nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Idanovismo, bipolarización e Guerra Fría

Posted by noeliapc en 19 junio 2010

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HCO TEXTO PROPOSTO: LA DOCTRINA JDÀNOV

Las potencias que actúan en el teatro mundial se han agrupado en dos campos distintos: el campo imperialista y antidemocrático, por un lado, el antiimperialista y democrático, de otro.

EEUU es la fuerza dirigente en el campo imperialista, aliados con ellos estaba Francia e Inglaterra …, estados con colonias como Bélgica y Holanda …, países con regímenes antidemocráticos y reaccionarios como Turquía y Grecia, países que dependen política y económicamente de los EEUU, como los de Oriente Medio, América del Sur y China. La finalidad principal del campo imperialista es el fortalecimiento del imperialismo, la preparación de una nueva guerra imperialista, la lucha contra el socialismo y la democracia, el apoyo a todos los regímenes y movimientos antidemocráticos y profascistas.

El otro campo está integrado por las fuerzas antiimperialistas y democráticas. Su fuerza radica en la URSS y las nuevas democracias.

El campo antiimperialista se basa en el movimiento obrero y en los movimientos democráticos de todos los países, en los partidos comunistas hermanos, en los luchadores de los movimientos de liberación de los países coloniales dependientes. El objetivo de este campo es la lucha contra el peligro de una nueva guerra imperialista y contra la expansión imperialista

Discurso del Andrei Jdànov en la Conferencia de Fundación de la Kominform, 1947

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO  X HISTORIOGRÁFICO   Polo afastamento do autor ou non, respecto dos feitos narrados
PÚBLICO  X PRIVADO   Pola condición ou non, de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA  X ECONÓMICA   SOCIAL   OUTRAS  
Citas que xustifican a temática do documento.- Ver o pé do documento, Discurso del Andrei Jdànov en la Conferencia de Fundación de la Kominform, 1947
COORDENADAS TEMPORAIS.Inicio da Guerra Fría COORDENADAS ESPACIAIS.- EEUU/Europa/Tódolos continentes
AUTOR INDIVIDUAL   AUTOR COLECTIVO   AUTOR INSTITUCIONAL  X
IDENTIDADE DO AUTOR.- Andrei Jdànov, político soviético e ideólogo do estalinismo entre 1934-1948
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento): Trala victoria sobre as potencias do Eixe, víronse as claras diferenzas entre o sistema político, económico e social que querían para organizar a paz no mundo EEUU e os seus aliados respecto do sistema que pretendía levar a cabo a URSS e os seus aliados. Mentras os EEUU eran defensores do sistema capitalista, a Unión Soviética quería impoñer o sistema socialista. (Ver “Contexto”). A “Doctrina Jdanov” é, pois, a expresión ideolóxica do papel hexemónico da URSS como superpotencia no mundo posterior á II G.M.
ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-1º parágrafo: Bipolarización das superpotencias .“Las potencias que actúan en el teatro mundial se han agrupado en dos campos distintos”.

2º parágrafo: O bloque capitalista (imperialista): Aliados dos EEUU e obxectivo finalista “EEUU es la fuerza dirigente en el campo imperialista…La finalidad principal del campo imperialista es …la lucha contra el socialismo y la democracia”).

3º y 4º parágrafos: O bloque comunista da URSS e das democracias populares (3º párrafo, “Su fuerza radica en la URSS y las nuevas democracias”): Composición e obxectivo finalista (4º párrafo, “El campo antiimperialista se basa en el movimiento obrero…en los partidos comunistas hermanos… en los luchadores de los movimientos de liberación de los países coloniales”.”El objetivo de este campo es la lucha contra el peligro de una nueva guerra imperialista”).

COMENTARIO EXTERNO: BIPOLARIZACIÓN E GUERRA FRÍAINTRODUCCIÓN:

Roto O entendemento dos vencedores da II GM, Europa quedaba dividida por un “telón de aceiro” que separaba os exércitos occidentais do exército soviético (Ver item 12 do test A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ) con todo o que significaba de condicionante para o exercicio da soberanía dos países ocupados militarmente. Neste contexto e dada a total destrucción bélica do continente, a Doutrina Truman establecía unha relación causal desta miseria coa extensión dos rexímes totalitarios na postguerra e, en consecuencia, daba sentido á natureza económica e financieira do apoyo (cfr., Plano Marshall) que os EEUU deberían prestar aos países que decidiran conservar as institucións da preguerra (Ver item 19 do test A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ).

DESENVOLVEMENTO:

Rematada a Conferencia de fundación da Kominform en sustitución da antiga Komintern (Internacional Comunista) celebrada en Polonia, o Discurso de A. Jdanov recoñecendo a división en bloques ou campos ideolóxicos nas relacións internacionais, inaguraba o chamado idanovismo, unha resposta maniquea (de bos/de malos), tan característica de tódolos actores da Guerra Fría á Doutrina Truman: os PPCC da Europa oriental deberían pechar fías arredor das políticas da URSS e se rachaba a colaboración coa socialdemocracia e a burguesía; ao tempo, os PPCC da Europa ocidental con participación gubernamental endurecían a súa linea política para non ser cualificados de aliados obxectivos dos imperialistas. .(fonte wikipedia: Jdanov e Kominform).

Este agrupamento dos Estados arredor das grandes superpotencias deu lugar a unha tensión político diplomática permanente entre os dous bloques, capitalista e socialista,que periódicamente se focalizaba en puntos quentes ou en abertos conflictos militares de extensión subrexionais. Exemplos foron, as guerras de Corea,Vietnam e do Congo, as invasión de Hungría e Checoslovaquia ou o bloqueo de Berlín, a construcción do Muro de Berlín e a crise dos misiles de Cuba.(Ver items 11, 13, 14 e 15 do Test O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S. XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN).En definitiva, a bipolarización ideolóxica (liberalismo vs comunismo) e económica (área do dó lar/Plano Marshall vs COMECON) das superpotencias, USA e URSS, alcanzaba necesariamente, no seu carácter de cosmovisións excluíntes, a formalización de bloques militares, OTAN vs Pacto de Varsovia e viceversa.(Ver items 17 e 18 do test A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ)

CONCLUSIÓN:

Ao remata-la 2ª GM só hai duas superpotencias a escala mundial. A súa influencia territorial é consecuencia da súa gran capacidade demográfica e industrial como sen dúbida tamén do seu monopolio nuclear (Ver item 16 do test O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S. XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN). Así se entrou nunha situación denominada de “guerra fría”, concepto que designa o estado de desconfianza, de rivalidade, de tensión e amenazas entre as dous superpotencias, EEUU y URSS, pero sin chegar nunca a un enfrentamento directo entre elas.(Ver 2º parágrafo do Contexto “A BIPOLARIZACIÓN DAS SUPERPOTENCIAS”.

Unha frase de Einstein (“No sé cómo será la Tercera Guerra Mundial, pero sí sé cómo será la cuarta: con palos y piedras.”) é moi ilustrativa do carácter disuasorio dunha guerra nuclear: significaria no mellor dos casos, voltar as oríxes da humanidade.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: