nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for the ‘Planta de A&C’ Category

Técnica de análise e comentario de texto histórico

Posted by noeliapc en 12 diciembre 2009

PROCEDEMENTO DE A&C DE TEXTO HCO

Para comentar un texto histórico podemos seguir os seguintes pasos:

  1. INTRODUCIÓN.

1º.- Numera-las liñas do texto cara a facilita-las posibles alusións ao mesmo.

2º.- Realizar unha atenta lectura do documento. Suliña-los termos importantes, cara a unha rápida localización das referencias ao texto.

  1. CLASIFICACIÓN.

1º.- Histórico ou historiográfico segundo sexa de autor contemporáneo dos feitos que se contan ou dun historiador, respectivamente.

2º.- Público ou privado segundo vaia dirixido a un colectivo, universal ou restrinxido, ou a un particular, respectivamente.

3º.- Pola súa temática e morfoloxía distínguense os seguintes tipos:

  • Xurídico (Constitución, tratados, leis, decretos, etc.)
  • Político (Discurso, manifesto, memorial ou informe político, etc.)
  • Testimonial (Memoria, relato de viaxe, interpretación de feitos vividos)
  • Narrativo (Crónica, relato no contemporáneo de tema histórico, etc.)
  • Documental (Censo, catastro, enquisa, etc.)
  • Económico (Contratos, leis e tratados de temática económica, etc.)

4º.- Autor: Tratándose dun personaxe coñecido, facer unha breve reseña biográfica (vbgr., dende Wiki).

5º.- Coordenadas espaciais (considerar distintas escalas) e temporais (obviar datas absolutas a prol de referencias historiográficas de especial relevancia).

6º.- Ideal principal (De inicio pode servir o titular ou encabezamento que preside o documento. Trala análise sistemática procurar un epígrafe máis persoal.

  1. ANÁLISE.

1º.- Extrae-las ideas esenciais e explicar causas, consecuencias e relación con outros feitos.

2º.- Identica-los personaxes, lugares e termos historiográficos do documento.

  1. COMENTARIO.

Unha vez confirmado o potencial significativo do titular elexido, temática ou tipo do documento e o marco espacio-temporal procédese ao desenvolvemento temático da información máis coherente.

  1. CONCLUSIÓN: CRÍTICA OU VALORACIÓN.

1º.- Recoñece-la importancia histórica ou historiográfica do texto.

2º.- Abri-lo texto a procesos históricos que poidan contribuir a súa comprensión.

Anuncios

Posted in Planta de A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »

Planta de comentario de texto histórico

Posted by noeliapc en 4 diciembre 2009

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO

TEXTO PROPOSTO:

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO HISTORIOGRÁFICO Polo afastamento do autor ou non, respecto dos feitos narrados
PÚBLICO PRIVADO Pola condición ou non, de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA ECONÓMICA SOCIAL OUTRAS
Citas que xustifican a temática do documento.-
COORDENADAS TEMPORAIS. COORDENADAS ESPACIAIS.-
AUTOR INDIVIDUAL AUTOR COLECTIVO AUTOR INSTITUCIONAL
IDENTIDADE DO AUTOR.-
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento):
ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-
COMENTARIO EXTERNO (Suxire posibeis temas. Elabora un indice y cita fonte de información ).-

Posted in Planta de A&C | Etiquetado: | Leave a Comment »