guerra civil que rematou co triunfo do Exército Vermello. En 1924, o ano da morte de Lenin o Estado definiuse constitucionalmente como: 1) URSS; 2) CCCP; 3) CEI.

17.- Durante a G.C. Lenin impuso unha economía de guerra (nacionalización dos medios de producción). A reconstrucción postbélica forzou unha Nova Política Económica (NEP = liberalización e propiedade privada). A construcción do socialismo sobre a base dos planes quinquenais (industrialización e colectivización) foi obra de : 1) Trostky; 2 ) Zinoviev; 3) Stalin.

18.- Os vencedores da I Guerra Mundial, reximes parlamentarios, permitiron a extensión do pluripartidismo e das libertades individuais. Na maior parte de Europa aplicáronse leis que melloraban as condicións sociolaborais (desenvolvemento sindical). Sen embargo, a situación podía ser moi inestable por mor: 1) das tensións nacionalistas; 2) da división nos antigos partidos socialistas; 3) as dous son correctas .

19.- Nestes anos houbo fortes tensións sociopolíticas (cfr., condicións impostas polo Tratado de Versalles como as indemnizacións de guerra). En 1924 Gran Bretaña e os EEUU fixeron plans para apraza-la débeda e a economía alemaña empezou a estabilizarse. En 1925 tócaballe facelo ás relacións internacionais coa firma do Tratado de : 1) Berna; 2) Ginebra; 3) Locarno.

20.- A guerra enriquecera a EEUU que viviu unha etapa de prosperidade, coñecida popularmente como os “felices vinte”, nos que se estableceron as bases da moderna sociedade de consumo. Este periodo non estaba exento de contradiccións (EEUU pasou de exportador a importador de productos agrarios, os prezos baixaron e con eles a demanda de bens industriais) e a Bolsa cun comportamento de euforia especulativa foi o desencadenante da crise. Foi: 1) o crac do 29; 2) só unha crise financieira; 3) só un martes negro.

21.- Nos anos vinte a excepción á democracia europea foi Italia, que desde 1922 estableceu un réxime fascista dirixido por Benito Mussolini, que adouptou o título de Duce. As súas bases eran a supresión dos partidos e dos sindicatos e a absoluta dirección económica. En consecuencia, tratábase: 1) dunha dictadura; 2) dun totalitarismo; 3) dunha dictadura totalitaria.

22.- A crise de 1929 golpeou con especial forza a Alemaña que seguía a paga-las súas débedas de guerra. A retirada de capitais americanos agravou a crise e o paro medrou con rapidez radicalizando as posicións políticas da República xurdida trala derrota do II Reich alemán. Falamos da República de: 1) Franfurt; 2) Hannover; 3) Weimar.

23.- A radicalización política en Alemaña arruinou o sistema de partidos republicano ata culminar na creación dun Estado totalitario de partido único: o Partido Nacional-Socialista de Adolf Hitler. O III Reich aspiraba á revisión unilateral do Tratado de Versalles e á hexemonía na Europa oriental. Un elemento definidor e diferenciador do novo Estado era a súa ideoloxía: 1) antisemita; 2) de lealtade á Sociedade de Nacións; 3 ) contrario ao culto á personalidade.

24.- En EEUU a crise financieira de 1929 se convirteu nunha grande recesión económica que explica o volco electoral de 1932 a favor de F.D. Roosevelt. Éste dirixiu tódolos esforzos a devolver a confianza mediante unha concentración de poder político e dun intervencionismo económico que xustificou nun: 1) New Deal; 2) Novo Pacto ou nova repartición; 3) as dous.

25.- Ante as políticas expansionistas dos reximes totalitarios en parte resposta á precaria situación económica xeralizada pola crise do capitalismo mundial, as democracias occidentais como Gran Bretaña e Francia optaron por unha política que vulneraba os principios vixentes nas relacións internacionais perxudicando ás nacións máis febles. Esta política é cualificada historiográficamente como: 1) de acougamento ; 2) de pacificación ; 3) de concordia.

26.- Dende a súa chegada ao poder A. Hitler propúxose cambia-la situación internacional. Rompeu o Tratado de Versalles coa a remilitarización de Renania e as reclamacións territoriais basada na doutrina do espacio vital. Dous fitos da audacia da política exterior de Hitler os constituen a anexión (Ancluss) e a invasión (contra o acordado en Munich) respectivamente de: 1) Austria e Hungría; 2) Austria e Checoslovaquia; 3) Austria e Polonia.

27.- En entreguerras a arquitectura continou o impulso racionalista, buscando edificios funcionais adaptados ás esixencias sociais. Ainda que hai moitas tendencias todas comparten trazos (materiais, procesos constructivos, depuración de volúmes, etc.). Entre as personalidades merecen mención : 1) Le Corbusier ; 2) Mies Van der Rohe; 3) sen dúbida, os dous.

28.- Van Gogh abrira o camiño da pintura como expresión subxetiva do pintor, e este vieiro foi seguido nas primeiras décadas do s.XX polos pintores que serán cualificados por esta motivación de expresionistas. A temática existencialista (soidade, angustia…) corresponde a pintores da Europa: 1) nórdica; 2) meridional;3) oriental .

29.- Nos anos vinte e trinta o impulso de innovación e ruptura coa tradición iniciado coas primeiras vangardas (fauvismo, cubismo, expresionismo) conduce a seguir explorando novos camiños. O centro do mundo artístico era Europa, e sobre todo a capital que dará o seu nome a toda unha xeración de artistase que coñecemos por : 1) Escola de Upsala; 2) Escola de París; 3) Escola de Brujas.

30.- As vangardas, así en plural, reflicte a pluralidade de tendencias. A abstracción xeométrica, encarnada por Mondrian, optou polas liñas rectas e as cores puras. O futurismo, representado por Boccioni, interesouse polas formas fluidas e dinámicas. O surrealismo, identificado con Magritte, borra as fronteiras entre o consciente e o inconsciente. O dadaísmo, nada máis rematada a I G.M. propoñíase rachar co propio concepto de arte. Un nome propio da última corrente é: 1) H. Matisse; 2) E. Munch; 3) M. Duchamp.

Una respuesta to “A GRANDE GUERRA E ACRISE DO ESTADO LIBERAL”

  1. noeliapc said

    A crise de Saraxevo:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Crisis_de_julio

    http://www.monografias.com/trabajos/priguemun2/priguemun2.shtml (este enlace engloba un pouco todo o tema mais céntrase na crise de Saraxevo no punto 2.5)

    http://www.claseshistoria.com/1guerramundial/crisisjulio1914.htm

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: