nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for the ‘Clasificación de docs’ Category

Necesidade da lei agraria

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

OS ILUSTRADOS E A NECESIDADE DUNHA LEI AGRARIA

DOC 1: Memorial de Miguel de Zabala Aunón, “Representación a Filipe V”, 1732.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe (“Memorial”) dirixido a un actor político; neste caso o Rei Filipe V (1700-1724/1725-1746); xa que logo, con coordenadas espacio temporais na Monarquía hispánica durante a segunda etapa do seu reinado. A temática do documento é polo seu contido socio-económica “Das diferentes clases de labregos en España” -segundo as súas posibilidades económicas como idea principal.

DOC 2: Informe sobre a Lei Agraria de Luís Gabaldón y López, 13-3-1787.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos/ ”demais señores da Xunta”) e en última instancia ao Rei (Monarquía Absoluta). Coordenadas espacio-temporais: a Monarquía hispánica ao final do reinado de Carlos III (1759-1788). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico (“A causa máis primeira e orixinal da decadencia actual da agricultura (a falta de industria e aplicación útil)…Sen embargo, son causas…outras moitas que se poden graduar de causas parciais (falta de canles para rego, a presión fiscal a amortización das propiedades e o absentismo dos propietarios)…a causa máis remota, acaso a falta de educación en España”) Como idea principal: As causas da postración da agricultura en España.

DOC 3.- Informe sobre a Lei Agraria de Jovellanos, 1795.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos) e en última instancia ao Rei (Monarquía absoluta). Coordenadas espacio-temporais: a Monarquía hispánica no reinado de Carlos IV ( 1788-1808). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico. (Cfr., “Estableza vostede o noso sistema de lexislación económica…”. Como idea principal: A propiedade (minifundista e latifundista), o prezo da terra e a vinculación da propiedade territorial como problemas da agricultura española. (cfr., Test “O setecentos”; items 12-13; items implícitos 1-8).

DOC 4.- Informe sobre a Lei Agraria de Olavide, 1766.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos) e en última instancia ao Rei (Monarquía absoluta). Coordenadas espacio-temporais: a Monarquía hispánica ao inicio do reinado de Carlos III (1759-1788). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico. Como idea principal: Os males da agricultura (“a demasiada extensión de labranza prevén que as terras se cultiven mal”) o son do Estado, enténdese do saneamento da súa Fazenda (“que haxa moitos vasalos ricos e non que en poucos se reunan inmensas fortunas”).

DOC 5.- Instrucción reservada de Floridablanca, 1787.

Clasificación: Texto histórico e público como todo informe dirixido a actores políticos (xurisconsultos/ Xunta) e en última instancia ao Rei (Monarquía absoluta). Coordenadas espacio-temporais a Monarquía hispánica ao final do reinado de Carlos III (1759-1788). A temática formal xurídico-política amosa polos seus contidos carácter económico. Como idea principal: A importancia do regadío na agricultura española (“o aproveitamento de tódalas augas…será un medio eficaz…de adianta-la agricultura”).

CONCLUSIÓN.- A partir do texto motivador do Manual (Vicens Vives) que preside a relación de documentos e coa axuda dos contidos temáticos da U.D. da que forma parte (nº6: A España do s.XVIII e o reformismo bórbónico) e do material de aula (cadros senópticos e tests) elaborar unha composición temática que tendo como núcleo a reforma agraria constitúa unha caracterización da lexislación económica e en xeral do reformismo do Despotismo Ilustrado.

Posted in Clasificación de docs | Etiquetado: | Leave a Comment »

Reformismo Borbónico en Galicia

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

CLASIFICACIÓN DE TEXTOS SOBRE REFORMISMO BORBÓNICO EN GALICIA

TÍTULO:”A INTENDENCIA DE GALICIA”. CLASIFICACIÓN PREVIA:De temática político-administrativa. Coordenadas espacio-temporais:A Monarquía española no inicio da instauración da dinastía borbónica (1718). Idea central coincidente co título e o pé: Creación da Intendencia de Galicia –unidade administrativa de recente implantación- co gallo do nomeamento de Intendente para o Reino de Galicia (unidade política precedente). Autor: Felipe V.

TÍTULO:” UN PATRIMONIO FIDALGO”. CLASIFICACIÓN PREVIA: De temática social, secundariamente económico. Coordenadas espacio-temporais: A Monarquía española no Antigo Réxime (1743). Idea central coincidente co título: O patrimonio terratenente dos privilexiados. Autor: Descoñecido; documento privado/institucional (¿un censo?)

TÍTULO: ”A DEFENSA DO GALEGO”. CLASIFICACIÓN PREVIA : De temática cultural. Coordenadas espacio-temporais: A Monarquía española no Antigo Réxime (1745-55). Idea central coincidente co título : O valor do idioma nativo como manifestación do pensamento ilustrado. Autor: Frei Martín Sarmiento.

TÍTULO:” A MELLORA DA AGRICULTURA”. CLASIFICACIÓN PREVIA : De temática económica. Coordenadas espacio-temporais: O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado (1765). Idea central coincidente co título: O ideal fisiocrático da Ilustración. Autor: Academia de Agricultura do Reino de Galicia.

TÍTULO: ” O FOMENTO DO COMERCIO”. CLASIFICACIÓN PREVIA: De temática económica. Coordenadas espacio-temporais: O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado (1785). Idea central coincidente co título: O fomento do comercio. Autor: Real Consulado da Coruña

TÍTULO: ”ACTIVIDADES DA SOCIEDADE LUCENCE”. CLASIFICACIÓN PREVIA: De temática económica. Coordenadas espacio-temporais: O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado (1786). Idea central coincidente co título e o pé bibliográfico: As Sociedades Económicas de Amigos del País como prototipo de institución ilustrada. Autor: Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo.

ELEMENTOS DA CLASIFICACIÓN COMÚNS AOS DOCUMENTOS:

TEMÁTICA: Económica (docs 4,5 e 6), político-administrativa (doc 1), social (doc 2) e cultural (3).

COORDENADAS ESPACIO-TEMPORAIS: O reino de Galicia no Despotismo Ilustrado.

TÍTULO PROPOSTO PARA  O COMENTARIO EXTERNO  DO TEXTO DE HISTORIA:

O Reino de Galicia no Despotismo ilustrado: Proxectos e institucións de desenvolvemento económico”.

Posted in Clasificación de docs | Etiquetado: | Leave a Comment »