nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for the ‘Docs para A&C’ Category

Importancia da educación

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

Se toda a riqueza da sabedoría está encerrada nas letras, se a tantos e tan preciosos bens dá dereito o coñecemento delas, ¿cal será o pobo que non mire como unha desgracia o que este dereito non se estenda a tódolos individuos?.¿E de canta instrucción non se priva o Estado que lla nega a maior porción deles?. E, en fin, ¿cómo é que, preocupandose tanto de multiplica-los individuos que concorren ó aumento de traballo, porque o traballo é a fonte de riqueza, non se preocupou igualmente de coida-los que concorren ó aumento da instrucción, sen a cal nin o traballo se perfecciona, nin a riqueza se adquire, nin se pode acadar ningún dos bens que constituén a pública felicidade?”.

Jovellanos. Memoria sobre a Instrucción pública, 1790

Anuncios

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Reflexións de Luis XIV sobre o poder real

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

Todo poder, toda autoridade reside na man do rei e non pode haber outra no reino cá que el establece. Todo o que se encontra no territorio dos nosos estados, de calquera natureza que for, perténcenos (…).

Aquél que deu reis ós homes quixo que se respecten como os seus representantes, reservando para Él só o dereito de examina-la súa conducta. A súa vontade é que tódolos que naceron sendo súbditos obedezan sen resistencias (…).

Por malo que poida ser un príncipe, a rebelión dos seus súbditos sempre é infinitamente criminal”. Instruccións ó Delfín, 1666

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

A masonería

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

A masonería é un dos fenómenos máis interesantes e significativos da época da Ilustración. Tratábase dunha sociedade secreta que tiña grupos en varios países de Europa, chamados loxias e á que pertenceron persoas moi importantes da súa época, científicos, filósofos, músicos e tamén reis. Esta organización tiña a súa orixe nos gremios de canteiros e arquitectos da Idade media, que conservaban celosamente segredos do seu oficio; no ano 1717, catro destes gremios que aínda existían en Londres agrupáronse nunha sociedade filosófica que pronto se espallou por toda a Europa ilustrada.

Os masóns pretendían mellora-las costumes e a sociedade a través dunha nova mentalidade baseada na razón, na igualdade e na liberdade…Os masóns rexeitaban a relixión tradicional e crían nun Deus universal, común a tódalas relixións, que chamaban “O Grande Arquitecto do Mundo”

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Declaración dos Dereitos do home e do cidadán

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

A redacción deste documento é un dos acontecementos máis destacados da Revolución francesa. Baseado nos principios da Ilustración e influido pola revolución americana, a declaración foi difundida con milleiros de copias impresas e foi lida públicamente en tódalas localidades francesas. Traduciuse inmediatamente a a outros idiomas, e coñeceuse así por toda Europa a mensaxe da revolución.

Os representante do pobo francés, constituidos en Asamblea Nacional, (…) resolveron expoñer, nunca declaración solemne, os dereitos naturais, inalienables e sagrados do home (…):

Art., 1: Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos (…).

Art., 2: Os dereitos naturais e imprescriptibles do home (…) son a liberdade, a propiedade, a sefuridade e a resistencia á opresión.

Art., 3: O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación (…).

Art., 6: A lei é a expresión da vontade xeral (…).

Art., 10: Ninguén debe ser molestado polas súas opinións, incluso religiosas (…).

Art., 11: A libre comunicación dos pensamentos e das opinións é un dos máis preciosos dereitos do home (…).

Art., 13: Para (…) os gastos da administración é indispensable unha contribución común (que) debe ser repartida por igual entre tódolos cidadáns (…).

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

A toma da Bastilla (14 de xullo de 1789).

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

Comezouse por instar ao Gobernador, o marqués de Launay, a que rendese a fortaleza; os delegados (revolucionarios) situáronse entre as dúas pontes levadizas e, de seguida, o Gobernador fixo subi-las pontes e pecha-las portas, e comezou a disparar contra os delegados, que morreron todos ao instante. O pobo, daquela, rompeu furioso as cadeas das pontes levadizas, entrou en masa no primeiro patio da fortaleza malia os disparos, repitió o mesmo no segundo patio e entrou na fortaleza. O gobernador refuxiouse nunha das torres. Os cincuenta soldados que defendían a fortaleza rendéronse. As bandeiras puxéronse nas torres e os prisioneiros foron conducidos a mocadas á Casa do Concello entre os insultos do pobo, que berraba :”aforcádeos”.

Cegados á Casa do Concello, o marqués de Launay foi asesinado. Esa noite transcorreu entre medos e temores; nos pisos das casas amontoábanse pedra para lanzalas contra as tropas do rei.

Memorias do vizconde de Barras, 1789.

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Declaración de independencia dos EE.UU

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

Declaramos como evidentes estas verdades: que tódolos homes son creados na igualdade, e dotados polo seu Creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e o dereito á felicidade. Que, para aseguraren estes dereitos, os homes crean gobernos que derivan os seus xustos poderes do consentimento dos gobernados. Que calquera outra forma de goberno que atente contra estes fins pode o pobo alterala ou abolila para instituir un novo Goberno, que teña o seu fundamento en tales principios e organice os seus poderes de tal xeito que pareza máis seguro mediante él acada-la seguridade e a felicidade. (…) Cando unha longa serie de abusos e usurpacións, tendendo invariablemente ao mesmo fin, sinala o designio de sometelos a un despotismo absoluto, é do seu dereito, é do seu deber, rexeitar tal goberno e prover á súa seguridade futura por novas leis. Tal foi a longa paciencia destas colonias e hoxe a necesidade que as obriga a cambia-lo seu antigo sistema de Goberno.

4 de xullo de 1776

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Comentario: “A contrarreforma”

Posted by noeliapc en 4 diciembre 2009

O texto fálanos dunha división relixiosa (católicos vs protestantes) que se produciu  debido á reforma de Lutero contra o Papado e que o Emperador tratou de evitar,mais non o conseguiu.Como ben di no texto,a Igrexa católica intentou frear a expansión do protestantismo apostando pola súa propia reforma convocando o concilio de Trento(1545-163).

Na segunda metade do século XVI católicos e protestantes envolvéronse nunha loita.Creouse a orde dos calvinistas,que tieveron un papel moi importante na reforma,e a dos xesuístas,que o tiveron na contrarreforma.

Isto tivo como conscuanecia a intervención paulatina das distintas potencias europeas e desencadeou a guerra dos Trinta Anos,trala cal Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española.

Posted in Comentarios, Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Análise de “A Contrarreforma”

Posted by noeliapc en 4 diciembre 2009

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO

TEXTO PROPOSTO: “A CONTRARREFORMA”

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO HISTORIOGRÁFICO x Polo afastamento do autor ou non, respecto dos feitos narrados
PÚBLICO X PRIVADO Pola condición ou non, de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA x ECONÓMICA SOCIAL x OUTRAS
Citas que xustifican a temática do documento.- Igrexa católica, protestantismo, Concilio de Trento, autoridade , Papa, Biblia, Roma, disciplina eclesiástica, clero, protestantes e católicos, loita aberta, poder, calvinistas e xesuístas.
COORDENADAS TEMPORAIS.-Concilio de Trento (século XVI) COORDEN. ESPACIAIS.- Europa.
AUTOR INDIVIDUAL X
AUTOR INSTITUCIONAL AUTOR COLECTIVO
IDENTIDADE DO AUTOR.- Anónimo
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento): “O concilio de Trento: Igrexa católica vs o protestantismo”
ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-

– Liñas 1-2 ->” A resposta da Igrexa católica ao protestantismo produciuse no Concilio de Trento (1545-1563)” .

-Linñas 9-10 -> “Roma preparouse así para facer fronte á Reforma”

-Liñas 11-12 -> “A segunda metade do século protestantes e católicos embárcanse nunha loita aberta…”

-Liñas 13-15 -> “…os calvinistas e os xesuístas representaron un papel fundamental na reforma e contrarreforma,respectivamente”

COMENTARIO EXTERNO

(Suxire posibeis temas. Elabora un indice e cita fontes de información):

-“O Concilio de Trento: a Igrexa católica vs o protestantismo”.

-“Loita aberta entre protestantes e católicos”

-“Corte na cristiandade: reforma e contrarreforma”

FONTES: Resumos de test -> “Renacemento e Reforma” e “A época do Barroco”

INDICE.-

Posted in Análises, Docs para A&C | Leave a Comment »

A Contrarreforma

Posted by noeliapc en 13 noviembre 2009

A resposta da Igrexa católica ao protestantismo produciuse no Concilio de Trento (1545-1563). Nel reafirmáronse os dogmas atacados polos reformados, o valor da tradición e non só das Escrituras, a importancia dos sacramentos, a autoridade do Papa por encima dos concilios, o control da Igrexa sobre a Biblia, que non se debía traducir ás diferentes linguas. Estableceuse o Indice dos libros prohibidos e mellorouse a disciplina ecle-siástica e a formación do clero. Roma preparouse así para facer fronte á Reforma.

A segunda metade do século protestantes e católicos embarcánse nunha loita aberta polo poder e as conciencias, na que os calvinistas e os xesuítas, orde creada agora, representaron un papel fundamental na reforma e na contrarreforma, respectivamente.

Posted in Docs para A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »