nOee

Sólo otro weblog de WordPress.com

Archive for the ‘Traballos’ Category

Cuestionarios dos documentais “Historia do s.XX” da B.B.C.

Posted by noeliapc en 18 junio 2010

KENNEDY E KRUSHCHEV

 

1 ¿Por que instalou Krushchev os misiles en Cuba e depois se retractou?

Krushchev retractouse para evitar así que os americanos invadisen Cuba, ademáis de  imperdir a confontación directa entre as úas superpotencias, situación que o mundo contemplaba horrorizado.

2. ¿Que pensamento influiu nos actos de Kennedy durante a crise dos misiles cubanos?

O que influiu foi que os americanos aprenderan á forza moito sobre o que eles denominaban “xestión da crise”, que consistía en estratexias para facer todo o posible co fin de lograr deixar unha saída para unha retirada do rival coa cabeza alta, sen humillación.

Anuncios

Posted in Traballos | Leave a Comment »

Cuestionarios dos documentais “Historia do s.XX” da B.B.C.

Posted by noeliapc en 18 junio 2010

A GUERRA FRÍA. A CONFRONTACIÓN

 

1. Os alumnos poderían estudiar as estruturas políticas das dúas Alemañas.

Tras a guerra, a capital alemá quedara dividida en catro sectores, o sector francés, o británico, o estadounidende e o soviético. En 1948 Estados Unidos, Gran Bretaña e Francia uniron os seus sectores para crear a República Federal Alemá (RFA). A URSS, que se opoñía á reunificación de Alemaña, bloqueou en represalia Berlín occidental, que se situaba na zona soviética. Pero os aliados lograron abastecer a cidade polo aire, mediante unha ponte aérea e o bloqueo fracasou. A URSS repondeu creando un Estado cominista no seu sector, a República Democrática Alemá (RDA). Alemaña quedaba así dividida en dous Estados e esa fractura durou ata 1990.

2. ¿Ata que punto foi a Guerra de Corea e as súas consecuencias inmediatas un anticipo de problemas posteriores para conter ao cominismo pola forza?

A guerra de Corea rematou cunha tregua en 1953. Nela mantíñase a división de Corea en dous Estados cunha fronteira semallante á de antes da guerra. Pero este conflicto tivo uns efectos tremendos, pois nos tres anos que durou morreron mais dun millón de persoas. Ademais, a intervención de Estados Unidos provocou o temor a que estourase unha terceira guerra mundial e favoreceu o rematamento estadounidense.

Posted in Traballos | Leave a Comment »

Cuestionarios dos documentais “Historia do s. XX” da B.B.C.

Posted by noeliapc en 18 junio 2010

STANLIN E A MODERNIZACIÓN DE RUSIA

 

1. ¿En que sentido estaba Rusia atrasada nos anos vinte?

Rusia estaba atrasada no que se refire sobre todo ao plano económico, xa que debido a sucesos como a revolución bolxevique houberan forzado medidas económicas, como o “comunismo de guerra” (nacionalización da industria, colectivización do campo e requisas de grao aos campesiños), e medidas políticas. Ambas provocaron o descontento popular, polo que se produxeron protestas como a sublevación dos mariñeiros de Kronstadt (1921), un periodo moi duro no que morreron moitos rusos non só pola violencia da guerra, senon tamén polo frío e a fame que padecía Rusia.

2. Tanto a NEP como os Plans Quinquenais tiñan como fin o desevolvemento da URSS.?Cales eran as diferenzas entre os dous enfoques?

A diferenza é que, mentres a NEP permitía cos agricultores cultivasen e vendesen libremente, autorizaba o libre comercio interior e permitía a prosperidade privada de pequenas e medianas empresas industriais, os plans quinquenais pretendían alcanzar a prosperidade dun modo no que todas as actividades económicas (industria, agricultura, comercio…) quedaban baixo o control do Estado e a propiedade privada desaperecía.

3. ¿Que se entende por colectivización da agricultura?

A colectivización da agricultura consistía  na colectivización da terra, de maneira que os propietarios debían renunciar á propiedade das súas parcelas, que pasarían a ser da colectividade. O cambio organizouse a través de dous tipos de explotacións: os kolkhós, grandes granxas que funcionaban en réxime de cooperativa, e os sovkhós, granxas estatais que utilizaban man de obra asalariada. En ambas se potenciou o uso de maquinaria e a aplicación de técnicas agrícolas avanzadas.

4. ¿Existe xustificación para as purgas? ¿Hay conexión con outros aspectos do réxime de Stanlin?

Debido ás purgas, miles de persoas foron enviadas a campos de concentración (gulags), a maioría localizados en Siberia, onde foron obrigados a vivir en condicións infrahumanas e a realizar traballos forzados. Opino que para iso non existe ningún tipo de xustificación.                                                                                                                                                              As purgas están relacionadas con outras medidas que Stanlin utilizou para implantar a súa dictadura totalitaria, tales como o culto á súa personalidade, o reforzo do poder do Partido Comunista e o terror. 

5. ¿Por que non houbo revoltas contra Stanlin  nin contra o Partdo Comunista?

A razón foi que Stanlin desatou o Gran Terror, xa que era a forma de silenciar calquera oposición. O terror era exercido tanto dentro do partido coma sobre o conxunto da sociedade (máis de 1.700.000 detencións e deportacións a campos de concentración e 700.000 execucións en só dous anos). O instrumento utilizado para levar a cabo a represión foi o NKVD (a policóa política), pero tamén colaborou gran parte da poboación, polo que se creou un ambiente de sospeita e delación.

6. ¿Xustificaron os acontecementos a política de “socialismo nun país”?

Stanlin defendía que había que abandoar a idea da revolución mundial pola de “socialismo nun só país”. É dicir, había que concentrar todos os esforzos en consolidar e fortalecer a revolución na URSS. Opino que os aocntecementos non xustifocaron esa política, xa que o que conteceu foi a creación dunha feroz ditadura persoal mediante a propaganda e o terror.

Posted in Traballos | Leave a Comment »