nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

A doutrina Truman, Bipolarización e Guerra Fría

Posted by noeliapc en 11 junio 2010

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HCO

TEXTO PROPOSTO: A DOCTRINA TRUMAN

Creo que Estados Unidos tiene el deber de ayudar a los pueblos libres que se resisten a ser esclavizados por minorías armadas o por presiones exteriores.

Creo que debemos ayudar a los pueblos libres a forjar su propio destino. Hay que buscar la semilla de los regímenes totalitarios a la miseria ya la indigencia (…)  

Cada nación debe escoger entre dos tipos de vida opuestos. Uno reposa sobre la voluntad de la mayoría y se caracteriza por las instituciones libres, por un gobierno representativo, por elecciones libres, por la garantía del mantenimiento de las libertades individuales y por la ausencia de cualquier opresión política (…)

El otro reposa sobre la voluntad de una minoría impuesta por la fuerza a la mayoría. Se basa en el terror y en la opresión, tiene una prensa y una radio controladas, unas elecciones llamadas ?(así) y las libertades personales han sido suprimidas.

Los pueblos libres de todo el mundo esperan que nosotros les ayudamos a defender sus libertades. Creo que nuestra ayuda debe basarse esencialmente en un apoyo económico y financiero, indispensable para la estabilidad económica y por una vida política coherente …

Discurso del presidente Truman en la Cámara de Representantes de Estados Unidos. Marzo de 1947 (trad. Cast.)

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO  X HISTORIOGRÁFICO   Polo afastamento do autor ou non, respecto dos feitos narrados
PÚBLICO  X PRIVADO   Pola condición ou non, de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA  X ECONÓMICA   SOCIAL   OUTRAS  
Citas que xustifican a temática do documento.- Ver o pé do documento, Discurso del presidente Truman en la Cámara de Representantes de Estados Unidos.
COORDENADAS TEMPORAIS.Inicio da Guerra Fría COORDENADAS ESPACIAIS.- EEUU/Europa/Tódolos continentes
AUTOR INDIVIDUAL   AUTOR COLECTIVO   AUTOR INSTITUCIONAL  X
IDENTIDADE DO AUTOR.- Presidente dos EEUU trala morte de F.D. Roosevelt en 1945 de quén fora Vicepresidente. Saíu reelexido na seguinte lexislatura (1948-52).
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento): Trala victoria sobre as potencias do Eixe, víronse as claras diferenzas entre o sistema político, económico e social que querían para organizar a paz no mundo EEUU e os seus aliados respecto do sistema que pretendía levar a cabo a URSS e os seus aliados. Mentras os EEUU eran defensores do sistema capitalista, a Unión Soviética quería impoñer o sistema socialista. (Ver “Contexto”). A “Doctrina Truman” é, pois, a expresión ideolóxica do papel hexemónico dos EEUU como superpotencia no mundo de despois da II G.M.
ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-

1º parágrafo: Compromiso dos EEUU cos pobos libres .“Creo que los EEUU tienen el deber de ayudar a los pueblos libres que se resisten a ser esclavizados…”.

2º parágrafo: Metodoloxía da axuda á autodeterminación dos pobos. “Hay que buscar la semilla de los regímenes totalitarios, a la miseria y a la indigencia”).

3º y 4º parágrafos: Elección polas nacións entre dous cosmovisións socio-políticas: rexímes democráticos (3º párrafo) y rexímes socialistas (4º párrafo).”Cada nación debe escoger entre dos tipos de vida opuestos. Uno … se caracteriza … por un gobierno representativo, por elecciones libres, por la garantía del mantenimiento de las libertades individuales “.”El otro … Se basa … en la opresión, tiene una prensa y una radio controladas, … y las libertades personales han sido suprimidas.”

5º parágrafo: A natureza económico-financieira da axuda norteamericana. “ Creo que nuestra ayuda debe basarse esencialmente en un apoyo económico y financiero, indispensable para la estabilidad económica y por una vida política coherente”.

COMENTARIO EXTERNO: BIPOLARIZACIÓN E GUERRA FRÍA

INTRODUCCIÓN:

Roto o entendemento dos vencedores da II GM, Europa quedaba dividida por un “telón de aceiro” que separaba os exércitos occidentais do exército soviético (Ver item 12 do test A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ) con todo o que esto significaba de condicionante para o exercicio da soberanía dos países ocupados militarmente. Neste contexto, e dada a total destrucción bélica do continente, a Doutrina Truman establecía unha relación causal desta miseria coa extensión dos rexímes totalitarios na postguerra e, en consecuencia, daba sentido á natureza económica e financieira do apoio (cfr., Plano Marshall) que os EEUU deberían prestar aos países que decidiran conservar as institucións da preguerra (Ver item 19 do test A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ).

DESENVOLVEMENTO:

A Doutrina Truman estaba dirixida aos pobos libres (de tradición liberal); é dicir segundo este texto, a un grupo homoxéneo de países caracterizados pola regular celebración de eleccións para a formación de gobernos representativos da vontade maioritaria dos seus cidadáns. Sen embargo, segundo a percepción da superpotencia soviética (cfr., Informe Jdanov) esos supostos pobos libres non constituían un grupo tan homoxéneo; ben ao contrario, estaban formados por EEUU, como forza dirixente,con seus aliados Francia e Reino Unido, por Estados con colonias en referencia a Bélxica e Holanda, por reximes antidemocráticos e reaccionarios como Grecia e Turkía ou por países dependentes económicamente en Oriente Medio, de Iberoamérica e de Asia, como China.(Extractos dos textos propostos para a avaliación)

Este agrupamento dos Estados arredor das grandes superpotencias deu lugar a unha tensión político diplomática permanente entre os dous bloques, capitalista e socialista,que periódicamente se focalizaba en puntos quentes ou en abertos conflictos militares de extensión subrexional. Exemplos foron, as guerras de Corea,Vietnam e do Congo, as invasións de Hungría e Checoslovaquia ou o bloqueo de Berlín, a construcción do Muro de Berlín e a crise dos misiles de Cuba. (Ver items 11, 13, 14 e 15 do Test O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S. XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN). En definitiva, a bipolarización ideolóxica (liberalismo vs comunismo) e económica (área do dólar/Plano Marshall vs COMECON, área do rublo) das superpotencias, USA e URSS, alcanzaba necesariamente, no seu carácter de cosmovisións excluíntes, a formalización de bloques militares, OTAN vs Pacto de Varsovia e viceversa. (Ver items 17 e 18 do test A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ)

CONCLUSIÓN:

Ao remata-la 2ª GM só hai duas superpotencias a escala mundial. A súa influencia territorial é consecuencia da súa gran capacidade demográfica e industrial como sen dúbida tamén do seu monopolio nuclear (Ver item 16 do test O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S. XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN). Así se entrou nunha situación denominada de guerra fría, concepto que designa o estado de desconfianza, de rivalidade, de tensión e amenazas entre as dous superpotencias, EEUU y URSS, pero sin chegar nunca a un enfrentamento directo.(Ver 2º parágrafo do Contexto “A BIPOLARIZACIÓN DAS SUPERPOTENCIAS”.

Unha frase de Einstein (“No sé cómo será la Tercera Guerra Mundial, pero sí sé cómo será la cuarta: con palos y piedras.”) é moi ilustrativa do carácter disuasorio dunha guerra nuclear: significaria no mellor dos casos, voltar as oríxes da humanidade.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: