nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for the ‘Comentarios’ Category

Composición de texto: Guerra Fría e coexistencia pacífica

Posted by noeliapc en 6 junio 2010

Tras a II Guerra Mundial xurdiu un sistema diplomático e internacional dividido en dous bloques: o bloque capitalista e democrático, EE.UU reforzado por Europa Occidental, e o bloque comunista, a URSS reforzada por Europa Oriental. A situación desenadeou un enfrontamento non directo coñecido como “A Guerra Fría” (1945-1991).

Durante a Guerra producíronse diversos conflictos, mais salienta a construcción do muro de Berlín en 1961 para frear a emigración dos alemáns da República Democrática (URSS) á Federal (EE.UU, Gran Bretaña e Francia), xa que esta era máis rica. Tamén destaca a alianza da URSS con Cuba, despois de que alí triunfara a revolución comunista en 1959. Debido a ameaza que iso supoñía para os EE.UU, estes bloquearon militarmente a Cuba, mais, grazas ás negociacións, evitouse o enfrontamento directo. O armamento utilizado na Guerra Fría foi de destrucción masiva (bomba de hidróxeno, de neutróns, misiles ICBM…) Ambos líderes, Truman e Jdànov, defendían nas súas doctrinas o ben común pero enfrontábanse polas diferenzas ideolóxicas (anexo proposto).

En conclusión, a Guerra Fría caracterízase pola desconfianza, rivalidade, tensión e ameazas entre as dúas superpotencias. Situación que inspirou a película Teléfono vermello, que é unha reflexión, en clave satírica, sobre esta guerra.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Leave a Comment »

Contexto histórico das Constitucións decimonónicas españolas

Posted by noeliapc en 4 marzo 2010

     Durante o reinado de Isabel II consolidouse o sistema político liberal. Mentres era menor de idade, a primeira rexente foi a súa nai María Cristina que, nun principio, concedeulle o poder aos moderados, mais tras o levantamento miltar de La Granja, gobernaron os progresistas, que culminaron coa proclamación da Constitución de 1837.

     Cando Isabel II subiu ao trono, despois de que o rexente xeneral Espartero tivese que dimitir a causa dun pronunciamento de moderados e progresistas, encargoulle o goberno aos liberais moderados, que aprobaron a Constitución de 1845.

     O reinado de Isabel II acabou cunha revolución coñecida como La Gloriosa, os progresistas formaron un goberno provisional que convocou Cortes Constituíntes, e éstas a súa vez proclamaron a Constitución de 1869.

     Tras a Primeira República, o xeneral Martínez Campos proclamou rei a Alfonso XII, partidario da monarquía constitucional, iniciando a Restauración dos Borbóns. O presidente Cánovas del Castillo baseou o seu sistema político na aprobación da Constirución de 1879.

 

     En resumo, a Constitución de 1837 é unha Constitución na que o suxeito da soberanía é a Nación, ao igual que na Constitución de 1869 e a diferenza das de 1845 e 1876, cuia soberanía reside no Rei e nas Cortes. Tamén a diferenza destas Constitucións, a Constitución de 1837 ten un carácter ideolóxico progresista,e non conservador, no que coincide de novo coa de 1869. En canto a relación entre poderes, a Constitución de 1837 presenta colaboración de poderes, mentres que na Constitución de 1845 non hai separación de poderes, sen embargo na de 1869 sí, e a de 1876 non recoñece esta separación. A Constitución de 1837 comparte o carácter da reforma coas Constitucións de 1845 e 1876, en todos os casos flexible, mentres que na de 1869 é ríxida. O autor material nas Constitucións de 1837, 1869 e 1876 son as Cortes Constituíntes, a diferenza da de 1845, na que o autor material é a reforma da Constitución de 1837. A vixencia de cada Constirución é diferente; a da Constitución de 1837 é de oito anos, a de 1845 é de vintecatro, a de 1869 de catro e a de 1876 de corenta e sete anos.

” A partir do resumo de test A España Liberal e a táboa comparativa do contitucionalismo español do s. XIX “

 

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario: Declaración de Independencia dos EE.UU

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

Debido a Revolución Americana,conflicto de orixe económica entre os colonos de Nova Inglaterra e Gran Bretaña púxose por primeira vez en práctica o liberalismo.

No segundo Congreso de Filadelfia,onde se reunían os representantes das trece colonias inglesas,publicouse a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América en 1776,cuio autor secundario foi Thomas Jefferson.No preámbulo da Declaración (documento proposto) resúmese a filosofía xeral que xustifica unha revolución cando o goberno atenta contra os dereitos naturais.Recoñécese tamén o dereito á vida,á liberdade e á felicidade.

Este é o primeiro documento que asume os dereitos humanos fundamentais.O sitema político dos Estados Unidos,ademais,serviu de modelo para futuras revolucións.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario: A Toma da Bastilla

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

O 14 de xullo de 1789,o pobo de París,movilizado en apoio a Asamblea Nacional e cansado dos abusos cometidos polo rei,deciden rebelarse para intentar abolir o absolutismo.

Prodúcese entón o asalto á Bastilla,antigo cárcere político de Luis XIV e símbolo de absolutismo.Dado que o Gobernador,o marqués de Lauray,foi o responsable das mortes dos delegados (revolucionarios),feito que promoveu a rebelíon do pobo,foi asasinado polos cidadáns parinenses ese mesmo día (feito relatado no documento proposto).

Este suceso está recollido coma un dos que se produciu no comezo da Revolución Francesa.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario: Reflexións de Luis XIV sobre o poder real

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

O século XVIII caracterizouse,entre outros motivos,porque case todas as monarquías europeas tiñan un único sistema político: o absolutismo.

Este sistema consistía en que o monarca tiña poder absoluto,é dicir,todo o poder soberano residía no rei (alusión no promeiro parágrafo do documento proposto),a “auntoridade” que tiñan os seus cortesáns debíanlla ao monarca,debido a que era a voluntade de Deus e o elixiu como tal (alusión no segundo parágrafo) e ese poder xamais podía volverse contra o rei.

Este tema foi defendido por algúns pensadores,como Busset,que apoiaba a orixe divina da monarquía,polo que nada,ningunha lei nin institución,podían estar por riba do rei.O creador deste sistema foi Luis XIV,rei de Francia no século XVII.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario:”Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán”

Posted by noeliapc en 16 diciembre 2009

Obra adaptada pola Asamblea Constituínte en 1789.Esta Declaración utilízase,xunto co Decreto de Abolición dos Dereitos Feudais,para acabar co Antigo Réxime.

Conséguese así,co promeiro Decreto,a supresión do décimo,a xurisdición dos privilexiados e permíteselle a todo o mundo acceder a calquera cargo.

Na Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán recoñécense e garántense as liberadades persoais (alusión nos artigos 1,2,10 e 11 do documento proposto),a igualdade ante a lei (alusión nos artigos 3,6 e 13 de dito documento) e mais a propiedade.

A suma dos dous documentos supón tamén o final do Absolutismo e o triunfo da Revolución Liberal.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario: “A contrarreforma”

Posted by noeliapc en 4 diciembre 2009

O texto fálanos dunha división relixiosa (católicos vs protestantes) que se produciu  debido á reforma de Lutero contra o Papado e que o Emperador tratou de evitar,mais non o conseguiu.Como ben di no texto,a Igrexa católica intentou frear a expansión do protestantismo apostando pola súa propia reforma convocando o concilio de Trento(1545-163).

Na segunda metade do século XVI católicos e protestantes envolvéronse nunha loita.Creouse a orde dos calvinistas,que tieveron un papel moi importante na reforma,e a dos xesuístas,que o tiveron na contrarreforma.

Isto tivo como conscuanecia a intervención paulatina das distintas potencias europeas e desencadeou a guerra dos Trinta Anos,trala cal Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »